viernes, 31 de enero de 2020

Día da Paz IV

As bibliotecas escolares promoven diversas actividades para conmemorar o Día Escolar a Non Violencia e a Paz. Preme aquí se queres coñecelas.

jueves, 30 de enero de 2020

Día da Paz III

Deixámosvos a nosa guía de suxestións de lecturas para o Día da Non Violencia e da Paz que vimos de conmemorar.



miércoles, 29 de enero de 2020

Día da Ilustración

O Día da Ilustración é unha das datas recollidas no Calendario do Libro é da Lectura de Galicia. Esta data, que coincide coa de nacemento de Castelao, é unha iniciativa para lembrar o papel dos ilustradores e homenaxear a unha figura destacada neste eido. A figura escollida este ano é o ourensán Cándido Fernández Mazas.



martes, 28 de enero de 2020

Día da Paz II

Rede Lectura vén de publicar as súa selección de lecturas para esta data: Para ler en paz.

lunes, 27 de enero de 2020

Día da Paz

Lembrámosvos que na nosa aula virtual podedes atopar un espazo dedicado ao Día da Paz con recursos diversos.

viernes, 24 de enero de 2020

Da pantalla ao papel ou do papel á pantalla

Atopamos en Canal Lector unha suxerente selección de libros agrupados baixo a epígrafe: De la pantalla al papel ou do papel á pantalla.

lunes, 20 de enero de 2020

Calendario do libro e da lectura

A Rede de Bibliotecas de Galicia vén de dar a coñecer o Calendario 2020 do libro e da lectura 2020 cun cartel creado por Bea Lema.


viernes, 17 de enero de 2020

Ranganathan


Hai un tempiño escribimos unha entrada sobre o libro Próxima estación futuro de Ranga Yogeshwar. Pois ben, o libro tamén nos permite descubrir que o autor é neto de Ranganathan, un dos grandes bibliotecarios da historia. El formulou as famosas cinco leis da biblioteconomía.

  1. Os libros están para usarse.
  2. A cada lector o seu libro.
  3. A cada libro o seu lector.
  4. Hai que aforrar tempo ao lector.
  5. A biblioteca é un organismo en crecemento.
Entre as numerosas reflexións de Ranga Yogeshwar atopamos esta información que quizais está moi ligada ao seu libro, porque tal e coma el afirma:

Mi abuelo indio S.R. Ranganathan fue un apasionado experto en biblioteconomía y abogó durante toda su vida por el acceso abierto al conocimiento.En el mundo digital moderno también tenemos que transpasarle a a la próxima generación todo el compromiso histórico, el testigo de nuestro patrimonio mundial. Museos, salas de conciertos y bibliotecas nunca fueron centros de beneficios y siempre vivieron del apoyo de la sociedad. Deberíamos ceñirnos a eso, tanto hoy como en el futuro.
Ranga Yogeshwar

miércoles, 15 de enero de 2020

Lembrando a Concecpción Arenal

O vindeiro 31 de outubro cúmprense 200 anos do nacemento de Concepción Arenal Ponte tal e como nos lembran na web de Cultura Galega. Co gallo desta data estanse a organizar numerosos actos para lembrar a figura desta ilustre ferrolá.