Centro

lunes, 16 de noviembre de 2026

Samaín e Magosto

 Chegou o Samaín e con el as actividades organizadas polo equipo de biblioteca e o EDLG. As nosas lecturas compartidas tiveron coma protagonistas ao alumnado de 1º B que leu para os seus compañeiros de 1ºB e o alumnado do 1º ciclo de EP o conto Onde viven os monstros de Maurice Sendak. 


 

Tamén realizamos murais con textos sobre o outono, o Magosto e o Samaín.



viernes, 6 de noviembre de 2026

Arredor de Breogán

 O alumnado de 1º de ESO visitou  o mércores 21 de outubro  a Torre de Hércules e o MUNCYT. Esta actividade foi organizada polo Departamento de Tecnoloxía e contou coa participación do Departamento de Lingua Galega e Literatura e da biblioteca que elaboraron un pequeno texto sobre a figura de Breogán que lemos ao pé do famoso faro coruñés.

viernes, 23 de octubre de 2026

viernes, 16 de octubre de 2026

Emilia Pardo Bazán


 

O pasado 16 de setembro cumpríronse 175 anos do nacemento da escritora coruñesa Emilia Pardo Bazán quen escribiu novelas coma Los pazos de Ulloa, contos, poemas, artigos xornalísticos... Foi ademais unha gran defensora dos dereitos das mulleres e do seu acceso á educación.



lunes, 28 de septiembre de 2026

Día Europeo das Linguas

 O 26 de setembro celébrase o Día Europeo das Linguas. O alumnado de 1º de ESO elaborou un mural para conmemorar esta data.




jueves, 17 de septiembre de 2026

Benvida

 Un curso máis estamos de volta e esperando por vós onde o mundo se chama biblioteca. Xa sabedes que podedes pedir prestados non só os nosos libros, senón tamén os da plataforma E-LBE.2.