Centro

Mostrando entradas con la etiqueta CINE ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CINE ESO. Mostrar todas las entradas

jueves, 5 de febrero de 2026

A Candeloria

O Día da Candeloria "casan os paxariños" segundo di a tradición popular, posto que é a época na que as aves comezan a buscar as súas parellas. O refraneiro tamén alude a esta data con referencias meteorolóxicas: "Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, mitá do inverno está por pasar". 

Refráns e expresións populares refírense a que estamos na metade do inverno, medran os días e xa falta menos para a primavera. Curiosamente esta data coincide co Groundhog Day, Día da marmota, que se se conmemora nalgunhas localidades de Canada e USA e que foi levado ao cine na película Atrapado no tempo. 

Nós decidimos unirnos a celebración desta data coa lectura por parte do alumnado de 4º de secundaria do poema "A candeloria" do libro Proel de Lois Amado Carballo.

Para saber máis:

viernes, 16 de marzo de 2018

Stephen Hawking in memoriam

Hawking aproveitaba cada minuto coma se fose un regalo.
Jorge Mira


O pasado día 14 recibimos a nova do pasamento do físico, astrofísico cosmólogo e divulgador científico Stephen Hawking. Jorge Mira lémbranos a súa importancia coma científico e divulgador nunha entrevista en GCiencia:

A verdade é que era o científico máis famoso da actualidade; e despois de Einstein, ninguén tivo o eco popular que chegou a ter Hawking. (...)

E por outra banda, Breve historia do tempo supón un antes e un despois na divulgación científica. Estivo catro anos entre os libros máis vendidos do mundo, e estímase que chegou a vender unha copia por cada 750 persoas que hai no mundo; foron unhas cifras que supuxeron un salto a nivel mundial.
Jorge Mira

Mira, catedrático de Electromagnetismo na USC, lembra tamén nesta mesma entrevista a gran calidade humana de Hawking:

E iso facía que aproveitara cada minuto coma se fose un regalo. Para a xente que estaba enferma, ou nunha situación mala, ver a Hawking era un xute de ganas de vivir. Porque el sabía o que era ter problemas de verdade desde moi novo. E iso tamén lle facía ter unha gran calidade humana. Ás veces era difícil que cadrase a axenda para atender a importantes autoridades, pero se acudía a velo unha persoa con problemas, el sempre atopaba un oco. 
Jorge Mira 

E as súas visitas a Galicia:

Percorreu Santiago, estivo en Noia, pola Costa da Morte, no cabo Fisterra… Todo o mundo que veu con el quedou cunha boa impresión, e conectamos tamén con eles a nivel humano.

Para saber máis:

miércoles, 7 de marzo de 2018

Día Internacional da Muller II: exposición de fondos

Ao longo do mes de marzo podedes visitar a nosa exposición de fondos para secundaria. Tamén elaboramos unha pequena presentación con fotografías e textos de escritoras a que podedes acceder premendo aquí.


martes, 30 de enero de 2018

Día Escolar da non Violencia e da Paz II: exposición de fondos para secundaria

Podedes visitar xa a nosa exposición de fondos sobre a paz para ESO tanto na sala de secundaria coma virtualmente, posto que elaboramos unha presentación con fotografías dela na que incluimos tamén poemas. Atoparédela na nosa web.

martes, 13 de diciembre de 2016

A beleza do Universo

Un pouco máis tarde do previsto, xa que habitualmente adoitamos publicar as nosas guías de suxestións de ciencia en novembro, presentámosvos A beleza do Universo. Premede na imaxe se queredes coñecer esta nosa nova guía.


https://issuu.com/sansaliber/docs/bioloxia

martes, 17 de marzo de 2015

Libros, libros, libros: Emilia Pardo Bazán

Emilia Pardo Bazán non só é unha das novelistas máis destacadas do século XIX en castelán, senón que tamén foi unha precursora do feminismo e unha destacada defensora da educación das mulleres nunha época na que unha elevada porcentaxe delas eran analfabetas.

A longametraxe Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde dirixida por Zaza Ceballos lémbranos a vida desta apaixonada e apaixonante escritora. Por certo, a Secretaría Xeral de Igualdade elaborou unha unidade didáctica a partir da película. Deixámosvos un anaquiño ben ilustrativo desta que nos permite reflexionar sobre a  situación das mulleres a finais do XIX.  

martes, 11 de febrero de 2014

Tendal da Poesía I

Como todos os febreiros, temos xa preparado o noso Tendal da Poesía para que colguedes nel os vosos poemas de amor preferidos e, mesmo, os compostos por vós. Trátase dunha actividade, como sabedes, dirixida ao alumnado de secundaria coa que pretendemos achegarvos á poesía e animarvos a escribila. Así que,  ao longo desta semana iremos lembrando algúns famosos poemas cuxo tema principal é o amor. Se onte lembramos o poema de Martín Códax no cal unha moza lle preguntaba ás ondas do mar de Vigo polo seu amado, hoxe escollemos este máis que famoso soneto de Lope de Vega, que aquí podedes escoitar recitado.
Desmayarse, atreverse, estar furioso,
áspero, tierno, liberal, esquivo,
alentado, mortal, difunto, vivo,
leal, traidor, cobarde y animoso;

no hallar fuera del bien centro y reposo,
mostrarse alegre, triste, humilde, altivo,
enojado, valiente, fugitivo,
satisfecho, ofendido, receloso;

huir el rostro al claro desengaño,
beber veneno por licor süave,
olvidar el provecho, amar el daño;

creer que un cielo en un infierno cabe,
dar la vida y el alma a un desengaño;
esto es amor, quien lo probó lo sabe.

viernes, 14 de junio de 2013

Sinbad

Unha das últimas interpretacións de Xosé Manuel Olveira, "Pico", no cine foi a de Sinbad na adaptación cinematográfica da novela Se o vello Sinbad volvese as illas de Álvaro Cunqueiro, a cal por certo podes atopar na nosa biblioteca. Outra lectura interesante para a ESO relacionada con Sinbad é Sari, soñador de mares, a primeira novela de Marcos Calveiro na que este continúa o relato do mindoniense.


¡Non hai tales illas Sinbad! ..............
-¡Hai, hai! ¡Están as illas das Cotovías coma sete laranxas! 
Álvaro Cunqueiro, Se o vello Sinbad volvese ás illas