lunes, 31 de mayo de 2021

miércoles, 12 de mayo de 2021

Selección de recursos sobre Xela Arias

Atoparedes unha selección de recursos sobre a escritora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas na nosa aula virtual.

Créditos da imaxe


martes, 11 de mayo de 2021

Xela Arias: Darío a diario

  Darío a diario é un poemario de Xela Arias sobre a maternidade que vén de ser reeditado pola editorial Xerais con prólogo da escritora Berta Dávila e ilustracións de Iván R.. 




Se ti es

serei eu

nunca máis feliz.

Xela Arias, Darío a diario

miércoles, 5 de mayo de 2021

Os Bolechas: Xela Arias

Un ano máis os Bolechas achégannos á homenaxeada no Día das Letras Galegas: Xela Arias.




martes, 4 de mayo de 2021

Xela Arias: Non te amola!

"Agora na primavera fixen nove anos. Son moitos para non procurar nada de proveito na vida, así que vou escribir un libro".

Xela Arias, Non te amola!

Non te amola é o título da única obra narrativa de Xela Arias. Unha engaiolante achega á súa infancia que vén de publicar Galaxia con ilustracións de Luz Beloso. 



lunes, 3 de mayo de 2021

Letras Galegas: Xela Arias

 Xela quixo ser ela é o título da biografía e selección de poemas que Yolanda Castaño vén de publicar recentemente.