Centro

viernes, 31 de enero de 2020

miércoles, 29 de enero de 2020

Día da Ilustración

O Día da Ilustración é unha das datas recollidas no Calendario do Libro é da Lectura de Galicia. Esta data, que coincide coa de nacemento de Castelao, é unha iniciativa para lembrar o papel dos ilustradores e homenaxear a unha figura destacada neste eido. A figura escollida este ano é o ourensán Cándido Fernández Mazas.



lunes, 20 de enero de 2020

viernes, 17 de enero de 2020

Ranganathan


Hai un tempiño escribimos unha entrada sobre o libro Próxima estación futuro de Ranga Yogeshwar. Pois ben, o libro tamén nos permite descubrir que o autor é neto de Ranganathan, un dos grandes bibliotecarios da historia. El formulou as famosas cinco leis da biblioteconomía.

  1. Os libros están para usarse.
  2. A cada lector o seu libro.
  3. A cada libro o seu lector.
  4. Hai que aforrar tempo ao lector.
  5. A biblioteca é un organismo en crecemento.
Entre as numerosas reflexións de Ranga Yogeshwar atopamos esta información que quizais está moi ligada ao seu libro, porque tal e coma el afirma:

Mi abuelo indio S.R. Ranganathan fue un apasionado experto en biblioteconomía y abogó durante toda su vida por el acceso abierto al conocimiento.En el mundo digital moderno también tenemos que transpasarle a a la próxima generación todo el compromiso histórico, el testigo de nuestro patrimonio mundial. Museos, salas de conciertos y bibliotecas nunca fueron centros de beneficios y siempre vivieron del apoyo de la sociedad. Deberíamos ceñirnos a eso, tanto hoy como en el futuro.
Ranga Yogeshwar

miércoles, 15 de enero de 2020

Lembrando a Concecpción Arenal

O vindeiro 31 de outubro cúmprense 200 anos do nacemento de Concepción Arenal Ponte tal e como nos lembran na web de Cultura Galega. Co gallo desta data estanse a organizar numerosos actos para lembrar a figura desta ilustre ferrolá.