jueves, 30 de noviembre de 2017

Novembro de Ciencia XII: Concurso Investigación e Ciencia

O departamento de Física e Química en colaboración coa Biblioteca convoca o VII concurso Investigación e Ciencia dirixido ao alumnado de secundaria do noso centro. Este curso presenta unha única modalidade: fotografía de tema científico.
Atoparás na nosa web as bases.

miércoles, 29 de noviembre de 2017

Novembro de ciencia XI: A señorita Bubble de Ledicia Costas

Pois si... Xa está aquí a nova novela de Ledicia Costas (a creadora dese personaxe tan popular na nosa biblioteca chamado Escarlatina): A señorita Bubble


 Por certo, encántannos as ilustracións de Andrés Meixide!

martes, 28 de noviembre de 2017

Lecturas pola igualdade para EI e EP

Os membros do equipo da biblioteca de Educación Infantil e Primaria elaboraron unha guía de lecturas pola igualdadade que podedes atopar na nosa web.


viernes, 24 de noviembre de 2017

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller foi aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa Resolución 50/134 o 17 de decembro de 1999. Co gallo desta data o alumnado de 3º e 4º de ESO do noso centro asistiu ao obradoiro Cartas de amor conducido por Gloria Serrato a partir das ilustracións da exposición homónima que se pode visitar na Casa do Concello.  Así mesmo, o alumnado de Infantil e Primaria participou nunha sesión de contacontos.




Lembrade que xa podes atopar as bases sobre o Certame Literario 25 de novembro, convocado polo EDLG e o Equipo da Biblioteca para 3º e 4º de ESO, na nosa web.

jueves, 23 de noviembre de 2017

Novembro de ciencia X: Ceos galegos

Ceos galegos é o nome dun calendario astronómico que coordina o físico Dosi Veiga e que recolle as mellores imaxes sobre o firmamento tomadas por fotógrafos galegos. Preme aquí se queres saber máis sobre este fermoso e didáctico calendario.

miércoles, 22 de noviembre de 2017

Lecturas de medo en secundaria


O pasado martes 31 levamos a cabo as nosas lecturas de medo en secundaria. Nesta ocasión escollemos un relato pertencente ao libro Os contos de terror do tío Montague de Chris Priestley. 


Ó cabo dun tempo que sempre se me facía eterno, e xusto cando me dispoñía a botarlle man outra vez á aldraba, abríase a porta e aparecía no limiar o tío Montague, coma sempre, termando dunha candea e sorríndome, acenándome para que entrase.
   –Non quedes aí ó frío, Edgar –díxome ese día, coma sempre–. Pasa, rapaz, pasa.
  Chris Priestley, Os contos de terror do tío Montague

Preme aquí se queres ler un anaquiño do libro e pasalo de medo co medo! E preme nestoutro enlace coa nosa web se queres ve algunha fotografía máis sobre esta actividade.

martes, 21 de noviembre de 2017

Novembro de Ciencia IX: continuamos con Ángela Alvariño

Deixámosvos un pequeno vídeo divulgativo sobre a figura da oceanógrafa ferrolá Ángeles Alvariño a quen lle dedicamos a nosa entrada de onte.

lunes, 20 de noviembre de 2017

Novembro de Ciencia VIII: Un ronsel de Ardora

Escolle a profesión que amas, traballa duro e con entusiasmo, e observa e ama a Nai Natureza.
Ángeles Alvariño

Un ronsel de Ardora é unha pequena biografía da científica María de los Ángeles Alvariño (Serantes, Ferrol 1916- San Diego 2005). A coñecida oceonógrafa ferrolá descubriu 22 especies novas de organismos mariños, participou en diversas expedicións científicas e foi profesora universitaria en México e Estados Unidos.


viernes, 17 de noviembre de 2017

O magosto


O 9 de novembro celebramos o magosto no noso centro como xa todos e todas sabedes. Se estades interesados en coñecer máis sobre esta festa tradicional atoparedes máis información nas entradas deste blogue que levan a etiqueta magosto.


miércoles, 15 de noviembre de 2017

Que fantasmada de libros!

Unha das actividades que organizan en Educación Infantil e Educación Primaria para o Samaín son as lecturas de medo. Este ano estiveron protagonizadas polas pantasmas e un castelo moi especial... Preme aquí se queres coñecer máis sobre esta actividade.


martes, 14 de noviembre de 2017

Novembro de ciencia VII: Mujeres de ciencia


  Rachel Ignotofsky proporciona a las mujeres jóvenes el coraje y la confianza necesarios para que sigan los excitantes caminos que estas pioneras recorrieron antes que ellas.
 Eileeeen Pollack

Un libro que nos acerca á vida e obra de cincuenta científicas dende a antigüidade ata hoxe: enxeñeiras, matemáticas, físicas, astrónomas, biólogas, astronautas...



lunes, 13 de noviembre de 2017

viernes, 10 de noviembre de 2017

Día das Librerías

Hoxe celébrase a sétima edición do Día das Librerías. Este ano o lema escollido é "Deixa que che conten".


Novembro de Ciencia V: Begoña Vila premio María Wonenburger

A viguesa Begoña Vila vén de recibir o Premio María Josefa Wonenburger. A astrofísica da Cidade Olívica está especializada no estudo de galaxias residuais e reside en Estados Unidos onde traballa para a NASA. Begoña Vila é unha das principais responsables do telescopio espacial James Webb que  substituirá ao Hubble

Begoña Vila. Fonte: Xunta de Galicia
Para saber máis:

jueves, 9 de noviembre de 2017

Novembro de Ciencia IV: Domingo Fontán

Domingo Fontán é un científico galego ao que xa lle temos dedicado algunha entrada no noso blogue e sobre o que os departamentos de Matemáticas, Xeografía e Historia, Educación Física e Lingua Galega e Literatura teñen traballado conxuntamente.
Domingo Fontán por Antonio María Esquivel

miércoles, 8 de noviembre de 2017

Novembro de Ciencia III: Robótica en Sansa

O pasado 25 de outubro catro alumnos e alumnas de 5º de EP, acompañados de dous dos seus profesores, participaron nunha reunión de traballo que se engloba dentro do programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en primaria". O alumnado realizou unha demostración do traballo que realizan en Robótica (materia de libre configuración en 4º de EP) e o seu profe Iván participou nunha mesa redonda sobre "Experiencias robótica en primaria". Podes atopar máis información, fotos e vídeos sobre esta actividade na nosa web.

Moitos parabéns ao alumnado e profesorado!


viernes, 3 de noviembre de 2017

Novembro de Ciencia II: Novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas

Da ciencia depende o futuro do noso planeta e o benestar de todos os seres que o habitan. Coida da ciencia, coida do planeta, coida do teu futuro: é a túa achega, é a nosa obriga.
 Peregrina Quintela Estévez
Un ano máis chega "Novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas". Este ano a encargada de redactar o pregón foi a matemática Peregrina Quintela Estévez quen gañou o Premio María Josefa Wonenburger Planells 2016. A matemática, especialista en matemática industrial, é tamén catedrática na USC. 

Para saber máis:

Novembro de Ciencia: VIII Día da Ciencia en Galego

O vindeiro día 4 de novembro Igaciencia invítanos a celebrar o VIII Día da Ciencia en Galego que este ano está adicado ás viaxes científicas. Tamén se homenaxea a Charles Darwin e a Domingo Fontán quen, coma moitos xa sabedes, foi o autor do primeiro mapa topográfico científico de Galicia.

Para saber máis:

jueves, 2 de noviembre de 2017

As pantasmas na biblio!

As pantasmas na biblio é o título do primeiro boletín de novidades de lecturas para Educación Infantil e Primaria deste curso. Unha selección de libros moi especial dedicada ás pantasmas, porque estas son as protagonistas das lecturas de medo co gallo do Samaín. Preme aquí para coñecer o boletín e pasalo de medo co medo.