Centro

Mostrando entradas con la etiqueta POEMA DO MES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta POEMA DO MES. Mostrar todas las entradas

miércoles, 1 de octubre de 2025

Chegan o outono e os nosos enigmas

Arcimboldo, Outono

 

Case sen darnos conta chegou o outono "con muy poco ruido", tal e coma escribiu o poeta Ángel González. Por suposto, nós tamén comezamos a deseñar actividades para esta época, inda que teñamos a luminosa lembranza do verán no corazón, igual que no poema amentado de Ángel González.

El otoño se acerca con muy poco ruido:
apagadas cigarras, unos grillos apenas,
defienden el reducto
de un verano obstinado en perpetuarse,
cuya suntuosa cola aún brilla hacia el oeste.
Se diría que aquí no pasa nada,
pero un silencio súbito ilumina el prodigio:
ha pasado
un ángel
que se llamaba luz, o fuego, o vida.
Y lo perdimos para siempre.

Ángel González: El otoño y otras luces 

Ademais, este curso queremos convidar ao alumnado de secundaria a participar na actividade "Enigmas a min". Invitamos a cada aula a resolver un enigma en cada estación. Aí vai o primeiro.


 

 

viernes, 21 de marzo de 2014

Poema do mes

Queremos iniciar aínda que semelle raro agora que está a rematar o curso, unha "sección" nova no noso blogue: "O poema do mes". Empezmos cun poema de Antón Aviles de Taramancos:

Chachahuí
Ter unha casa en Chachauí sobre do cume
do Cúndur-Cúndur que os incas bautizaron
polas grandes aves míticas. Ter unha casa en Chachauí
e ver no fondo do precipicio o Putumaio
brincar como un regueiro pequeniño.

Ter unha casa en Chachauí
e escoitar á noitiña o zunido dos vagalumes,
dos cocuios, o canto do turpial
e o miar estremecedor do puma negro.

Ter unha casa en Chachauí,
esqucerse do tempo, estar ao pé dun deus antigo
amigo do sol.

Ter unha casa en Chachauí.

Abaixo, no camiño de Ipiales, na estrada do Ecuador,
brillan as flores ventureiras.
Pero as estrelas son máis grandes.

Ter unha casa en Chachauí

En Son de poetas atoparás unha  versión musical do poema.