Centro

Mostrando entradas con la etiqueta VERNE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VERNE. Mostrar todas las entradas

jueves, 22 de junio de 2017

E non deixamos a Verne aínda: Cando Verme amarrou en Vigo


Un arquéologo e un mociño tratan de impedir o saqueo dos galeóns de Rande. E para cumprir o seu propósito mesmo pedirán axuda ao escritor francés Jules Verne, quen vén de recalar en Vigo nunha das súas viaxes a bordo da goleta  Saint-Michel.



Para saber máis:

martes, 20 de junio de 2017

E seguimos con Verne: Nemo o rapaz sen nome

E quen foi Nemo? Porque Verne non nos acabou de contar cal fora a súa historia, de feito, só nos suxería o seu pasado. O escritor e xornalista italiano Davide Morosinotto narra a historia do enigmático mociño que despois sería capitán do Nautilus na súa novela Nemo o rapaz sen nome. Así que, viaxemos da súa man ao ano 1829 cando un coche de cabalos recolle a un rapaz alto e moi fraco no porto de Le Havre para trasladalo a un colexio nas aforas de Paris... 


lunes, 19 de junio de 2017

Verne, Vigo e Sanjurjo Badía

Se quedastes con ganas de saber máis sobre Verne e Sanjurjo Badía, o documental Xulio Verne, tres homes e un destino, emitido pola TV, pódevos axudar e tamén ensinarvos a investigar. Premede aquí se queredes velo. 

Jules Verne fotografiado por Félix Nadar

viernes, 16 de junio de 2017

Verne e Vigo



Jules Verne visitou Vigo en dúas ocasións: en 1878 e 1884. Porén, o escritor francés xa convertera a cidade olívica nun dos espazos presentes na súa novela Vinte mil leguas de viaxe submarina. O historiador Eduardo Rolland datou a chegada do Nautilus, o submarino no que viaxaba polos mares de todo o mundo o Capitán Nemo (protagonista da novela), un 18 de febreiro de 1868 nun artigo publicado en La Voz de Galicia que se titula "El Nautilus llega a Vigo".


jueves, 15 de junio de 2017

Sanjurjo Badía

Un dos personaxes que ten moita importancia no desenvolvemento da novela Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta de Ledicia Costas é o inventor Antonio Sanjurjo Badía, quen deseñou e construíu un pequeno submarino, que el chamaba boia submarina, en 1898. Cal será a relación de Sanjurjo Badía e o seu submarino cos protagonistas da novela?



            
Para saber máis:

jueves, 1 de junio de 2017

Maio de Letras Galegas en xuño tamén: Jules Verne e a vida secreta das mulleres plantas

Jules Verne e a vida secreta das mulleres plantas de Ledicia Costas é un destes libros que cando os ves dis: con este título seguro que non me defrauda. E así é, porque Ledicia Costas é capaz de combinar imaxinación e historia dun forma cativante nesta novela na que Vigo, a cidade da autora, e as Illas Cíes teñen unha importante presenza ao igual que o escritor francés Verne.

Para saber máis sobre a novela: