Centro

miércoles, 30 de abril de 2014

Agustín Fernández Paz gaña o Premio Trasalba

Agustín Fernández Paz, que vén de anunciar non hai moito a publicación dun novo libro, é o galardoado este ano co Premio Trasalba. O escritor recibirá o premio na casa-museo de Otero Pedrayo o próximo 29 de xuño.


martes, 29 de abril de 2014

Día da Ciencia

O pasado xoves celebramos o Día da Ciencia no noso centro con diversos obradoiros; por outra banda, o domingo 27 os obradoiros estiveron abertos ao público en xeral. Dende este blogue queremos felicitar ao profesorado organizador e ao alumnado participante por estas xornadas na que nos achegaron á ciencia dunha forma tan amena. Parabéns!

E aproveitamos tamén para felicitar aos blogues Meteosansa, E ti ¿sustentas?, Proxecto Río Xuvia e Arrancando co biodiesel polo labor de difusión da ciencia e de fomento da reciclaxe que levan a cabo.

lunes, 28 de abril de 2014

Premio Ferrolterra Emprende Xove

A pasada semana tres alumnas do noso centro recibiron o premio Ferrolterra Emprende Xove na categoría de Educación Secundaria Obrigatoria. Moitos parabéns para elas e para a súa profesora polo merecido premio.

viernes, 25 de abril de 2014

García Márquez vendo chover en Galicia

O 11 de maio de 2013 Gabriel García Márquez publicou un artigo no xornal El País titulado "Viendo llover en Galicia", no que escribiu:
"Llovió durante tres días, pero no de un modo inclemente, sino con intempestivos espacios de un sol radiante. Sin embargo, los amigos gallegos no parecían ver esas pausas doradas, sino que a cada instante nos daban excusas por la lluvia. Tal vez ni siquiera ellos eran conscientes de que Galicía sin lluvia hubiera sido una desilusión, porque el suyo es un país mítico -mucho más de lo que los propios gallegos se lo imaginan-, y en los países míticos nunca sale el sol. "Si hubieran venido la semana pasada, habrían encontrado un tiempo estupendo", nos decían, avergonzados. "Este tiempo no corresponde a la estación", insistían, sin acordarse de Valle-Inclán, de Rosalía de Castro, de los poetas gallegos de siempre, en cuyos libros llueve desde el principio de la creación y sopla un viento interminable, que es tal vez el que siembra ese germen lunático que hace distintos y amorosos a tantos gallegos."
Aquí atoparás o artigo completo, unha peza maxistral daquel excelente periodista que tamén foi Gabo.

jueves, 24 de abril de 2014

Asombrosa visualización do número Pi

Acabamos de percatarnos, máis ca nunca, de canta razón levaba Wislawa Szymborska cando escribiu aquel verso que di "Digno de admiración es el número Pi" grazas ao blogue Gizmodo, onde vimos de atopar unha visualización de Pi de Cristian Ilies Vasile. Esta é a animación en vídeo.



E claro, é inevitable lembrar o poema da escritora polaca:

El número Pi
Digno de admiración es el número Pi
tres coma catorce,
Todas sus siguientes cifras también son iniciales,
quince noventa y dos porque nunca termina.
No se deja abarcar sesenta y cinco treinta y cinco con la mirada,
ochenta y nueve con los cálculos
setenta y nueve con la imaginación
y ni siquiera treinta y dos treinta y ocho con una broma o sea comparación
cuarenta y seis con nada
veintiséis cuarenta y tres en el mundo.
La serpiente más larga de la tierra después de muchos metros se acaba.
Lo mismo hacen aunque un poco después las serpientes de las fábulas.
La comparsa de cifras que forma el número Pi
no se detiene en el borde de una hoja,
es capaz de continuar por la mesa, el aire,
la pared, la hoja de un árbol, un nido, las nubes, y así hasta el cielo,
a través de toda esa hinchazón e inconmensurabilidad celestiales.
Oh, qué corto, francamente rabicorto es el cometa.
¡En cualquier espacio se curva el débil rayo de una estrella!
Y aquí dos treinta y uno cincuenta y tres diecinueve
mi número de teléfono el número de tus zapatos
el año mil novecientos setenta y tres piso sexto
el número de habitantes sesenta y cinco céntimos
centímetros de cadera dos dedos charada y mensaje cifrado,
en la cual ruiseñor que vas a Francia
y se ruega mantener la calma
y también pasarán la tierra y el cielo,
pero no el número Pi, de eso ni hablar,
seguirá sin cesar con un cinco en bastante buen estado,
y un ocho, pero nunca uno cualquiera,
y un siete, que nunca será el último,
y metiéndole prisa, eso sí, metiéndole prisa a la perezosa eternidad para que continúe.
 Wislawa Szymborska

Bibliocienciando, a nosa folliña voandeira

Celebramos o Día do Libro cunha folliña voandeira titulada "Bibliocienciando" coa que tamén queremos aportar o noso graniño de area ao Día da Ciencia no noso centro. Moitos parabéns aos organizadores deste! Por certo, no taboleiro da entrada do edificio de secundaria figuran expostas as guías de suxestións de ciencia que fomos elaborando dende a biblioteca ao longo destes últimos cursos e que tamén podedes atopar na nosa web e neste blogue.
E coma sempre, agardámosvos onde o mundo se chama biblioteca!

miércoles, 23 de abril de 2014

Elena Poniatowska recibiu o Cervantes

Vestida co traxe indíxena vermello e amarelo que lle confeccionaron mulleres de Juchitán (estado de Oaxaca, México), a escritora Elena Poniatowska recibiu hoxe o Premio Cervantes. A escritora mexicana, pronunciou un emocionante e emocionado discurso no que rematou lembrando ao seu marido, o astrónomo mexicano Guillermo Haro, cuxa vida vén de lembrar no seu libro El universo o nada.
Orixe da foto: http://es.wikipedia.org/wiki/Archivo:YampolskyBookPresentation16.JPG

Día do Libro 2014

As bibliotecas escolares galegas organizan numerosas actividades para esta data que poderás atopar aquí. Así mesmo, como en anos pasados, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica un  marcapáxinas para lembrar esta día cun texto inédito dunha autora ou un autor cedido para as Bibliotecas Escolares de Galicia. Este ano o texto é obra de Paco Martín, o autor de Das cousas de Ramón Lamote

E como nos gustan as palabras de Paco Martín: "A fiestra aberta ao ar vivificador, franca aos saberes, ao pensamento diverso, ao voo da imaxinación, á descuberta venturosa de novos mundos, ao espello substancial do propio ser... O libro!"

lunes, 21 de abril de 2014

García Márquez, sempre na lembranza

O pasado xoves faleceu o periodista e escritor colombiano Gabriel García Márquez, aos 87 anos de idade, en México DF.
O creador do inesquecible Macondo déixanos obras, xa clásicas da literatura mundial, como: Cien años de soledad, El coronel no tiene quien le escriba, Crónica de una muerte anunciada o El amor en los tiempos del cólera.
Quizais, a mellor homenaxe sexa ler ou reler a García Márquez, lembrar as páxinas que máis nos gustaron, as primeiras que lemos... Lembrar, por exemplo, como era Macondo cando Aureliano Buendía descubriu o xeo en Cien años de soledad:
"Macondo era entonces una aldea de veinte casas de barro y cañabrava construidas a la orilla de un río de aguas diáfanas que se precipitaban por un lecho de piedras pulidas, blancas y enormes como huevos prehistóricos. El mundo era tan reciente que muchas cosas carecían de nombre, y para mencionarlas había que señalarlas con el dedo. Todos los años, por el mes de marzo, una familia de gitanos desarrapados plantaba su carpa cerca de la aldea, y con un grande alboroto de pitos y timbales daban a conocer los nuevos inventos."
"Sin embargo, frente a la opresión, el saqueo y el abandono, nuestra respuesta es la vida. Ni los diluvios ni las pestes, ni las hambrunas ni los cataclismos, ni siquiera las guerras eternas a través de los siglos y los siglos han conseguido reducir la ventaja tenaz de la vida sobre la muerte."
Lembrar tamén La Galicia mágica de García Márquez, libro no que o xornalista e escritor Carlos Reigosa indaga sobre as posible orixes galegas de Tranquilina, a avoa de Gabo.
Orixe fotografía: http://es.wikipedia.org/wiki/Archivo:Gabriel_Garcia_Marquez.jpg

viernes, 11 de abril de 2014

I Parada Familiar de Xogos Tradicionais

O vindeiro 12 de abril celebrarase a I Parada Familiar de Xogos Tradicionais organizada polo CPI, o Concello e a ANPA.
Se queres saber máis sobre esta actividade podes atopar información neste blog e tamén na páxina de Brinquedia, organización da que o noso centro forma parte dende hai máis de dous meses.
Non queremos rematar sen aconsellarche dous libros de xogos tradicionais galegos: Chirlosmirlos. Enciclopedia dos Xogos Populares e Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza de Antón Cortizas. E xa sabes, se os queres consultar ou levar en préstamo, agardámoste onde o mundo se chama biblioteca... Por certo, se queres coñecer máis libros sobre o tema, non deixes de premer neste enlace.


jueves, 10 de abril de 2014

Espectaculares imaxes dunha erupción solar

Hai uns días vimos de coñecer unhas espectaculares imaxes captadas pola NASA dunha erupción solar.

Asombroso, non si? Se queres saber máis sobre a astronomía recomendámosche este enlace e tamén que te pases por ese lugar onde o mundo se chama biblioteca. Agardámoste.

Publicación dun libro inédito de Emilia Pardo Bazán

A USC (Universidade de Santiago de Compostela) e a RAG (Real Academia Galega) veñen de publicar  un libro inédito de Emilia Pardo Bazán en formato dixital: Apuntes de un viaje. De España a Ginebra. Nel, un noviña dona Emilia de 21 anos plasma as súas impresións  sobre unha longa viaxe de cinco meses.
Por certo, se queres saber máis sobre esta famosa escritora coruñesa recomendámosche o documental dedicado a ela da serie Mujeres en la historia.

Orixe da foto: Cervantes Virtual

miércoles, 9 de abril de 2014

O ano Greco

O 7 de abril de 1614 falecía en Toledo o pintor Doménikos Theotokópoulos, máis coñecido como el Greco. Con ocasión do IV centenario da súa morte realízanse interesantes actividades que nos permiten lembrar a este pintor, cuxa vida un seu seu bo amigo, Fray Hortensio Felix Paravicino, resumiu así:

Creta le dio la vida y los pinceles, 
Toledo mejor patria, donde empieza 
a lograr con la muerte eternidades.

lunes, 7 de abril de 2014

Actividades moi interesantes das bibliotecas

Vimos de ler que máis dun milleiro de alumnos e alumnas de Tui participou na V edición do Tui le, organizado conxuntamente pola Biblioteca Pública e as bibliotecas escolares dos centros educativos desta localidade. No blogue da biblioteca do IES San Paio e no do CEIP Plurilingüe de Guillarei podemos atopar información sobre esta actividade que, nesta ocasión, se desenvolveu no claustro gótico da catedral tudense.
Por outra banda, o pasado día 5 de abril celebrouse a XXIII entrega dos Premios da Irmandade do Libro e entre os galardoados figura o CPI Manuel Suárez Marquier do concello pontevedrés do Rosal.
Mentres, no IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz seguen preparando o Día das Letras Galegas e deixándonos interesantes materiais coma a canción "Esa lus".



E non podemos esquecer as interesantes propostas lectoras primaveiras que nos chegan dende outras bibliotecas escolares e que poderás atopar premendo aquí.
Parabéns a todos por tan interesantes actividades!

miércoles, 2 de abril de 2014

Día Internacional do Libro Infantil

O 2 de abril, día do nacemento do escritor  danés Hans Christian Andersen celébrase o Día Internacional do Libro Infantil. A IBBY (Internacional Board on Books for Young People) encarga a un autor a escritura dunha mensaxe e a un ilustrador o deseño dun póster. Este ano as elixidas son as irlandesas Siobhán Parkinson e Niamh Sharkey.