Centro

Mostrando entradas con la etiqueta FOLLIÑAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FOLLIÑAS. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de mayo de 2016

Maio de Letras Galegas X: folliña voandeira do Día de Manuel María

Galiza docemente
está ollando o mar
Manuel María
Estámonos achegando ao día 17 e nós queremos rematar a semana cunha "folliña voandeira dedicada ao escritor Manuel María que podedes atopar na nosa web.

Eu nacín en Outono cando o sol
é colleita total madurecida,
plenitude cabal e ben cumprida,
florecido ronsel, morno remol.

En Outono a vida é doce e mol,
esperanza longamente presentida,
madurez xenerosa conquerida
na loita da semente por ser flor.

Eu nacín en Outono cando o mundo
é un froito dourado e en sazón,
un soño melancólico profundo.

Para ti é, Outono, esta canción
que a min me deixou no corazón
un misterioso vento vagamundo.
 
Manuel María, Poemas ó outono
 Fotografía atopada aquí.
 

martes, 10 de mayo de 2016

Día da Ciencia no noso centro


O pasado xoves 5 de maio celebramos o Día Ciencia no noso centro e asistimos a moi interesantes exposicións de proxectos e experimentos coma podedes comprobar neste enlace e nestoutro. A biblioteca tamén quixo estar presente nesta xornada tan especial cunha folliña voandeira e unha exposición de libros na entrada do edificio de secundaria. 


Moitas grazas ao profesor de Educación Plástica e Visual por deseñar uns carteis tan atractivos no que non faltou o da biblioteca e parabéns a todas e todos os que fixeron posible este evento.

miércoles, 4 de mayo de 2016

Bibliocienciando

Mañá celebramos o Día da Ciencia no noso centro e nós quixémonos sumar a esta conmemoración cunha folliña voandeira que titulamos Bibliocienciando e cunha exposición de fondos da biblioteca.  Agardamos que vos guste.

lunes, 27 de abril de 2015

Folliña "bibliotecaria" do Día do Libro 2015

Estamos rematando xa as nosas entradas sobre o IV Centenario de Don Quijote e o Día do Libro. Hoxe presentámosvos unha folliña con citas sobre a lectura, entre as que figuran dúas pertencentes aos dípticos elaborados pola Asesoria de Biblioteca Escolares este ano e o pasado da autoría de María Solar e Paco Martín. Premede aquí para lela e  lembrade: agardámosvos onde o mundo se chama biblioteca.