jueves, 27 de septiembre de 2018

Parabéns para Ana Romaní

A poeta, académica da RAG e xornalista cultural Ana Romaní vén de ser galardoada co Premio Nacional de Xornalismo Cultural outorgado polo Ministerio de Cultura e Deporte.

Distrito Xermar: Ana Romaní
Moitos parabéns!

martes, 25 de septiembre de 2018

Libros para o outono

Atopamos en Canal Lector unha selección de libros sobre o outono que pensamos que pode ser do voso interese.


lunes, 24 de septiembre de 2018

Benvidas e benvidos

Un setembro máis dámosvos a benvida ao curso e a este blogue. Comezamos con azos un outono que agardemos cheo de actividades e libros que vos gusten.


Deixámosvos un cartel da CDU moi especial que, seguramente, algunhas e algúns xa coñecedes se visitastes a nosa biblioteca a pasada semana.

Benvidas e benvidos a onde o mundo se chama biblioteca!