Centro

viernes, 16 de noviembre de 2018

Ida Vitale Premio Cervantes

La palabra infinito es infinita,
la palabra misterio es misteriosa.
Ida Vitale

A poeta uruguaya Ida Vitale vén de ser galardoada co Premio Cervantes. Vitale adóitase incluír na chamada Generación del 45 ao carón de Juan Carlos Onetti ou Idea Vilariño.


Para saber máis:

jueves, 15 de noviembre de 2018

Novembro de ciencia VI: Alicia Estévez, premio María Wonenburger 2018

Alicia Estévez, catedrática de Microbioloxía na USC e membro da Real Academia Galega de Ciencias, foi galardoada co Premio María Wonenburger deste ano. Este premio, que leva o nome da coñecida matemática coruñesa, outorgase cada ano pola Unidade da Muller e Ciencia (Secretaría Xeral de Igualdade).
Para saber máis:

miércoles, 14 de noviembre de 2018

Novembro de ciencia V: Concurso Investigación e Ciencia

O departamento de Física e Química do CPI de San Sadurniño en colaboración coa biblioteca escolar deste centro organizan o VIII Concurso “Investigación e ciencia” para o alumnado de secundaria do noso centro.

Preme aquí se queres coñecer as bases.

martes, 13 de noviembre de 2018

Día da Biblioteca V: Contos para un mundo mellor e Memorias das memorias dun neno labrego

Xa en novembro queremos lembrar algunhas das actividades do Día da Biblioteca, que inda non incluiramos nesta nosa bitácora. Así, o noso alumnado celebrou con teatro, contos e música na Casa da Cultura esta data. Os alumnos e alumnas de 6º de EI e 3º de EP asistiron ao espectáculo Contos para un mundo mellor de Diego Maceiras e Gloria Mosquera e o alumnado de 2º, 3º e 4º de secundaria ao monólogo Memorias das Memorias dun neno labrego de Cándido Pazó. 

Fonte da foto: Contraproducións
Preme aquí para coñecer más información sobre estas actividades.

viernes, 9 de noviembre de 2018

Novembro de Ciencia III: Novembro Mes da Ciencia en Galego

A Asesoría de Bibliotecas Escolares pon a nosa disposición numerosos materiais e recursos para este conmemoración.

Preme aquí se desexas coñecer máis actividades das bibliotecas escolares para esta conmemoración.

jueves, 8 de noviembre de 2018

Samaín



O pasado martes 30 de outubro volvemos de novo a pasalo de medo co medo lendo anacos de Frankenstein de Mary Shelley,  de Cando petan na porta pola noite  de Xabier P. Docampo e d'Os contos de terror do Tío Montague de Chris Priestley no recreo.


Esta foi só unha das numerosos actividades do noso centro para esta data, xa que tamén houbo merendas terroríficas, murais, lectura de contos de medo elaborados polo alumnado de 1º de ESO en Oratoria, adiviñas de medo propostas por alumnado de 6º de EP ao de EI e... Moitas, moitas, moitas e terroríficas cabazas! Atoparás máis información e fotografías na web do centro .

miércoles, 7 de noviembre de 2018

Novembro de Ciencia II: Novembro Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas

 "Para ser libre mediante a cultura, igual ca para facer boa ciencia, hai que ler". 
Luís Navarro

As consellerías de Cultura e Educación, a través das unidades responsables das bibliotecas públicas e escolares, xunto coa  Secretaría Xeral de Política Lingüística, celebran o mes de novembro como Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. Este ano o manifesto para esta conmemoración foi escrito por Luís Navarro profesor titular de Bioloxía da Universidade de Vigo.

lunes, 5 de noviembre de 2018

Novembro de Ciencia: IX Día da Ciencia en Galego

O Día da Ciencia en Galego deste ano ten coma temática "A cultura científica  e a cultura galega como patrimonio cultural europeo" e está dedicado a Arquímedes e ao Mestre Mateo.

 Para saber máis: