Centro

Mostrando entradas con la etiqueta ENTOMOLOXÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ENTOMOLOXÍA. Mostrar todas las entradas

martes, 29 de noviembre de 2016

Novembro, mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas VI: De vacalouras e escornabaois

Por sobre do soutelo había unha carballeira; entre os dous bosques un regueiro estreito. A carballeira era o reino ciclópeo e salvaxe das vacalouras.
Méndez Ferrín, "Grieih"
 

Atopamos en GCiencia, unha das nosas webs de divulgación científica preferidas, unha nova preocupante sobre as vacalouras ou escornabois (Lucanus cervus) que se titula "A vacaloura, unha icona galega en perigo". O certo é que tal e coma nos lembran no artigo, o Lucanus cervus, chamado en castelán "ciervo volante", tivo unha gran presenza na cultura popular galega, foi coprotagonista dun conto de Méndez Ferrín titulado "Grieih" (Percival e outras historias) e ata dunha canción do Xabarín Club! 


jueves, 16 de junio de 2016

Final mundial de Famelab

De novo grazas a GCiencia descubrimos que a bióloga coruñesa Alba Aguión, a quen xa mencionamos aquí co gallo do seu divertido e instrutivo monólogo sobre as formigas, vén de ser subcampeoa do Famelab, un concurso internacional de monólogos científicos. Nesta ocasión Alba falou sobre cigarras.
Moitos parabéns por instruirnos e deleitarnos!

               
Vídeo atopado aquí.

viernes, 3 de junio de 2016

Formigas...

Atopamos en GCiencia, unha das nosas webs de divulgación científica preferidas, unha interesante reportaxe sobre as formigas titulada "A intelixencia do formigueiro". Deixámosvos un interesante monólogo,  que atopamos grazas a esta web, sobre este tema.