viernes, 21 de junio de 2019

Lecturas para o verán

Atoparedes na nosa páxina web unha selección de enlaces (blogues, webs, bibliotecas virtuais, etc.) sobre lecturas. Premede aquí se queredes coñecelo.

Arthur Hughes
Feliz verán e felices lecturas de verán!

Nós, coma sempre, agardámoste onde o mundo se chama biblioteca.

jueves, 20 de junio de 2019

Suxestións de lecturas das bibliotecas escolares

As bibliotecas escolares galegas dan a coñecer as súas suxestións de lectura para o  verán. Preme aquí se queres coñecer as súas propostas.

miércoles, 19 de junio de 2019

Paseniño, paseniño

En Paseniño, paseniño Antonio García Teijeiro evoca a poesía de Rosalía de Castro. Esta edición, ilustrada por Marcos Viso, inclúe un CD musical con poemas recitados polo autor.

Treboada.
Chuvia tola
que os piñeiros
non os molla
porque calan,
porque arrolan.
Antonio García Teijeiro, Paseniño, paseniño

martes, 18 de junio de 2019

Libros que van chegando: Aprende electrónica e robótica educativa

Un libro para aprender de forma amena e práctica os conceptos básicos da electrónica, a robótica e a programación con Scratch.


lunes, 17 de junio de 2019

Libros que van chegando: Botanicum

Unha xoia máis da colección "Visita nuestro museo" (editorial Impedimenta) que nos acerca ao mundo vexetal.


jueves, 13 de junio de 2019

Libros que van chegando: Mujeres en el deporte

A historia de cincuenta mulleres deportistas que destacaron en máis de corenta disciplinas deportivas dende 1800 ata hoxe.


miércoles, 12 de junio de 2019

Libros que van chegando: Os ecos do lume

Xa chegou a nova novela do escritor e ilustrador Anxo Fariña: Os ecos do lume. Queres coñecer a Noa e o mundo subterráneo ao que accede?


lunes, 10 de junio de 2019

Libros que van chegando: El maravilloso mundo de la ópera

Unha achega ao mundo da ópera a través de trinta títulos inesquecibles como A frauta máxica.


viernes, 7 de junio de 2019

Dragóns

Canal lector ofrécenos unha selección de literatura infantil e xuvenil co título de "Los dragones nunca pasan de moda".

jueves, 6 de junio de 2019

Seguimos coa cociña

A editorial Ouvirmos ten unha ampla colección de libros sobre cociña con pratos sinxelos e creativos. Mesmo nos permite dar a volta ao mundo con eles!


miércoles, 5 de junio de 2019

Hoxe... cociña

Bienvenidos a la cocina de Inés Ortega é un libro de receitas, trucos e sorpresas: canapés de tomate e camambert, raviolis de salmón...


martes, 4 de junio de 2019

Semanas da froita


Como sabedes estamos nas  semanas da froita no noso centro. Así que, se nos ocorreu que estaría ben lembrar algúns dos fondos cos que contamos sobre nutrición. Pasa pola biblioteca se queres coñecer máis.