Centro

viernes, 19 de junio de 2020

Suxestións para o verán: Lendo en Sansa

Lendo en Sansa é o nome do espazo na nosa aula virtual no que recollemos enlaces con guías de lectura, webs e blogues con recomendacións de libros para todas as idades... Lecturas moi diversas! Preme aquí para coñecer este currunchiño virtual da lectura.

Muller con parasol ou O paseo de Monet

jueves, 18 de junio de 2020

miércoles, 17 de junio de 2020

Un verán de libros: Botanicum



Gústannos moito todos os libros publicados na colección Visita nuestro museo da editorial Impedimenta. Así que, hoxe traemos a esta nosa bitácora un fermoso percorrido pola vida vexetal.

  • Primeiro capítulo.
  • martes, 16 de junio de 2020

    Un verán de libros: Unha aventura filosófica

    Una aventura filosófica de Ana Alonso é unha novela para pensar, para reflexionar e para decatarse de coma a filosofía nos proporciona ferramentas moi útiles para a vida.


    miércoles, 10 de junio de 2020

    E se imos de museos?

    O Museo de Belas Artes da Coruña pon a nosa disposición diversos materiais para achegarnos á figura de Luis Seoane.

    O gaiteiro de Luis Seoane


    • Atoparalas no seguinte enlace.

    jueves, 4 de junio de 2020

    miércoles, 3 de junio de 2020

    Información de UNICEF sobre Coronavirus

    O departamento de Educación de UNICEF elaborou unha documentación relacionada co coronavirus e a infancia. Preme aquí para saber máis desta iniciativa.

    lunes, 1 de junio de 2020

    viernes, 29 de mayo de 2020

    Recursos con moita LIX

    Gálix (Asociacón Galega do Libro Infantil e Xuvenil) presenta o PADLET "Recursos con moita LIX para ficar na casa" onde se recompilan iniciativas de diversos colectivos. Preme aquí para acceder a esta interesante iniciativa.

    jueves, 28 de mayo de 2020

    Aprende coas mulleres galegas

    "Aprende coas mulleres galegas" é un proxecto da Secretaría Xeral de Igualdade que nos achega á figura de catro mulleres galegas a través de diversas actividades. Preme aquí para acceder a este.

    miércoles, 27 de mayo de 2020

    O maio de Don Ricardo XV: poesía

    Antologia da poesia en galego é unha selección de poesía realizada por Paulo Fernández Mirás dos diversos libros publicados por Ricardo Carvalho Calero.


    O primeiro aeroplano
    ensaiaba o seu voo, ti ja o dixeches,
    namentres nós nacíamos.
    E o cometa Halley brillaba no ceu,
    e Tolstoy se apagaba cando nós nacemos.

    Ricardo Carvalho Calero, Futuro condicional

    martes, 26 de mayo de 2020

    O maio de don Ricardo XIV

    Os materiais  elaborados polo noso alumnado de 4º, 5º e 6º de EP en base a un traballo de investigación previo foron recompilados no especial das Letras Galegas de Aulas Galegas.

      Moitos parabéns ao alumnado e profesorado participante!

    viernes, 22 de mayo de 2020

    LIJ española 2019

    OEPLI, coas súas catro seccións territoriais, Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, ClijCat, Galtzagorri e Gálix, en colaboración co Ministerio de Cultura e Deporte,vén de editar o catálogo Literatura infantil y juvenil española, unha selección bibliográfica de 200 títulos publicados ao longo do pasado ano. O catálogo está dividido en seccións por idades.


    Quince anos de LIX Galega

    Quince anos de LIX Galega é unha guía na que se recolle  unha selección dos libros que tiveron unha maior presenza nas bibliotecas escolares galegas nestes primeiros quince anos do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares.




    miércoles, 20 de mayo de 2020

    O maio de Don Ricardo XI: Descubrindo illas

    Descubrindo illas con Carvalho Calero é o nome dun pequeno proxecto que desenvolveu o alumnado de secundaria na materia de Lingua galega e literatura: carteis, poemas, fotografías... Un pouco de todo nesta proposta aberta para o Día das Letras Galegas. 
    Preme aquí para coñecelo e lembra que tes que ir ao apartado "Guías e outros materiais do curso 2019/2020).

    martes, 19 de mayo de 2020

    O maio de don Ricardo X: presentación materiais do noso centro

    O alumnado de 4º, 5º e 6º  de EP do noso centro estivo a traballar nun proxecto de investigación sobre Carvalho Calero. Hoxe fixemos a presentación que podedes atopar premendo neste enlace. 

    Moitos parabéns ao profesorado e alumnado que colaborou nesta homenaxe tan especial da Carvalho Calero.

    viernes, 15 de mayo de 2020

    O maio de don Ricardo VIII

    Ricardo Carvalho Calero de Lela Edicións é o título deste libriño de banda deseñada que nos achega á vida e obra do escritor ferrolán.


    Por outra banda, a CRTVG dedícalle numerosos espazos ao Día das Letras Galegas na radio, na televisión e nas redes sociais.


    jueves, 14 de mayo de 2020

    O maio de don Ricardo VII: Scórpio

    Scórpio foi publicada en 1987 e nese mesmo ano acadou o Premio da Crítica de narrativa galega. Henrique Rabuñal descríbea coma "unha das obras de Carvalho máis celebradas pola crítica literaria, tanto pola súa orixinalidade técnica e polas súas achegas estilísticas como por servir de reflexión e memoria individual e colectiva para o período 1910-1939".


    miércoles, 13 de mayo de 2020

    O maio de don Ricardo VI: A xente da Barreira

    A xente da Barreira foi publicada pola editorial Bibliófilos Galegos en 1951. Trátase da primeira novela publicada en galego da posguerra. Narra a historia dunha familia fidalga na transición do século XIX ao XX.


    viernes, 8 de mayo de 2020

    O maio de don Ricardo III: As pitas baixo a choiva

     "Non. Digades o que queirades, os galos non son agora tan fremosos como nos tempos da miña nenez."
    Rircardo Carvalho Calero

    Un conto que relata unha anécdota autobiográfica. O protagonista é un neno que descobre dende unha fiestra que as galiñas están a se mollar...


    jueves, 7 de mayo de 2020

    O maio de don Ricardo II


    Héctor Cajaraville achéganos á figura do homenaxeado neste Día das Letras Galegas co libro Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso. Unha biografía na que se intercalan pequenas pezas dramáticas que nos fan máis próximos momentos da súa vida.


    miércoles, 6 de mayo de 2020

    martes, 5 de mayo de 2020

    O maio de don Ricardo

    "En suma, que as fatigas de don Ricardo, o maior dos nosos polígrafos, continúen a ser semente. Todos sairemos gañando"
    Henrique Dacosta

    Empezamos unha serie de entradas sobre Ricardo Carvalho Calero, a figura homenaxeada este ano no día das Letras Galegas, cun libro de Henrique Dacosta que nos achega a súa figura: Carvalho Calero. Vida e obra dun ser polifacético.



    lunes, 4 de mayo de 2020

    Día da Educación Física na Casa

    Este ano tamén se conmemorou no noso centro o Día da Educación Física. Na nosa web pódese atopar o vídeo coas achegas de alumnado e profesorado.

    martes, 28 de abril de 2020

    viernes, 24 de abril de 2020

    jueves, 23 de abril de 2020

    lunes, 20 de abril de 2020

    Luz Pozo Garza


    «A súa presenza destilaba o mesmo que a súa poesía: delicadeza e verdade.»
    Francisco Castro
    Hoxe soubemos do pasamento da poeta Luz Pozo Garza. Luz naceu en Ribadeo preto do mar, dese mar sempre tan presente na súa poesía, o 21 de xullo de 1922.

    Amei a mar de Vigo.
    Amei a luz que modifica a doctrina dos astros
    a total curvatura que da unidade ás formas
    cando a badía nace cada mañá
    e ti agardabas.
    Foi o móbil primeiro
    Luz Pozo Garza. Códice Calixtino



    O páxaro na boca, Códice Calixtino, Vida secreta de Rosalía... Libros de poesía intimista no que o amor vitalista e a saudade se van sucedendo no tempo simbolizados pola luz e a sombra. 

    De balde fora o devecer aquel.
    A pregunta sen eco que ten forma de enigma.
    Aló calara a chuvia
    onde o tempo semella unha curva implacábel.
    Luz Pozo Garza, Concerto de outono

     

    A poesía de Luz era unha poesía tamén na que a Música tiña un importante papel. 
    Aquel vello piano noite e tempo
    de madeiras exóticas que cercaban a infancia
    conserva a transparencia do primeiro Chopin
    nun reino fuxitivo onde pasan as sombras en claves sucesivas.
    Luz Pozo Garza, Códice Calixtino

    Mais falar de Luz Pozo Garza é falar tamén da ensaísta, da directora da revista Nordés, da profesora que achegou a literatura a tantos alumnos e alumnas coma Manuel Rivas:
     
    «Con ela chegaba unha estación nova; entraba na clase tranquilamente a primavera»
    Manuel Rivas 


    O ar semellaba unha camelia branca
    que se tornase en chuvia en sombra en pura ausencia.
    Luz Pozo Garza, Códice Calixtino

    viernes, 17 de abril de 2020

    Semana do libro

    E ninguén le o mesmo libro, porque os libros fálannos distinto a cada un de nós.
    Manuel Gago. 
     
    O vindeiro xoves conmemoramos o Día Mundial do Libro. As bibliotecas escolares galegas teñen numerosas propostas que podedes consultar aquí.


    Así mesmo, coma cada ano, a  Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional edita o díptico para conmemorar esta data. Este ano o autor do texto é Manuel Gago e o da imaxe Harold Iglesias. Unha magnífica idea celebrar esta data cun texto que nos axuda a reflexionar e unha fotografía dun chasco común. 




    jueves, 16 de abril de 2020

    Aulas Galegas

    Aulas Galegas é un portal educativo creado por profesorado no que podemos atopar diversos recursos, actividades e materiais educativos en galego. Preme aquí para acceder a súa web.

    miércoles, 15 de abril de 2020

    miércoles, 1 de abril de 2020

    Día Internacional do Libro Infantil

    O 2 de abril, data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen,
    conmemoramos o Día Internacional do Libro Infantil.



    Este ano correspóndelle á sección de Eslovenia representar ao IBBY a través do texto de Peter Stepina e do cartel de Damijan Stepancic.



    lunes, 30 de marzo de 2020

    O Portal das Palabras

    O Portal das Palabras é unha inicativa da RAG e a Fundación Barrié que nos permite aprender novo léxico en galego dunha maneira sinxela e divertida.


    jueves, 26 de marzo de 2020

    miércoles, 25 de marzo de 2020

    #bescolaresgalAbertas

    Queres coñecer as actividades que están a desenvolver as bibliotecas escolares galegas durante estes días? Preme aquí e atoparás recursos, recomendacións, video-contos, retos...

    martes, 24 de marzo de 2020

    Día Mundial da Poesía

    O pasado 21 de marzo conmemorouse o Día Mundial da Poesía. Así que hoxe traemos ao blogue un poema de Manuel María e algúns enlaces de interese sobre esta data.

    John Constable: Salisbury Cathedral from the Meadows


    O arco da vella
    no ceo subido

    co seu colorín
    co seu colorido.


    O arco da vella
    con sete colores
    que teñen, no ceo, 
     beleza de flores.
     O arco da vella
     no ceo chantado
     co seu colorín,
    co seu colorado.

    O arco da vella
     é un arco triunfal
    con sete guerreiros
    que a ninguén fan mal.

     O arco da vella
     de luz feito é.
     ¡Resulta un milagre
    que siga de pé!
     Manuel María, Os soños na gaiola

    lunes, 23 de marzo de 2020

    miércoles, 18 de marzo de 2020

    Día Internacional das Matemáticas

    O 14 de febreiro foi proclamado coma Día Internacional das Matemáticas pola 40ª Conferencia Xeral da UNESCO. O lema escollido para este ano é: "As Matemáticas están en todas partes".
    Para saber máis.

    A la divina proporción

    A ti, maravillosa disciplina,
    media, extrema razón de la hermosura,
    que claramente acata la clausura
    viva en la malla de tu ley divina.
     

    A ti, cárcel feliz de la retina,
    áurea sección, celeste cuadratura,
    misteriosa fontana de mesura
    que el Universo armónico origina.


    A ti, mar de los sueños, angulares,
    flor de las cinco formas regulares,
    dodecaedro azul, arco sonoro.

    Luces por alas un compás ardiente.
    Tu canto es una esfera transparente.
    A ti, divina proporción de oro.

    Rafael Alberti

    lunes, 2 de marzo de 2020

    Libros que van chegando: Genios

    Genios achéganos aos máis grandes inventos da historia e aos xenios e xenias  que os fixeron posible: Leonardo da Vinci, Johannes Gutenberg, Stephanie Kwolek...


    viernes, 28 de febrero de 2020

    jueves, 20 de febrero de 2020

    martes, 18 de febrero de 2020

    Libros que van chegando: Hogwarts.

    Queres coñecer os segredos da máis famosa escola de maxia e feitecería? Pois, entón este é o teu libro: Hogwarts. Un álbum de las películas.



    viernes, 7 de febrero de 2020

    Ano Galdós

    O pasado 4 de xaneiro cumpríronse cen anos do falecemento do escritor Benito Pérez Galdós. A súa vida e obra serán lembradas con numerosas actividades ao longo deste an.
    Galdós de Sorolla


    viernes, 31 de enero de 2020

    miércoles, 29 de enero de 2020

    Día da Ilustración

    O Día da Ilustración é unha das datas recollidas no Calendario do Libro é da Lectura de Galicia. Esta data, que coincide coa de nacemento de Castelao, é unha iniciativa para lembrar o papel dos ilustradores e homenaxear a unha figura destacada neste eido. A figura escollida este ano é o ourensán Cándido Fernández Mazas.



    lunes, 20 de enero de 2020

    viernes, 17 de enero de 2020

    Ranganathan


    Hai un tempiño escribimos unha entrada sobre o libro Próxima estación futuro de Ranga Yogeshwar. Pois ben, o libro tamén nos permite descubrir que o autor é neto de Ranganathan, un dos grandes bibliotecarios da historia. El formulou as famosas cinco leis da biblioteconomía.

    1. Os libros están para usarse.
    2. A cada lector o seu libro.
    3. A cada libro o seu lector.
    4. Hai que aforrar tempo ao lector.
    5. A biblioteca é un organismo en crecemento.
    Entre as numerosas reflexións de Ranga Yogeshwar atopamos esta información que quizais está moi ligada ao seu libro, porque tal e coma el afirma:

    Mi abuelo indio S.R. Ranganathan fue un apasionado experto en biblioteconomía y abogó durante toda su vida por el acceso abierto al conocimiento.En el mundo digital moderno también tenemos que transpasarle a a la próxima generación todo el compromiso histórico, el testigo de nuestro patrimonio mundial. Museos, salas de conciertos y bibliotecas nunca fueron centros de beneficios y siempre vivieron del apoyo de la sociedad. Deberíamos ceñirnos a eso, tanto hoy como en el futuro.
    Ranga Yogeshwar

    miércoles, 15 de enero de 2020

    Lembrando a Concecpción Arenal

    O vindeiro 31 de outubro cúmprense 200 anos do nacemento de Concepción Arenal Ponte tal e como nos lembran na web de Cultura Galega. Co gallo desta data estanse a organizar numerosos actos para lembrar a figura desta ilustre ferrolá.