Centro

viernes, 31 de enero de 2014

Día da Ilustración

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promoveu por vez primeira a celebración do Día da Ilustración en Galicia. A data escollida foi a do 30 de xaneiro, por ser ese o día do nacemento de Castelao.

miércoles, 29 de enero de 2014

Premios San Clemente

O pasado luns 27 de xaneiro tivo lugar a XIX edición do Premio Arcebispo Juan de San Clemente no salón de actos do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. Como xa moitos sabedes, o xurado deste premio está formado por 30 alumnos e alumnas de Bacharelato do IES Rosalía de Castro, organizador do certame, e de catro institutos máis, elixidos por sorteo. De feito, o premio leva o nome do fundador do edificio onde está ubicado este centro educativo, o coñecido Colexio de San Clemente.
Nesta edición o premio na modalidade de Novela Galega recaeu en Pedro Feijoo, pola súa obra Os fillos do mar; na de Novela Castelá en Arturo Pérez-Reverte, por El tango de la vieja guardia e na de Novela Extranxeira en Petros Márkaris, por Liquidación final.

martes, 28 de enero de 2014

Lembrando a Pete Seeger

O cantante, investigador e compositor folk estadounidense Pete Seeger faleceu onte aos 94 anos. Pete, a quen Bruce Springsteen definiu como  "un arquivo vivo da música americana e da súa conciencia, un testamento do poder da canción e a cultura" durante o concerto celebrado no Madison Square Garden para homenaxealo polo seu 90 aniversario, levaba gravado no seu famoso banjo de cinco cordas unha lenda na que se podía ler "este instrumento atrapa o odio e obrígao a dobregarse". Toda unha declaración de principios sobre o poder da música dun home que até a súa morte non deixou de ser un convencido optimista, tal e como nos lembraban hoxe nunha interesante reportaxe no New York Times: "Through the years, Mr. Seeger remained determinedly optimistic. “The key to the future of the world,” he said in 1994, “is finding the optimistic stories and letting them be known.”"
Nós queremos homenaxealo lembrando unha das súas máis famosas cancións, "Where have all the flowers gone?", que aquí canta acompañado polo seu neto Tao Rodríguez Seeger.
Até sempre, Pete! 

viernes, 24 de enero de 2014

Unha canle de historia moi interesante

O pasado día 21 lemos no xornal La Voz de Galicia que a canle Cliphistoria do profesor do IES Concepción Arenal Manuel González alcanzou xa máis de tres millóns de reproduccións. Un verdadeiro éxito e un excelente traballo.

miércoles, 22 de enero de 2014

Un afortunado achado

O profesor e membro do equipo PROLOPE da Universidade Autónoma de Barcelona Alejandro García Reyde vén de atopar unha copia manuscrita, que se daba por extraviada, da comedia Mujeres y criados de Lope de Vega. Segundo declarou García Reyde ao xornal El País, a amentada obra teatral "Puede competir con algunas de las mejores comedias urbanas de sus mejores años. Lo que, por supuesto, hace el hallazgo más interesante. Es una comedia que sigue funcionando todavía hoy en día por su elemento cómico, por el carácter desenfadado de sus personajes femeninos o la burla de algunas convenciones de la sociedad".

Parabéns aos blogues do Plan Proxecta

Se o pasado 5 de decembro felicitamos ao blogue E ti sustentas?, hoxe queremos darlles os parabéns aos outros dous blogues do Plan Proxecta: Meteosansa e Proxecto Río Xubia. Parabéns aos tres por este estupendo traballo.

miércoles, 15 de enero de 2014

In Memoriam Juan Gelman

O poeta, xornalista e tradutor arxentino Juan Gelman faleceu onte aos 83 anos. Gelman, quen recibiu numerosos premios ao longo da súa vida como o Premio Nacional de Poesía en Arxentina en 1997 e o Premio Cervantes en 2007, foi nomeado Escritor Galego Universal pola Asociación de Escritores en Lingua Galega en 2010. Nós queremos lembralo cun dos seus poemas, "Epitafio".


Un pájaro vivía en mí.
Una flor viajaba en mi sangre.
Mi corazón era un violín.
Quise o no quise. Pero a veces
me quisieron. También a mí
me alegraban: la primavera,
las manos juntas, lo feliz.
¡Digo que el hombre debe serlo!
Aquí yace un pájaro.
Una flor.
Un violín.
 Sit tibi terra levis.