Centro

martes, 27 de febrero de 2018

jueves, 22 de febrero de 2018

Certame Literario 25 do novembro

O equipos de Dimanización da Lingua Galega e da Biblioteca convocaron o Certame Literario 25 de novembro no marco das actividades organizadas para o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A semana pasada entregamos os premios na biblioteca ao alumnado gañador que figura na nosa web.

miércoles, 21 de febrero de 2018

Sansabotics 3.0

O equipo de robótica do CPI San Sadurniño, Sansabotics 3.0, participou o sábado 17 de febreiro no concurso de robótica First Lego League celebrado en Ferrol e organizado pola Universidade da Coruña. Premede aquí se queredes coñecer máis información sobre este evento e moitos parabéns ao alumnado participante.

martes, 20 de febrero de 2018

Participación no Día Mundial da Radio

O noso centro fíxose eco da iniciativa de Ponte.... nas Ondas! para participar no Día Mundial da Radio, escollendo coma tema o xogo tradicional. Xa podedes escoitar na nosa web as gravacións realizadas polo momento, xa que hai algunhas pendentes.


lunes, 19 de febrero de 2018

Libros que van chegando: Os arquivos secretos de Escarlatina

Xa temos entre nós o novo libro sobre este popular personaxe creado por Ledicia Costas: Os arquivos secretos de Escarlatina. Un libro "sorpredente" no que atoparás xogos, actividades e respostas a numerosos interrogantes sobre Escarlatina... E no que poderás observar detidamente as illustracións de Víctor Ríos que tan ben nos fan chegar este mundo ideado pola escritora viguesa. 


viernes, 16 de febrero de 2018

Libros que van chegando: Como Einstein por su casa

Este] libro va dirigido a todos los lectores, cualquiera puede aplicar sencillos principios científicos y sacar partido.

Como Einstein por su casa. La (brico) ciencia para todos é o título dun libro que vén de chegar á nosa biblioteca. O seu autor é Javier Fernández Panadero, ao que algúns de vós xa coñecedes por libros coma ¿Por qué el cielo es azul? ou ¿Por qué la nieve es blanca? 

Así que xa sabedes, se queredes saber coma se pode aplicar a ciencia na vosa vida cotiá neste libro atoparedes a resposta.

miércoles, 7 de febrero de 2018

Lembrando o 2017 en febreiro do 2018

Atopamos en Canal Lector unha selección de lecturas titulada "Lo mejor de 2017". Premede aquí se queredes coñecer esta ampla recompilación de títulos para todas as idades.


lunes, 5 de febrero de 2018

viernes, 2 de febrero de 2018