Unha achega ao mundo da ópera a través de trinta títulos inesquecibles como A frauta máxica.
Mostrando entradas con la etiqueta ÓPERA-APAIXONADOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ÓPERA-APAIXONADOS. Mostrar todas las entradas
lunes, 10 de junio de 2019
miércoles, 13 de junio de 2018
Estreo da ópera A decisión
A compañía Bolboreta, formada polo alumnado de 5º de EP estreou o pasado venres a súa ópera A decisión. Se queredes saber máis sobre este estreo premede aquí para acceder á nosa web.
Moitos parabéns, un curso máis!
martes, 6 de junio de 2017
Xa se estreou a ópera!
A compañía de ópera Bombiglobo, formada polo alumnado de 5º de Educación Primaria, vén de estrear o pasado venres De camiño á realidade. De novo miles de parabéns para o alumnado e o profesorado por este proxecto tan marabilloso co que ao longo dos últimos anos nos veñen agasallando.
Na nosa web atoparedes máis información ao respecto desta ópera e das súas próximas representacións e tamén sobre o Proxecto LÓVA.
E de novo: parabéns!
viernes, 2 de junio de 2017
Parabéns unha vez máis ao Proxecto LÓVA: unha ópera na escola
Unha vez máis temos que parabenizar aos membros do Proxecto LÓVA do noso centro xa que veñen de participar no I Foro da Educación organizado polo Faro de Vigo.
Para saber máis sobre este proxecto:
miércoles, 8 de febrero de 2017
Parabéns unha vez máis ao Proxecta LÓVA
Unha vez máis temos que parabenizar ao profesorado e alumnado participante no Proxecto LÓVA por seren, nesta ocasión, finalistas na VII edición do concurso de BBPP educativas convocado pola asociación MEP (Mejora tu escuela pública).
Na nosa web atoparás máis información sobre esta nova.
Na nosa web atoparás máis información sobre esta nova.
martes, 30 de junio de 2015
Para írmonos despedindo: "Summertime"
"Summertime" é o nome dunha aria da ópera Porgy and Bess do compositor norteamericano George Gershwin. Ademais é, sen lugar a dúbidas, unha das pezas musicais máis versionadas da historia.
Esta é unha das mellores versións, ao noso entender, a de Ella Fitzgerald, que nos permite unha vez máis deleitarnos coa súa marabillosa voz.
Se queredes sabe como soa a aria cantada por unha soprano no seguinte vídeo podedes escoitar a Leontyne Price.viernes, 26 de junio de 2015
Ópera-apaixonados VIII
Andabamos dándolle voltas a que aria, coro ou concertante iamos escoller para rematar por este curso as nosas entradas sobre ópera e ocorréusenos que podiamos rematar cunha moi coñecida aria da derradeira ópera do gran compositor italiano Giacomo Puccini: "Nessun dorma" de Turandot, cantada por Franco Corelli coa súa potente, fermosa e vibrante voz.
viernes, 19 de junio de 2015
Opera - apaixonados VII
Xa estamos para rematar por un tempo coas nosas entradas relacionadas coas óperas e os musicais; pero hoxe, queremos aproveitar para lembrar un famoso musical: Sorrisos e lágrimas, en inglés The sound of music.
Por certo nesta película aparece unha famosa secuencia musical na que os protagonistas manexan uns monicreques mentres cantan. E se estamos escribindo sobre monicreques e películas, non podemos deixar de mencionar un filme no que estes teñen un papel central: Lili estreado 1953.
viernes, 12 de junio de 2015
Ópera-apaixonados VI: parabéns!
Xa estreamos as nosas dúas óperas-musicais en secundaria, despois da de primaria, como sabedes. As dúas compañías, Gallaecia e Constelación Musical, amosaron un gran talento coma todas e todas puidestes comprobar; así que só queda darlles os máis que merecidos parabéns.
Por outra banda, cómpre lembrar que na nosa aula virtual atoparedes numerosos enlaces sobre ópera e música no apartado Biblio-LÓVA e que estamos elaborando un taboleiro en Pinterest sobre libros, películas e discos relacionados con esta que agardamos teña continuación no curso vindeiro.
Para rematar, queremos insistir en que a ópera está moi presente na nosa vida e todos estamos moito máis familiarizados con esta do que pensamos. Por exemplo, a que a todos vos soa isto?
Pertence a unha famosa ópera do italiano Guisseppe Verdi, titulada Il trovatore, baseada no drama romántico El trovador de Antonio García Gutiérrez.
Por certo, esta representación que aparece no vídeo tivo lugar nun dos grandes "templos" mundiais da ópera, o veneciano Teatro La Fenice.
Créditos da foto: «La Fenice auditorium» de Photo: Andreas Praefcke - Trabajo propio (own photograph). Disponible bajo la licencia CC BY 3.0 vía Wikimedia Commons - http://commons.wikimedia.org/wiki/File:La_Fenice_auditorium.jpg#/media/File:La_Fenice_auditorium.jpg
viernes, 5 de junio de 2015
Ópera-apaixonados V: Mozart
A precocidade musical de Wolfgang Amadeus é de todos coñecida, pero quizais non saibades a que idade compuxo a súa primeira ópera? Aos doce. Si como o estades lendo, a esta idade deu a coñecer Bastián e Bastiana que foi o título que elixiu para a súa primeira incursión no xénero operístico. Sería a primeira de vinte e dúas entre as que figuran Così fan tutte ou As vodas de Fígaro.
Quizais unha das arias máis coñecidas de Mozart sexa unha das dúas cantadas pola Raíña da Noite n' A frauta máxica, a derradeira ópera representada en vida de Mozart. É unha aria moi difícil que require ser cantada por unha soprano de coloratura.
Se queres saber máis sobre Mozart, a ópera e a música cláisca aquí tes uns enlaces de moito interese:
- Tipos de voces
- Celebrando a Mozart (Consejería de Educación Junta de Andalucía)
- El conciertazo. O programa de música clásica dirixido ao público máis novo presentado polo inesquecible Fernando Argenta.
viernes, 29 de mayo de 2015
Opera-apaixonados V: Estreo de Pegadas Musicais
A compañia Pegadas Musicais, formada polo alumnado de 6º de Educación Primaria, estrea hoxe a súa opera-musical: Excursión á Illa Corazón. Se queres saber máis sobre as representacións preme aquí. Nestoutro enlace coñecerás o seu programa de man e neste saberás máis sobre a súa visita á Radio Galega.
Moitos parabéns!
viernes, 22 de mayo de 2015
Ópera-apaixonados IV: This is Opera
Cómpre dar os parabéns aos apaixonados pola ópera, aos que se están apaixonando e aos que se apaixonarán porque TVE comezou hai dous meses a emisión dun programa que nos permite achegarnos a este xénero musical dunha forma entretida e ao mesmo tempo rigorosa: This is Opera.
O barítono e divulgador musical Ramón Gener presenta este programa no que a interacción coa xente, as anécdotas e os seus coñecementos musicais se mesturan para lograr unha exitosa fórmula televisiva que combina o deleitar co instruír. E non deixa de soprendernos, tamén, Gener co seu extraordinario dominio do alemán, o inglés e o italiano, ademais do castelán e o catalán.
Así que, xa sabes, se queres achegarte a este mundo marabilloso coñecendo por exemplo o simulador de Ferrari de Fórmula 1 para entender mellor como funciona a voz dunha soprano que ten que cantar Turandot de Puccini.... This is Opera!
viernes, 24 de abril de 2015
Ópera-apaixonados III
Tal foi o éxito do musical O home da Mancha que se sucederon ás versións en diferentes linguas, así a primeira represetanción en español levouse a cabo en 1966. Nese mesmo ano o cantante belga Jacques Brel solicitou os dereitos para a versión en francés que se representou en París e Bruselas dende finais de 1968 até mediados de 1969. Probablemente a versión de Brel sexa unha das máis conmovedoras pola paixón e forza que consegue transmitir.
Ópera-apaixonados II
E Don Quixote fíxose musical. Si, coma o les: en 1965 estreouse en Broadway un musical sobre o famoso cabaleiro manchego e o seu autor. No ano 1972 realizouse a versión cinematográfica, protagonizada polo actor irlandés Peter O' Toole quen por certo lle pon voz a Aton Ego, o severo crítico astronómico da película de animación Ratatouille.
viernes, 17 de abril de 2015
Ópera-apaixonados I
Como sabedes algúns dos alumnos e das alumnas do noso centro están a realizar un proxecto operístico. Así que, queremos contribuír dalgunha maneira á súa tarefa, aínda que só sexa cun graniño de area. Por iso, iniciamos hoxe unha serie de entradas (que decidimos titular "Ópera-apaixonados" e que publicaremos os venres) nas que escribiremos sobre óperas e tamén sobre algún que outro musical.
Esta semana andamos a voltas co Quijote e, coma non podía ser doutra forma, temos que facer referencia ás versións musicais da obra de Don Miguel de Cervantes que son moitas. Xa no sećulo XVII Henry Purcell compuxo unha ópera titulada The Comical History of Don Quixote, e as versións musicais sobre a famosa obra fóronse sucedendo até hoxe. Unha das máis coñecidas é El retablo de Maese Pedro de Manuel de Falla, aínda que tampouco podemos esquecer Don Quijote, a ópera nun acto de Cristobal Halftter estreada en 2000.
Se queres saber máis sobre Don Quijote na ópera, preme aquí.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)