Centro

martes, 28 de abril de 2020

viernes, 24 de abril de 2020

jueves, 23 de abril de 2020

lunes, 20 de abril de 2020

Luz Pozo Garza


«A súa presenza destilaba o mesmo que a súa poesía: delicadeza e verdade.»
Francisco Castro
Hoxe soubemos do pasamento da poeta Luz Pozo Garza. Luz naceu en Ribadeo preto do mar, dese mar sempre tan presente na súa poesía, o 21 de xullo de 1922.

Amei a mar de Vigo.
Amei a luz que modifica a doctrina dos astros
a total curvatura que da unidade ás formas
cando a badía nace cada mañá
e ti agardabas.
Foi o móbil primeiro
Luz Pozo Garza. Códice Calixtino



O páxaro na boca, Códice Calixtino, Vida secreta de Rosalía... Libros de poesía intimista no que o amor vitalista e a saudade se van sucedendo no tempo simbolizados pola luz e a sombra. 

De balde fora o devecer aquel.
A pregunta sen eco que ten forma de enigma.
Aló calara a chuvia
onde o tempo semella unha curva implacábel.
Luz Pozo Garza, Concerto de outono

 

A poesía de Luz era unha poesía tamén na que a Música tiña un importante papel. 
Aquel vello piano noite e tempo
de madeiras exóticas que cercaban a infancia
conserva a transparencia do primeiro Chopin
nun reino fuxitivo onde pasan as sombras en claves sucesivas.
Luz Pozo Garza, Códice Calixtino

Mais falar de Luz Pozo Garza é falar tamén da ensaísta, da directora da revista Nordés, da profesora que achegou a literatura a tantos alumnos e alumnas coma Manuel Rivas:
 
«Con ela chegaba unha estación nova; entraba na clase tranquilamente a primavera»
Manuel Rivas 


O ar semellaba unha camelia branca
que se tornase en chuvia en sombra en pura ausencia.
Luz Pozo Garza, Códice Calixtino

viernes, 17 de abril de 2020

Semana do libro

E ninguén le o mesmo libro, porque os libros fálannos distinto a cada un de nós.
Manuel Gago. 
 
O vindeiro xoves conmemoramos o Día Mundial do Libro. As bibliotecas escolares galegas teñen numerosas propostas que podedes consultar aquí.


Así mesmo, coma cada ano, a  Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional edita o díptico para conmemorar esta data. Este ano o autor do texto é Manuel Gago e o da imaxe Harold Iglesias. Unha magnífica idea celebrar esta data cun texto que nos axuda a reflexionar e unha fotografía dun chasco común. 




jueves, 16 de abril de 2020

Aulas Galegas

Aulas Galegas é un portal educativo creado por profesorado no que podemos atopar diversos recursos, actividades e materiais educativos en galego. Preme aquí para acceder a súa web.

miércoles, 15 de abril de 2020

miércoles, 1 de abril de 2020

Día Internacional do Libro Infantil

O 2 de abril, data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen,
conmemoramos o Día Internacional do Libro Infantil.



Este ano correspóndelle á sección de Eslovenia representar ao IBBY a través do texto de Peter Stepina e do cartel de Damijan Stepancic.