jueves, 30 de abril de 2020

Contos e máis contos en Kalandraka TV

Contos contados é o nome da sección da web da editorial Kalandraka na que podemos acceder a contos e poemas.

miércoles, 29 de abril de 2020

Amamos la poesía

Amamos la poesía é un proxecto da RAE para divulgar nas redes sociais a poesía en español.


martes, 28 de abril de 2020

Libros do CCG

O Consello da Cultura Galega ofrécenos a posibilidade de acceder a numerosas das súas publicacións.

lunes, 27 de abril de 2020

Día do Libro: debuxando a don Quijote

Hoxe deixamos un vídeo que nos achega aos personaxes da obra cervantina debuxando.


viernes, 24 de abril de 2020

Carteleando II: Día do Libro

E seguimos cos carteis elaborados polo alumnado de secundaria para o Día do Libro: Carteleando II.


jueves, 23 de abril de 2020

Carteleando no Día do Libro

Carteleando é o nome que eleximos para os carteis elaborados polo alumnado de secundaria para esta data.

martes, 21 de abril de 2020

Semana do libro: Un don Quijote moi divertido

Hoxe deixámosvos un vídeo moi entretido creado por Orientación Andújar que nos achega a aventura dos muíños que protagonizaron don Quijote e Sancho.


lunes, 20 de abril de 2020

Luz Pozo Garza


«A súa presenza destilaba o mesmo que a súa poesía: delicadeza e verdade.»
Francisco Castro
Hoxe soubemos do pasamento da poeta Luz Pozo Garza. Luz naceu en Ribadeo preto do mar, dese mar sempre tan presente na súa poesía, o 21 de xullo de 1922.

Amei a mar de Vigo.
Amei a luz que modifica a doctrina dos astros
a total curvatura que da unidade ás formas
cando a badía nace cada mañá
e ti agardabas.
Foi o móbil primeiro
Luz Pozo Garza. Códice Calixtino



O páxaro na boca, Códice Calixtino, Vida secreta de Rosalía... Libros de poesía intimista no que o amor vitalista e a saudade se van sucedendo no tempo simbolizados pola luz e a sombra. 

De balde fora o devecer aquel.
A pregunta sen eco que ten forma de enigma.
Aló calara a chuvia
onde o tempo semella unha curva implacábel.
Luz Pozo Garza, Concerto de outono

 

A poesía de Luz era unha poesía tamén na que a Música tiña un importante papel. 
Aquel vello piano noite e tempo
de madeiras exóticas que cercaban a infancia
conserva a transparencia do primeiro Chopin
nun reino fuxitivo onde pasan as sombras en claves sucesivas.
Luz Pozo Garza, Códice Calixtino

Mais falar de Luz Pozo Garza é falar tamén da ensaísta, da directora da revista Nordés, da profesora que achegou a literatura a tantos alumnos e alumnas coma Manuel Rivas:
 
«Con ela chegaba unha estación nova; entraba na clase tranquilamente a primavera»
Manuel Rivas 


O ar semellaba unha camelia branca
que se tornase en chuvia en sombra en pura ausencia.
Luz Pozo Garza, Códice Calixtino

viernes, 17 de abril de 2020

Semana do libro

E ninguén le o mesmo libro, porque os libros fálannos distinto a cada un de nós.
Manuel Gago. 
 
O vindeiro xoves conmemoramos o Día Mundial do Libro. As bibliotecas escolares galegas teñen numerosas propostas que podedes consultar aquí.


Así mesmo, coma cada ano, a  Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional edita o díptico para conmemorar esta data. Este ano o autor do texto é Manuel Gago e o da imaxe Harold Iglesias. Unha magnífica idea celebrar esta data cun texto que nos axuda a reflexionar e unha fotografía dun chasco común. 




jueves, 16 de abril de 2020

Aulas Galegas

Aulas Galegas é un portal educativo creado por profesorado no que podemos atopar diversos recursos, actividades e materiais educativos en galego. Preme aquí para acceder a súa web.

miércoles, 15 de abril de 2020

Juego para familias.

Juego para familias é un recurso didáctico do Museo do Prado que nos amosa cada día unha das salas deste con diferentes retos para superar.

martes, 14 de abril de 2020

CPI de Sansa na casa

Deixámosvos o enlace cun vídeo moi especial que moitos e moitas xa coñecedes: CPI de Sansa na casa.



viernes, 3 de abril de 2020

Día das Artes Galegas III: Enigma Andrade

Continuamos coas nosas preguntas sobre o protagonista do Día das Artes Galegas dese ano.


jueves, 2 de abril de 2020

Día das Artes Galegas II: Enigma Andrade






Continuamos coas preguntas do noso Enigma Andrade para conmemorar o Día das Artes Galegas.


miércoles, 1 de abril de 2020

Día Internacional do Libro Infantil

O 2 de abril, data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen,
conmemoramos o Día Internacional do Libro Infantil.



Este ano correspóndelle á sección de Eslovenia representar ao IBBY a través do texto de Peter Stepina e do cartel de Damijan Stepancic.