martes, 8 de abril de 2025

Clásicas da LIX

 O alumnado de 2º de secundaria realizou un mural con textos de escritoras clásicas da literatura infantil e xuvenil. Pensamos que sería unha boa idea elaborar unha guía de suxestións con algúns dos libros destas para comezar as conmemoracións do Mes do Libro.


Lembrade tamén que podedes atopar algún destes libros e moitos máis en E-LB.2 a plataforma de préstamo de contidos dixitais.

viernes, 4 de abril de 2025

Día do Libro Infantil


 

 Unímonos á conmemoración do Día do Libro Infantil o pasado 2 de abril, data do nacemento de Hans Christian Andersen.

Alumna lendo a mensaxe de Rian Visser



miércoles, 2 de abril de 2025

Día Mundial da Poesía

 O pasado venres celebramos o Día Mundial da Poesía lendo poemas na biblioteca e na horta do noso centro.