martes, 31 de marzo de 2020

Día das Artes Galegas

Mañá celébrase o Día das Artes Galegas. Este ano o homenaxeado é o arquitecto barroco Domingo de Andrade. Nós querémonos unir a esta celebración con tres pequenos retos que chamamos Enigma Andrade. A ver que vos parecen? Atoparedes as solucións? Seguro que si.

Recursos

lunes, 30 de marzo de 2020

O Portal das Palabras

O Portal das Palabras é unha inicativa da RAG e a Fundación Barrié que nos permite aprender novo léxico en galego dunha maneira sinxela e divertida.


jueves, 26 de marzo de 2020

Leer.es

Leer.es é unha web con proxectos e numerosos recursos para ler, para escribir, para crear, para falar...

miércoles, 25 de marzo de 2020

#bescolaresgalAbertas

Queres coñecer as actividades que están a desenvolver as bibliotecas escolares galegas durante estes días? Preme aquí e atoparás recursos, recomendacións, video-contos, retos...

martes, 24 de marzo de 2020

Día Mundial da Poesía

O pasado 21 de marzo conmemorouse o Día Mundial da Poesía. Así que hoxe traemos ao blogue un poema de Manuel María e algúns enlaces de interese sobre esta data.

John Constable: Salisbury Cathedral from the Meadows


O arco da vella
no ceo subido

co seu colorín
co seu colorido.


O arco da vella
con sete colores
que teñen, no ceo, 
 beleza de flores.
 O arco da vella
 no ceo chantado
 co seu colorín,
co seu colorado.

O arco da vella
 é un arco triunfal
con sete guerreiros
que a ninguén fan mal.

 O arco da vella
 de luz feito é.
 ¡Resulta un milagre
que siga de pé!
 Manuel María, Os soños na gaiola

lunes, 23 de marzo de 2020

Banco de recursos

Atopamos en educaLAB un interesante banco de recursos para diferentes materias. Preme aquí se desexas coñecelo.

miércoles, 18 de marzo de 2020

Día Internacional das Matemáticas

O 14 de febreiro foi proclamado coma Día Internacional das Matemáticas pola 40ª Conferencia Xeral da UNESCO. O lema escollido para este ano é: "As Matemáticas están en todas partes".
Para saber máis.

A la divina proporción

A ti, maravillosa disciplina,
media, extrema razón de la hermosura,
que claramente acata la clausura
viva en la malla de tu ley divina.
 

A ti, cárcel feliz de la retina,
áurea sección, celeste cuadratura,
misteriosa fontana de mesura
que el Universo armónico origina.


A ti, mar de los sueños, angulares,
flor de las cinco formas regulares,
dodecaedro azul, arco sonoro.

Luces por alas un compás ardiente.
Tu canto es una esfera transparente.
A ti, divina proporción de oro.

Rafael Alberti

martes, 17 de marzo de 2020

GaliciaLe: plataforma de préstamo das bibliotecas públicas

GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas.

lunes, 9 de marzo de 2020

Vénse de publicar...

Atopamos en Rede Lectura nova da publicación do poemario Porque te quero de Baldo Ramos.


viernes, 6 de marzo de 2020

lunes, 2 de marzo de 2020

Libros que van chegando: Genios

Genios achéganos aos máis grandes inventos da historia e aos xenios e xenias  que os fixeron posible: Leonardo da Vinci, Johannes Gutenberg, Stephanie Kwolek...