Centro

viernes, 24 de noviembre de 2017

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller foi aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa Resolución 50/134 o 17 de decembro de 1999. Co gallo desta data o alumnado de 3º e 4º de ESO do noso centro asistiu ao obradoiro Cartas de amor conducido por Gloria Serrato a partir das ilustracións da exposición homónima que se pode visitar na Casa do Concello.  Así mesmo, o alumnado de Infantil e Primaria participou nunha sesión de contacontos.




Lembrade que xa podes atopar as bases sobre o Certame Literario 25 de novembro, convocado polo EDLG e o Equipo da Biblioteca para 3º e 4º de ESO, na nosa web.

jueves, 23 de noviembre de 2017

Novembro de ciencia X: Ceos galegos

Ceos galegos é o nome dun calendario astronómico que coordina o físico Dosi Veiga e que recolle as mellores imaxes sobre o firmamento tomadas por fotógrafos galegos. Preme aquí se queres saber máis sobre este fermoso e didáctico calendario.

miércoles, 22 de noviembre de 2017

Lecturas de medo en secundaria


O pasado martes 31 levamos a cabo as nosas lecturas de medo en secundaria. Nesta ocasión escollemos un relato pertencente ao libro Os contos de terror do tío Montague de Chris Priestley. 


Ó cabo dun tempo que sempre se me facía eterno, e xusto cando me dispoñía a botarlle man outra vez á aldraba, abríase a porta e aparecía no limiar o tío Montague, coma sempre, termando dunha candea e sorríndome, acenándome para que entrase.
   –Non quedes aí ó frío, Edgar –díxome ese día, coma sempre–. Pasa, rapaz, pasa.
  Chris Priestley, Os contos de terror do tío Montague

Preme aquí se queres ler un anaquiño do libro e pasalo de medo co medo! E preme nestoutro enlace coa nosa web se queres ve algunha fotografía máis sobre esta actividade.

martes, 21 de noviembre de 2017

lunes, 20 de noviembre de 2017

Novembro de Ciencia VIII: Un ronsel de Ardora

Escolle a profesión que amas, traballa duro e con entusiasmo, e observa e ama a Nai Natureza.
Ángeles Alvariño

Un ronsel de Ardora é unha pequena biografía da científica María de los Ángeles Alvariño (Serantes, Ferrol 1916- San Diego 2005). A coñecida oceonógrafa ferrolá descubriu 22 especies novas de organismos mariños, participou en diversas expedicións científicas e foi profesora universitaria en México e Estados Unidos.


viernes, 17 de noviembre de 2017

O magosto


O 9 de novembro celebramos o magosto no noso centro como xa todos e todas sabedes. Se estades interesados en coñecer máis sobre esta festa tradicional atoparedes máis información nas entradas deste blogue que levan a etiqueta magosto.


miércoles, 15 de noviembre de 2017

Que fantasmada de libros!

Unha das actividades que organizan en Educación Infantil e Educación Primaria para o Samaín son as lecturas de medo. Este ano estiveron protagonizadas polas pantasmas e un castelo moi especial... Preme aquí se queres coñecer máis sobre esta actividade.


martes, 14 de noviembre de 2017

Novembro de ciencia VII: Mujeres de ciencia


  Rachel Ignotofsky proporciona a las mujeres jóvenes el coraje y la confianza necesarios para que sigan los excitantes caminos que estas pioneras recorrieron antes que ellas.
 Eileeeen Pollack

Un libro que nos acerca á vida e obra de cincuenta científicas dende a antigüidade ata hoxe: enxeñeiras, matemáticas, físicas, astrónomas, biólogas, astronautas...



viernes, 10 de noviembre de 2017

Día das Librerías

Hoxe celébrase a sétima edición do Día das Librerías. Este ano o lema escollido é "Deixa que che conten".


Novembro de Ciencia V: Begoña Vila premio María Wonenburger

A viguesa Begoña Vila vén de recibir o Premio María Josefa Wonenburger. A astrofísica da Cidade Olívica está especializada no estudo de galaxias residuais e reside en Estados Unidos onde traballa para a NASA. Begoña Vila é unha das principais responsables do telescopio espacial James Webb que  substituirá ao Hubble

Begoña Vila. Fonte: Xunta de Galicia
Para saber máis:

miércoles, 8 de noviembre de 2017

Novembro de Ciencia III: Robótica en Sansa

O pasado 25 de outubro catro alumnos e alumnas de 5º de EP, acompañados de dous dos seus profesores, participaron nunha reunión de traballo que se engloba dentro do programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en primaria". O alumnado realizou unha demostración do traballo que realizan en Robótica (materia de libre configuración en 4º de EP) e o seu profe Iván participou nunha mesa redonda sobre "Experiencias robótica en primaria". Podes atopar máis información, fotos e vídeos sobre esta actividade na nosa web.

Moitos parabéns ao alumnado e profesorado!


viernes, 3 de noviembre de 2017

Novembro de Ciencia II: Novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas

Da ciencia depende o futuro do noso planeta e o benestar de todos os seres que o habitan. Coida da ciencia, coida do planeta, coida do teu futuro: é a túa achega, é a nosa obriga.
 Peregrina Quintela Estévez
Un ano máis chega "Novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas". Este ano a encargada de redactar o pregón foi a matemática Peregrina Quintela Estévez quen gañou o Premio María Josefa Wonenburger Planells 2016. A matemática, especialista en matemática industrial, é tamén catedrática na USC. 

Para saber máis:

Novembro de Ciencia: VIII Día da Ciencia en Galego

O vindeiro día 4 de novembro Igaciencia invítanos a celebrar o VIII Día da Ciencia en Galego que este ano está adicado ás viaxes científicas. Tamén se homenaxea a Charles Darwin e a Domingo Fontán quen, coma moitos xa sabedes, foi o autor do primeiro mapa topográfico científico de Galicia.

Para saber máis:

jueves, 2 de noviembre de 2017

As pantasmas na biblio!

As pantasmas na biblio é o título do primeiro boletín de novidades de lecturas para Educación Infantil e Primaria deste curso. Unha selección de libros moi especial dedicada ás pantasmas, porque estas son as protagonistas das lecturas de medo co gallo do Samaín. Preme aquí para coñecer o boletín e pasalo de medo co medo.

martes, 31 de octubre de 2017

lunes, 30 de octubre de 2017

Lecturas de medo

Mañá no tempo de lecer de antes de xantar teremos na sala de secundaria unha sesión moi especial de lectura: un conto de medo... E cal será? Convidámosvos a todos e todas a pasar e participar na lectura.
E por se queredes seguir coas lecturas de medo, aquí tedes o enlace cunha guía de lecturas para pasalo de medo co medo que elaboramos para o alumnado de secundaria no ano 20015.

miércoles, 25 de octubre de 2017

Onde o mundo se chama biblioteca IV: os nosos marcapáxinas

Unha das actividades previstas para celebrar o Día da Biblioteca era o obradoiro de marcapáxinas. Pois ben, onte levámolo a cabo e estes son algúns dos resultados aínda pendentes de rematar.

Moitas grazas a todas e todos os participantes!





martes, 24 de octubre de 2017

Onde o mundo se chama biblioteca III: feliz Día da Biblioteca

Xa chegou o Día da Biblioteca e coma todos os anos A Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte conmemora esta data cun pregón e un cartel. Este ano o autor do pregón é Alejandro Palomas e o do cartel Manuel Marsol.

Hoy es un día especial. Celebramos el Día de las Bibliotecas y celebramos también que cientos, miles de Mary Poppins sin alas velan por los libros que las habitan para que no se mueran ni se vayan, e Ismael siga creyendo que la vida está en los libros y su reflejo fuera. Hoy es el día en que, un año más, la magia se renueva y todas las bibliotecarias y bibliotecarios del mundo se saludan con una mirada cómplice y un largo. hermoso y tierno:


“Supercalifragilísticoespialidoso”.
 Alejandro Palomas



lunes, 23 de octubre de 2017

miércoles, 18 de octubre de 2017

María Solar

Hai uns días escribiamos aquí sobre un interesante programa de libros que comezou a emitirse o pasado mes de setembro na Radio Galega: Chamando á terra. Pois ben, hoxe queremos comezar unha serie de entradas nas que lembramos a obra narrativa de María Solar, a súa presentadora.
Foto: Eduardo Castro Bal
Para saber máis sobre a autora:

jueves, 28 de septiembre de 2017

Chamando á terra

Coñecemos a través do blogue Rede Lectura  o comezo das emisións dun novo programa dedicado aos libros na Radio Galega: Chamando á terra.






Por certo, o programa está presentado pola xornalista e escritora María Solar.


miércoles, 27 de septiembre de 2017

Aprender a pensar coa biblioteca escolar

"Aprender a pensar coa biblioteca escolar" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezos deste curso con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. 


Deixámosvos o cartel que, este curso, foi elaborado polo ilustrador Xosé Tomás.




martes, 26 de septiembre de 2017

Onde o mundo se chama biblioteca

Un curso máis volvemos a "abrir" este blogue para contarvos as novidades e outros eventos deste lugar onde o mundo se chama biblioteca.

Fairy tales de Mary Gow
Benvidos e benvidas!
Agardámosvos onde o mundo se chama biblioteca!

viernes, 30 de junio de 2017

Feliz verán

E toca despedirnos e desexarvos un feliz verán cheo de bos momentos e moitas lecturas. Este ano eliximos un cadro do pintor danés Carl Frederik Aagaard e un poema de Avilés de Taramancos.

Amalfi de Carl Frederik Aagaard


Se solto a voz no mar, volve-se ceive,
medra no vento, e vén
desde unha hora antiga, ainda diáfana,
traendo a miña voz doutras idades.
O ámbito é permanente:
Fica ese eco do cantar da ria
e o renxer do velámio da goleta.
Estou a ollar do fenestral que sempre
se me abre nos ollos cando amo,
vexo xente pasar, a miña xente:
O mariñeiro co liñó na man,
meu pai no paquebote
—ese castelo que por sempre cruza
polo meu corazón como unha auséncia—.
Está presente o mar e estou presente,
algo non limitado nos aferra:
No mar doutro confin teño bicado
a mesma onda que me bica agora
e manseliñamente
escáncio a dor que me feriu daquela.
Conversamos.
E brinco de rapaz pola ribeira.

Avilés de Taramancos, As torres no ar

jueves, 29 de junio de 2017

Roteiro Valle-Inclán

E agora que xa estamos no verán queremos continuar lembrando a Valle-Inclán cun roteiro virtual que nos levará por algúns dos lugares da Ría de Arousa nos que ambientou parte da súa obra.


miércoles, 28 de junio de 2017

Charla-coloquio con Francisco Castro: dedicatoria do libro a Paula

O outro día puidestes ler a crónica da charla-coloquio de Francisco Castro escrita por Nerea, pois ben, hoxe queremos deixarvos unha foto moi especial que chegou a nós grazas a Paula, a quen está dedicado este exemplar de Tes ata as dez... Unha novela na que, por certo, tamén aparecen Verne e Vigo.

Mil grazas a Paula e Nerea por compartir con nós esta xornada tan especial!

martes, 27 de junio de 2017

Ata sempre

Pasou xa outro curso e nós atopámonos de novo cunha despedida: a do noso alumnado de 4º de ESO e a dalgúns dos profesores e profesoras que tamén cambian de centro. Querémoslles desexar o mellor e deixarlles un pequeno agasallo musical do último Nobel de Literatura, Bob Dylan. Trátase dunha canción moi especial, xa que o cantautor estadounidense a escribiu en 1966 para un dos seus fillos.

                  
Mais, agora que estamos escribindo isto, pensamos: pero coma despedirnos do alumnado de 4º de ESO sen unha das "nosas cancións preferidas" que ata algúns e algunhas cantaron? Así que vaia un dobre agasallo musical co poema de Cunqueiro xa convertido nun clásico da canción en galego e xa sabedes: un cordial saúdo, feliz verán e ata sempre!

lunes, 26 de junio de 2017

Escribir, soñar, todo é o mesmo: charla-coloquio con Francisco Castro


O pasado venres 26 de maio algunhas das nosas alumnas participaron nunha charla-coloquio con Francisco Castro organizada pola Librería Brétema e o café DZINE. Hoxe querémosvos presentar a crónica daquela xornada escrita por Nerea:

Con ese título daba comezo a unha amena charla Francisco Castro na que os minutos parecían esvaecerse. Cunha introdución na que falaba sobre a perda do galego, o cal volve a figurar na lista das linguas en perigo de extinción. Tamén comentou o pouco uso que se lles dá e a incapacidade dos autores galegos que escriben na súa lingua nativa para vivir disto. Alentando ao uso da nosa lingua o recente director da editorial Galaxia dicía: “Se perdemos a nosa lingua, perdémolo todo”. O outro tema do que falou principalmente foi a literatura e o significado desta para si. Da conexión que esta ten co mundo interior e fantástico de cada un.
Tamén falou sobre algún dos seus libros como Tes ata as dez, Amor é unha palabra coma outra calquera ou Chamádeme Simbad. Deles estivo explicando como chegara a conseguir aqueles argumentos e o que significaban para el. Finalmente abriuse unha ronda de preguntas nas que se falou da inspiración e do compaxinamento do seu novo posto na editorial, na que leva dez anos traballando, coa súa vida de autor.
Nerea, 4º ESO

Paula e Francisco Castro no acto