Centro

Mostrando entradas con la etiqueta LINGUA GALEGA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LINGUA GALEGA. Mostrar todas las entradas

jueves, 5 de febrero de 2026

A Candeloria

O Día da Candeloria "casan os paxariños" segundo di a tradición popular, posto que é a época na que as aves comezan a buscar as súas parellas. O refraneiro tamén alude a esta data con referencias meteorolóxicas: "Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, mitá do inverno está por pasar". 

Refráns e expresións populares refírense a que estamos na metade do inverno, medran os días e xa falta menos para a primavera. Curiosamente esta data coincide co Groundhog Day, Día da marmota, que se se conmemora nalgunhas localidades de Canada e USA e que foi levado ao cine na película Atrapado no tempo

Nós decidimos unirnos a celebración desta data coa lectura por parte do alumnado de 4º de secundaria do poema "A candeloria" do libro Proel de Lois Amado Carballo.

Para saber máis:

jueves, 15 de mayo de 2025

Día da Letras Galegas

 O 17 de maio está aí e nós quixemos contribuír ás actividades que se realizan no centro cunha selección de recursos e unha guía de suxestións.



martes, 18 de marzo de 2025

G.P.A.

 O pasado xoves 6 de marzo o alumnado de 1º e de 2ª de ESO asistiu ao espectáculo GPA (Galego para Adolescentes) de Avelino González. 



martes, 7 de marzo de 2023

Actividades do Día de Rosalía

Un feixe de actividades arredor da escrita, o debuxo, o recitado e a robótica... Ese foi resumido o noso Día de Rosalía.

O noso alumnado participou nas actividades organizadas polo EDLG e a Concellería de Cultura: "Letras e cores para Rosalía", recitado de poemas e visionado da peza Feminino producida polo colectivo The sun girl.

 

Os nenos e nenas de  Educación Infantil elaboraron un cadro ben especial de Rosalía.


 Velaquí un dos dípticos de Eduación Primaria:




Por certo, o alumnado de Robótica de 4º de EP anda a preparar con Cristina un xogo a partir do poema "Adios ríos, adios fontes".


 

E o de 5º  uns estupendos caligramas!


 

Os versos de Rosalía tamén foron o eixe da actividade para este día de 2º de ESO.


 

 O dito: un feixe de actividades!

jueves, 23 de febrero de 2023

Día de Rosalía

Unímonos á celebración desta data colaborando coas actividades desenvolvidas polo EDLG e engadindo máis recursos ao noso espazo sobre Rosalía na aula virtual.  


 

jueves, 12 de mayo de 2022

Día das Letras Galegas: Florencio Delgado Gurriarán

 Achégase o Día das Letras Galegas que, como sabedes, está dedicado a Florencio Delgado Gurriarán. Unha data especial para a que preparamos unha marcapáxinas coma agasallo grazas a colaboración do profesor de Plástica. 



Non podiamos esquecer os libros do autor homenaxeado nin algúns dos que este ano se prepararon para achegarnos a súa vida e obra.


E tampouco a xa tradicional recompilación de recursos sobre esta data que atoparedes na nosa aula virtual.

Feliz Día das Letras Galegas!

miércoles, 9 de febrero de 2022

Candeloria


O pasado 2 de febreiro foi o día da Candeloria, unha festa da cultura popular con ampla presenza no refraneiro coma xa observastes coa actividade organizada polo EDLG. Unímonos a esta conmemoración cun fermoso poema de Lois Amado Carballo:

 


A CANDELORIA

   Na catedral do abrente
hoxe cásans'os paxaros,
con nubens de neve e ouro
está o ceo galanado.

   Ficou o día ancorado
na ría donda do ceo.
Os roibens soben no lonxe
como rosarios d'encenso.

   O xantar do casamento,
roibo, na palma da man
das eiras madrugadoras
xa está arranxado no val.

   Vai tocando pol-o campo
a sua zanfona o rego
e canta o vento nas farpas
sonorosas dos piñeiros.

   O campo as montanas ruzas
envolve en capa pluvial
co hisopo do sol mollado
dalles a beizón nupcial.

   Do casebre nugallán
soben os vivas dos galos
e na festa d'esta noite
estrena un luar o campo. 

Lois Amado Carballo, Proel

 

martes, 11 de mayo de 2021

Xela Arias: Darío a diario

  Darío a diario é un poemario de Xela Arias sobre a maternidade que vén de ser reeditado pola editorial Xerais con prólogo da escritora Berta Dávila e ilustracións de Iván R.. 




Se ti es

serei eu

nunca máis feliz.

Xela Arias, Darío a diario

martes, 4 de mayo de 2021

Xela Arias: Non te amola!

"Agora na primavera fixen nove anos. Son moitos para non procurar nada de proveito na vida, así que vou escribir un libro".

Xela Arias, Non te amola!

Non te amola é o título da única obra narrativa de Xela Arias. Unha engaiolante achega á súa infancia que vén de publicar Galaxia con ilustracións de Luz Beloso. 



martes, 23 de febrero de 2021

Día de Rosalía

 Mañá é o Día de Rosalía e na nosa web atoparedes a fotografía dun curruncho moi especial dedicado a ela que prepararon os membros do equipo de EI e EP. Tamén figuran nesta os recursos que seleccionamos para este día.


 

 

lunes, 1 de junio de 2020

miércoles, 27 de mayo de 2020

O maio de Don Ricardo XV: poesía

Antologia da poesia en galego é unha selección de poesía realizada por Paulo Fernández Mirás dos diversos libros publicados por Ricardo Carvalho Calero.


O primeiro aeroplano
ensaiaba o seu voo, ti ja o dixeches,
namentres nós nacíamos.
E o cometa Halley brillaba no ceu,
e Tolstoy se apagaba cando nós nacemos.

Ricardo Carvalho Calero, Futuro condicional

miércoles, 20 de mayo de 2020

O maio de Don Ricardo XI: Descubrindo illas

Descubrindo illas con Carvalho Calero é o nome dun pequeno proxecto que desenvolveu o alumnado de secundaria na materia de Lingua galega e literatura: carteis, poemas, fotografías... Un pouco de todo nesta proposta aberta para o Día das Letras Galegas. 
Preme aquí para coñecelo e lembra que tes que ir ao apartado "Guías e outros materiais do curso 2019/2020).

martes, 19 de mayo de 2020

O maio de don Ricardo X: presentación materiais do noso centro

O alumnado de 4º, 5º e 6º  de EP do noso centro estivo a traballar nun proxecto de investigación sobre Carvalho Calero. Hoxe fixemos a presentación que podedes atopar premendo neste enlace. 

Moitos parabéns ao profesorado e alumnado que colaborou nesta homenaxe tan especial da Carvalho Calero.

jueves, 7 de mayo de 2020

O maio de don Ricardo II


Héctor Cajaraville achéganos á figura do homenaxeado neste Día das Letras Galegas co libro Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso. Unha biografía na que se intercalan pequenas pezas dramáticas que nos fan máis próximos momentos da súa vida.