Lembrade que ao longo deste mes podedes visitar a nosa exposición de fondos sobre a paz na sala de secundaria.
BIBLIOSANSA
Blog da biblioteca do CPI de San Sadurniño
jueves, 21 de febrero de 2019
miércoles, 20 de febrero de 2019
Libros que van chegando: El secreto de la esfinge
Serq pensaba que Neferad estaría viendo en ese momento el mismo cielo, y que tal vez también ella danzaba a esa hora en honor a Isis, que abría el camino del día.
Ana Alcolea, El secreto de la esfinge
Un novela que nos leva ao Antigo Exipto onde Neferad chora a morte de seu avó, un dos xenerais do faraón. Carlos tamén chora, na época actual, a morte do seu avó que lles legará unha antigüidade que semella ser exipcia...
martes, 19 de febrero de 2019
Día da Radio III
O Día da Radio trouxo consigo moitos programas coma poderás comprobar nos seguintes enlaces.
lunes, 18 de febrero de 2019
Lembrando a Arquímedes
Dáme unha panca e un punto de apoio e moverei o mundo
Arquímedes
![]() |
Arquímedes pensativo de Domenico Fetti |
Como sabedes un dos científicos homenaxeados o pasado ano no Día da Ciencia en Galego foi o xenial Arquímedes. Si, o siracusano que segundo a tradición empezou a berrar "Eureka!" despois de resolver se a coroa do rei de Siracusa era de realmente de ouro puro. O xenio de Siracusa é considerado un dos matemáticos máis grandes da historia.
Arquímedes el despistado de Luis Blanco Laserna é unha aproximación á vida e obra do científico grego que podedes atopar na nosa biblioteca.
Arquímedes el despistado de Luis Blanco Laserna é unha aproximación á vida e obra do científico grego que podedes atopar na nosa biblioteca.
Eureka!
Etiquetas:
CIENCIA,
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO,
MATEMÁTICAS,
NOVEMBRO DE CIENCIA,
NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO,
SUXESTIÓNS,
SUXESTIÓNS +9,
TECNOLOXÍA
viernes, 15 de febrero de 2019
Fotografías Premio Investigación e Ciencia
Lembrade que podedes ver as fotografías participantes no VIII Concurso Investigación e Ciencia na entrada do edificio de secundaria.
Moitas grazas por participar e parabéns á gañadora!
jueves, 14 de febrero de 2019
Día Mundial da Radio II
Onte, coma xa sabedes, conmemoramos o Día da Radio dunha maneira moi especial. Parabéns aos participantes.
miércoles, 13 de febrero de 2019
Día Mundial da Radio
Hoxe é o Día Mundial da Radio e dende Ponte... nas ondas! convídannos tamén a celebralo.
O noso centro participa nesta xornada tan especial con dous podcasts gravados polo alumnado de 3º e 4º de EP e un programa en directo realizado por alumnado de secundaria. Atoparás máis información sobre estas actividades na nosa web.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)