Centro

Mostrando entradas con la etiqueta POESÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta POESÍA. Mostrar todas las entradas

jueves, 23 de mayo de 2024

Yolanda Castaño

 O pasado mércores o alumnado de 4º de ESO asistiu á unha charla coa poeta Yolanda Castaño organizada pola Biblioteca Municipal.



miércoles, 13 de marzo de 2024

Día da Muller: actividades

 O pasado venres conmemoramos o Día da Muller con actividades moi diversas: moitos carteis e  tamén poemas sobre mulleres elaborados polo alumnado de 2º de ESO.

Tarxetas sobre científicas:

Un xogo de programación con Scratch elaborado polo alumnado de 4º de ESO en Tecnoloxía sobre imaxes e explicacións dos estereotipos nos contos tradicionais traballadas  nas clases de Lingua Galega e Literatura.

 

E como colofón un recital de poemas de diferentes escritoras e pezas musicais levado a cabo polo alumnado de ESO para todo o centro. Esta actividade foi coordinada polo equipo de biblioteca en colaboración cos departamentos de Música, Lingua Castelá e Lingua Galega.

 


miércoles, 27 de abril de 2022

Aí vén o Maio



Chega o mes de maio e con el os "maios", coma o que anda a preparar o noso EDLG. Unímonos a esa conmemoración lembrando un poema de Florencio Delgado Gurriarán sobre esta festa tradicional:

Aí vén o Maio pola porta do valado


aí vén o maio co seu traxiño branco.

(O Maio garrido, para saudar o vran,

pon luvas  de etiqueta con flores de San Xoán.

F. Delgado Gurriarán, Bebedeira

Poemas para os Maios de 2º B

miércoles, 9 de febrero de 2022

Candeloria


O pasado 2 de febreiro foi o día da Candeloria, unha festa da cultura popular con ampla presenza no refraneiro coma xa observastes coa actividade organizada polo EDLG. Unímonos a esta conmemoración cun fermoso poema de Lois Amado Carballo:

 


A CANDELORIA

   Na catedral do abrente
hoxe cásans'os paxaros,
con nubens de neve e ouro
está o ceo galanado.

   Ficou o día ancorado
na ría donda do ceo.
Os roibens soben no lonxe
como rosarios d'encenso.

   O xantar do casamento,
roibo, na palma da man
das eiras madrugadoras
xa está arranxado no val.

   Vai tocando pol-o campo
a sua zanfona o rego
e canta o vento nas farpas
sonorosas dos piñeiros.

   O campo as montanas ruzas
envolve en capa pluvial
co hisopo do sol mollado
dalles a beizón nupcial.

   Do casebre nugallán
soben os vivas dos galos
e na festa d'esta noite
estrena un luar o campo. 

Lois Amado Carballo, Proel

 

miércoles, 27 de enero de 2021

Día da Paz

 O vindeiro 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar da non Violencia e da Paz. Co gallo desta data seleccionamos unha serie de recursos que podedes atopar na nosa aula virtual. 



Lembrade que tamén se atopan neste enderezo o Manifesto do Día da Paz elaborado polo alumnado de 1º de ESO, así coma os poemas  creados para esta data nas materias de Lingua Galega e  de Lingua Castelá en colaboración co equipo da biblioteca e co EDLG.

miércoles, 27 de mayo de 2020

O maio de Don Ricardo XV: poesía

Antologia da poesia en galego é unha selección de poesía realizada por Paulo Fernández Mirás dos diversos libros publicados por Ricardo Carvalho Calero.


O primeiro aeroplano
ensaiaba o seu voo, ti ja o dixeches,
namentres nós nacíamos.
E o cometa Halley brillaba no ceu,
e Tolstoy se apagaba cando nós nacemos.

Ricardo Carvalho Calero, Futuro condicional

miércoles, 6 de mayo de 2020

lunes, 20 de abril de 2020

Luz Pozo Garza


«A súa presenza destilaba o mesmo que a súa poesía: delicadeza e verdade.»
Francisco Castro
Hoxe soubemos do pasamento da poeta Luz Pozo Garza. Luz naceu en Ribadeo preto do mar, dese mar sempre tan presente na súa poesía, o 21 de xullo de 1922.

Amei a mar de Vigo.
Amei a luz que modifica a doctrina dos astros
a total curvatura que da unidade ás formas
cando a badía nace cada mañá
e ti agardabas.
Foi o móbil primeiro
Luz Pozo Garza. Códice Calixtino



O páxaro na boca, Códice Calixtino, Vida secreta de Rosalía... Libros de poesía intimista no que o amor vitalista e a saudade se van sucedendo no tempo simbolizados pola luz e a sombra. 

De balde fora o devecer aquel.
A pregunta sen eco que ten forma de enigma.
Aló calara a chuvia
onde o tempo semella unha curva implacábel.
Luz Pozo Garza, Concerto de outono

 

A poesía de Luz era unha poesía tamén na que a Música tiña un importante papel. 
Aquel vello piano noite e tempo
de madeiras exóticas que cercaban a infancia
conserva a transparencia do primeiro Chopin
nun reino fuxitivo onde pasan as sombras en claves sucesivas.
Luz Pozo Garza, Códice Calixtino

Mais falar de Luz Pozo Garza é falar tamén da ensaísta, da directora da revista Nordés, da profesora que achegou a literatura a tantos alumnos e alumnas coma Manuel Rivas:
 
«Con ela chegaba unha estación nova; entraba na clase tranquilamente a primavera»
Manuel Rivas 


O ar semellaba unha camelia branca
que se tornase en chuvia en sombra en pura ausencia.
Luz Pozo Garza, Códice Calixtino

martes, 24 de marzo de 2020

Día Mundial da Poesía

O pasado 21 de marzo conmemorouse o Día Mundial da Poesía. Así que hoxe traemos ao blogue un poema de Manuel María e algúns enlaces de interese sobre esta data.

John Constable: Salisbury Cathedral from the Meadows


O arco da vella
no ceo subido

co seu colorín
co seu colorido.


O arco da vella
con sete colores
que teñen, no ceo, 
 beleza de flores.
 O arco da vella
 no ceo chantado
 co seu colorín,
co seu colorado.

O arco da vella
 é un arco triunfal
con sete guerreiros
que a ninguén fan mal.

 O arco da vella
 de luz feito é.
 ¡Resulta un milagre
que siga de pé!
 Manuel María, Os soños na gaiola

miércoles, 18 de marzo de 2020

Día Internacional das Matemáticas

O 14 de febreiro foi proclamado coma Día Internacional das Matemáticas pola 40ª Conferencia Xeral da UNESCO. O lema escollido para este ano é: "As Matemáticas están en todas partes".
Para saber máis.

A la divina proporción

A ti, maravillosa disciplina,
media, extrema razón de la hermosura,
que claramente acata la clausura
viva en la malla de tu ley divina.
 

A ti, cárcel feliz de la retina,
áurea sección, celeste cuadratura,
misteriosa fontana de mesura
que el Universo armónico origina.


A ti, mar de los sueños, angulares,
flor de las cinco formas regulares,
dodecaedro azul, arco sonoro.

Luces por alas un compás ardiente.
Tu canto es una esfera transparente.
A ti, divina proporción de oro.

Rafael Alberti

miércoles, 19 de junio de 2019

Paseniño, paseniño

En Paseniño, paseniño Antonio García Teijeiro evoca a poesía de Rosalía de Castro. Esta edición, ilustrada por Marcos Viso, inclúe un CD musical con poemas recitados polo autor.

Treboada.
Chuvia tola
que os piñeiros
non os molla
porque calan,
porque arrolan.
Antonio García Teijeiro, Paseniño, paseniño

miércoles, 27 de marzo de 2019

viernes, 22 de marzo de 2019

Primavera de poesía III: María Reimondez

Hoxe continuamos coa nosa "Primavera de poesía" cun poema de Galicia en bus  da escritora María Reimondez

En abril,
nubes de la no ceo
o verdecer das árbores
en cada letra.
María Reimondez

jueves, 21 de marzo de 2019

Privamavera de poesía II: Un poema de Gloria Fuertes


Hoxe decidimos lembrar as vacacións cun poema da escritora madrileña Gloria Fuertes.

Cuando sea mayor, o muy mayor,
no olvidaré esta canción
de la Vacación.
-¡Qué bien juego en el verano
con mi hermana, con mi hermano!
Bajo el sol y sin abrigo,
con mi amiga, con mi amigo.
Con la pelota de goma
¡Chuto! ¡Toma!
Con pelota de raqueta
con el verso de poeta
llegaremos a la meta.
Cantando la canción
de la Vacación. 
Gloria Fuertes