Centro

viernes, 29 de abril de 2016

IV Centenario do falecemento de Shakespeare

 "El necio piensa que es discreto; pero el discreto reconoce que es un necio."
Shakespeare, Como gustéis 
"Estamos hechos de la misma materia que los sueños. Nuestro pequeño mundo está rodeado de sueños"  
Shakespeare, La tempestad 
Mencionamos hai uns días que o físico Carlo Rovelli nacera en Verona e foi, precisamente, nesta cidade onde William Shakespeare ambientou unha das súas máis famosas traxedias: Romeo e Xulieta.

Este ano, como sabedes cúmprense catrocentos anos do falecemento do dramaturgo inglés e tamén de Miguel de Cervantes. E para lembrar esta data celebraranse numerosas actividades. Hoxe ímos mencionar algunhas das relacionadas con Shakespeare, así coma algúns enlaces que vos poden resultar de interese.

Xa para rematar esta entrada, lembrámosvos que unha boa forma de achegarse á obra do dramaturgo inglés son os Contos baseados nos teatro de Shakespeare de Charles e Mary Lamb. 

martes, 26 de abril de 2016

Día do Libro: as nosas actividades

O venres pasado o alumnado de Educación Primaria e de 1º de ESO do noso centro participou no xa tradicional maratón de lectura organizado pola Biblioteca Municipal. Cervantes e Manuel María foron os protagonistas desta mañá dedicada á lectura. Por certo, esta semana continuamos en secundaria coas lecturas de Cervantes e de Shakespeare durante os recreos do martes e do xoves e en maio leremos ao poeta chairego

Lembrade que podedes atopar máis información sobre as nosas actividades na nosa web.

viernes, 22 de abril de 2016

Día do Libro

"... eu tamén sei que para cada un de nós hai un libro. Un que nos explicará como é que funciona isto de vivir, como se sae adiante, como se avanza. Ou polo menos como poñerlle o rabo ás cereixas..."
Pedro Feijoo

O Día do Libro xa está aí, con moitas propostas de interese que nos permitirán  decatarnos de que coma afirma Pedro Feijoo hai un libro para cada un de nós.

jueves, 21 de abril de 2016

Abril cervantino III: Cervantes poeta


Este ano cúmprense catrocentos anos do nacemento de Miguel de Cervantes e  non podemos deixar de lembrar a un Cervantes menos coñecido: o Cervantes poeta.
A dispersión da súa obra poética e a convivencia temporal con xigantes da poesía coma Góngora ou Quevedo probablemente contribuiron a escurecer o Cervantes poeta. O propio Cervantes amosaba as súas dúbidas sobre o seu talento coma cultivador da lírica en El viaje del Parnaso:

Yo, que siempre trabajo y me desvelo 
por parecer que tengo de poeta 
la gracia que no quiso darme el cielo.

Porén,  nós consideramos que Cervantes tiña demasiada tendencia á autocrítica, posto que súa obra poética conservada amósanos un poeta namorado da lírica, se ben é certo que quizais carente do xenio poético dun Góngora ou un Quevedo. E coma mostra este soneto dialogado de ton humorístico incluído na primeira parte do seu Don Quijote:







Diálogo entre Babieca y Rocinante

B. ¿Cómo estáis, Rocinante, tan delgado?
R. Porque nunca se come, y se trabaja.
B. Pues, ¿qué es de la cebada y de la paja?
R. No me deja mi amo ni un bocado.

B. Andá, señor, que estáis muy mal criado,
pues vuestra lengua de asno al amo ultraja.
R. Asno se es de la cuna a la mortaja.
¿Queréislo ver? Miraldo enamorado.

B. ¿Es necedad amar? R. No es gran prudencia.
B. Metafísico estáis. R. Es que no como.
B. Quejaos del escudero. R. No es bastante.

¿Cómo me he de quejar en mi dolencia,
si el amo y escudero o mayordomo
son tan rocines como Rocinante?













































miércoles, 20 de abril de 2016

Abril cervantino II: recursos sobre El Quijote

 En todo el mundo no hay obra de ficción más profunda y fuerte que ésa. Hasta ahora representa la suprema y máxima expresión del pensamiento humano, la más amarga ironía que pueda formular el hombre y, si se acabase el mundo y alguien preguntase a los hombres: «Veamos, ¿qué habéis sacado en limpio de vuestra vida y qué conclusión definitiva habéis deducido de ella?», podrían los hombres mostrar en silencio el Quijote y decir luego: «Ésta es mi conclusión sobre la vida y... ¿podríais condenarme por ella
Fiódor Dostoiévski, Diario dun escritor

Continuamos hoxe coa nosa homenaxe a Miguel de Cervantes lembrándovos os numerosos recursos que podedes atopar en Internet sobre o inmortal cabaleiro chamado Don Quijote:

lunes, 18 de abril de 2016

Día Mundial do Libro

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de editar un díptico, coma en anos anteriores, cun texto do escritor Pedro Feijoo para conmemorar o Día Mundial do Libro


Escribe Feijoo:
"Para todos hai un libro. Ou dez. Ou mil. Outra cousa é que esteamos dispostos a abrilos. Que me dicides, valentes, atrevédesvos?"
Lembrade que hoxe, coma o resto dos días agardámosvos onde o mundo de chama biblioteca!

viernes, 15 de abril de 2016

Lembranza de María Moliner a muller que agarraba "al vuelo todas las palabras de la vida"

... y ahí radica precisamente tu misión: en conocer los recursos de tu biblioteca y las cualidades de tus lectores de modo que aciertes a poner en sus manos el libro cuya lectura les absorba hasta el punto de hacerles olvidarse de acudir a otra distracción.
María Moliner

O escritor colombiano Gabriel García Márquez publicou hai 35 anos un artigo de opinión no xornal El País cuxo título era "La mujer que escribió un diccionario". Era María Moliner.
Deixemos que a pluma do creador de Macondo nos ilustre sobre esta bibliotecaria e lexicógrafa aragonesa:

La idea le vino del Learner's Dictionary, con el cual aprendió el inglés. Es un diccionario de uso; es decir, que no sólo dice lo que significan las palabras, sino que indica también cómo se usan, y se incluyen otras con las que pueden reemplazarse. «Es un diccionario para escritores», dijo María Moliner una vez, hablan do del suyo, y lo dijo con mucha razón.

María tiña un peculiar método de traballo. Así o describiu García Márquez:

Su hijo Pedro me ha contado cómo trabajaba. Dice que un día se levantó a las cinco de la mañana, dividió una cuartilla en cuatro partes iguales y se puso a escribir fichas de palabras sin más preparativos. Sus únicas herramientas de trabajo eran dos atriles y una máquina de escribir portátil, que sobrevivió a la escritura del diccionario. Primero trabajó en la mesita de centro de la sala. Después, cuando se sintió naufragar entre libros y notas, se sirvió de un tablero apoyado sobre el respaldar de dos sillas.

Desta maneira con traballo, dedicación e esforzo conseguiu elaborar un dicionario único que continúa a ser unha referencia nestes nosos días: o  Diccionario de uso del español. 

María, a muller que segundo García Márquez "pretendía agarrar al vuelo todas las palabras de la vida", foi tamén bibliotecaria e aínda hoxe nos emociona ler a carta aos bibliotecarios rurais que redactou en 1937 para publicarse como prólogo ás Instrucciones para el servicio de pequeñas bibliotecas. 
Así que, como non lembrar a María Moliner, a muller que atrapa as palabras ao voo! Pero, quizais a mellor lembranza sexa abrir o seu dicionario e deixarse levar de palabra en palabra... Será unha viaxe inesquecible.


miércoles, 13 de abril de 2016

Libros que van chegando: Historium


A editorial Impedimenta vén de publicar un interesante libro que nos permite coñecer diversas civilización a través dos obxectos que elaboraron: Historium.


martes, 12 de abril de 2016

Libros infantís e xuvenís de Galicia 2016

O catálogo de libros infantís e xuvenís producido por GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) e editado pola Xunta de Galicia (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria) permítenos coñecer toda a produción de LIX (Literatura Infantil e Xuvenil) en lingua galega do pasado ano. Preme aquí se queres consultalo.


lunes, 11 de abril de 2016

La página escrita

La página escrita é o título da revista literaria dixital online que publican trimestralmente a Fundación Jordi Sierra i Fabra de Barcelona e a Fundación Taller de Letras Jordi Sierra i Fabra de Medellín (Colombia). Por certo, no  número de xaneiro publican unha entrevista coa escritora galega Fina Casalderrey. 


viernes, 8 de abril de 2016

Libros que van chegando: Siete breves lecciones de física

 Porque la ciencia nos enseña a comprender mejor el mundo, pero también nos da una idea de la vastedad de lo que aún ignoramos.
Carlo Rovelli
Siete breves lecciones de física, escrito polo veronés Carlo Rovelli, é un percorrido polos fitos da física do século XX e XXI. O seu autor, físico teórico e un dos fundadores da chamada "gravidade  cuántica de bucles", amosa unha enorme capacidade de achegarnos á ciencia dunha forma amena, clara e sinxela. Escribe Rovelli no prefacio:

Estas lecciones se han escrito pensando en quienes desconocen la ciencia moderna o la conocen poco. En conjunto, componen una rápida panorámica de algunos de los aspectos más relevantes y fascinantes de la gran revolución acaecida en la física del siglo XX, y, sobre todo, de las cuestiones y misterios que dicha revolución ha planteado. Porque la ciencia nos enseña a comprender mejor el mundo, pero también nos da una idea de la vastedad de lo que aún ignoramos.


jueves, 7 de abril de 2016

Marzo de poesía... en abril tamén XIII: "Mapas" de Concha Méndez


Atopamos na antoloxía La rosa de los vientos, que por certo podedes atopar na nosa biblioteca, un fermoso poema de Concha Méndez:

Mapas

Los mapas de la escuela, 

 todos tenían mar,  

todos tenían tierra. 

¡ Yo sentía un afán  

por ir a la escuela…! 

Soñaba el corazón  

 con mares y fronteras,  

con islas de coral 

 y misteriosas selvas… 

Soñaba el corazón… 

¡ Oh sueños de escuela!
Concha Méndez 
A ilustración que acompaña o poema realizouna Henri Meyer para a novela Un capitán de quince anos do escritor francés Jules Verne.
E non queremos despedirnos por hoxe sen lembrarmos que Concha Méndez foi unha poeta e editora que formou parte daquel grupo de mulleres ás que se pretende lembrar cun interesante proxecto chamado "Las sin sombrero". A elas tamén lles dedicaron unha exposición e un libro dixital no IES Lucus Augusti

miércoles, 6 de abril de 2016

23 Días 'de libro´

Este é o lema da nova campaña lanzada polo observatorio da Lectura e do Libro do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para " incidir en la importancia de los libros y contribuir a la conmemoración del Día del Libro, que se celebra cada año el 23 de abril". Preme aquí se queres acceder a máis información sobre esta campaña.


martes, 5 de abril de 2016

Marzo de poesía... en abril tamén XII: o soneto 116 de Shakespeare...

Sabedores da afección a Jane Austen dalgúns dos membros da nosa comunidade educativa, queremos hoxe lembrarvos que o soneto 116 de Shakespeare é recitado por Marianne Dashwood, interpretada por Kate Winslet, na versión cinematográfica da novela Sentido e sensibilidade dirixida por Ang Lee (1995).


lunes, 4 de abril de 2016

Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

En este Día Mundial de Concienciación sobre el Autismo, insto a que se promuevan los derechos de las personas con autismo y se asegure su plena participación e inclusión, como miembros valiosos de nuestra tan diversa familia humana, para que puedan contribuir a crear un futuro de dignidad y oportunidad para todos.»
 
Mensaxe do  Secretario Xeral da ONU, Ban Ki-moon
con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, 2 de abril de 2016

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas decidiu designar o 2 de abril Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo na Resolución 62/139 do 18 de decembro de 2007.
No blogue Alto, alto como una montaña atopamos este vídeo que forma parte do proxecto audiovisual "A canción de Manuel".

                  
Preme aquí para coñecer os outros vídeos deste proxecto.

viernes, 1 de abril de 2016

Día do Libro Infantil

Mañá, 2 de abril conmemoraremos un ano máis o Día Internacional do Libro Infantil. Como sabedes, esta data foi elixida por ser a do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.

Este ano o IBBY (The International Board on Books for Young PeoplE) elixiu á escritora brasileira Luciana Sandroni para redactar a mensaxe deste día tan especial, mentres que  imaxe do cartel é obra de Ziraldo coñecido escritor, xornalista e ilustrador tamén brasileiro.