Centro

Mostrando entradas con la etiqueta LETRAS GALEGAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LETRAS GALEGAS. Mostrar todas las entradas

martes, 5 de mayo de 2020

O maio de don Ricardo

"En suma, que as fatigas de don Ricardo, o maior dos nosos polígrafos, continúen a ser semente. Todos sairemos gañando"
Henrique Dacosta

Empezamos unha serie de entradas sobre Ricardo Carvalho Calero, a figura homenaxeada este ano no día das Letras Galegas, cun libro de Henrique Dacosta que nos achega a súa figura: Carvalho Calero. Vida e obra dun ser polifacético.



miércoles, 19 de febrero de 2014

A lus do mundo

Hoxe celébrase o centenario do nacemento do poeta Xosé María Díaz Castro a quen, como todos xa sabedes, se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. A biblioteca do IES Díaz Castro de Guitiriz ofrécenos uns moi interesantes materiais para lembrar esta data, entre os que figura o documental A lus do mundo.


sábado, 22 de junio de 2013

Día das Letras Galegas 2014


O Día das Letras Galegas do vindeiro ano estará dedicado ao poeta e tradutor Xosé María Díaz Castro ao que o Instituto de Guitiriz, que leva o seu nome, homenaxeou hai uns días cun interesante documental titulado A lus do mundo.
Nós queremos rematar esta entrada lembrando un dos seus poemas máis coñecidos, "Penélope":

Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.


Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.


Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.


Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!