Centro

viernes, 21 de diciembre de 2018

Un Nadal de lecturas: recompilación de enlaces

Xa están aquí as vacacións de Nadal e nós decidimos recompilar algunhas web e blogues que vos poidan ser de utilidade a hora de seleccionar as vosas lectura. 



 
 
Así que, xa nos despedimos deixándovos a postal escollida este ano no Concurso de Tarxetas de Nadal para felicitar estas festas no noso centro.

Bo Nadal!

Espazo Nadal

Espazo Nadal é unha sección da aula virtual na que podedes atopar as nosas guías de Nadal, así como enlaces a webs con suxestións de lectura e outros recursos. Preme aquí para acceder ao noso novo espazo virtual.


miércoles, 19 de diciembre de 2018

Libros sobre o Nadal

Dende o pasado venres  podemos visitar a exposición sobre personaxes de Nadal. Queremos sumarnos a este proxecto con algunas suxestións de lectura sobre estas datas que elaboramos conxuntamente co EDLG.


lunes, 17 de diciembre de 2018

Novembro de Ciencia XXI en decembro tamén: Guía dos elementos químicos

O Centro Ramón Piñeiro vén de publicar unha Guía dos elementos químicos. Historia, propiedades e aplicacións. Esta obra pretende continuar O nome e o símbolo dos elementos químicos (2006), coa que se quería dar a coñecer os elementos que conforman a táboa periódica.

viernes, 14 de diciembre de 2018

Novembro de Ciencia XX en decembro tamén: A ciencia do día a día

Por que estoupan os flocos de millo? Que é un coche eléctrico? Por que aparece a nosa imaxe nun espello? Como funciona un GPS? Todas estas preguntas e moitas máis atoparán solución no libro A ciencia do día a día.

jueves, 13 de diciembre de 2018

Concurso Xogando coa CDU

A actividade de formación de usuarios do noso centro "A cidade dos libros. Aprendendo a CDU coa axuda dos escornabots" foi salientada polo seu interese no concurso Xogando coa CDU (organizado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia co gallo do Día da Biblioteca). Podedes atopar máis información sobre esta actividade, deseñada para Educación Infantil e Primaria, no seguinte enlace.

miércoles, 12 de diciembre de 2018

Novembro de Ciencia XIX en decembro tamén: Unidade Didáctica sobre Domingo Fontán

A inicios deste mes de outubro o Consello da Cultura Galega publicou unha Unidade Didáctica sobre un personaxe que coñecemos moi ben no noso centro, por ter traballado sobre el, e tamén neste blogue: Domingo Fontán.


  • Premede aquí para acceder á Unidade Didáctica.

miércoles, 5 de diciembre de 2018

Premios Lazarillo

Xa coñecemos as gañadoras dos Premios Lazarillo deste ano: Paloma Corral e Begoña Oro na categoría de álbum ilustrado e Andrea Maceiras na de creación literaria. Por certo, Andrea Maceiras é unha escritora moi lida no noso centro  que visitou en dúas ocasións.


Moitos parabéns!