Hai uns días escribiamos aquí sobre un interesante programa de libros que comezou a emitirse o pasado mes de setembro na Radio Galega: Chamando á terra. Pois ben, hoxe queremos comezar unha serie de entradas nas que lembramos a obra narrativa de María Solar, a súa presentadora.
Mostrando entradas con la etiqueta NARRATIVA GALEGA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NARRATIVA GALEGA. Mostrar todas las entradas
miércoles, 18 de octubre de 2017
martes, 3 de marzo de 2015
Hoxe visitounos Andrea Maceiras
Hoxe visitounos Andrea Maceiras para falarnos dos seus libros Volverás, golfiño e Nubes de evolución. Agradecémoslle moito a súa presenza que nos permitiu relembrar esas dúas lecturas que tanto nos agradaron; preguntar as nosas dúbidas; escoitala falar dos seus comezos coma escritora e da importancia da lectura nestes, das marabillosas paisaxes da Costa da Morte, da solitaria estación nas que tres persoas se entrecuzan para ver desparecer as nubes que as perseguen... Mil grazas, Andrea.
lunes, 2 de marzo de 2015
Visita Andrea Maceiras
Mañá visítanos Andrea Maceiras para falarnos de dúas das súas novelas: Volverás, golfiño e Nubes de evolución. Co gallo da súa presenza elaboramos unha presentación que podes atopar na nosa web. Ademais, tamén o blogue do noso club de lectura se fai eco da súa visita. Deixámosvos unha entrevista que lle fixeron alumnos do IES de Cuntis.
martes, 13 de enero de 2015
Taboleiro do libro galego
Atopamos en Rede Lectura o taboleiro do libro galego, correspondente ao mes de decembro, publicado polo blogue Caderno da crítica de Ramón Nicolás.
jueves, 30 de octubre de 2014
Outono literario III
Aínda que non chegou o mes de San Martiño, novembro, non nos resistimos a traer hoxe aquí uns anaquiños de "O outono en Galicia" das Prosas galegas de Florentino López Cuevillas:
"Vide a Galicia no mes de San Martiño, se queredes ver como se murchan os follatos das cepas. Vide a Galicia no mes de San Martiño, se queredes ver fumega-los lumes dos magostos.
É nas ribeiras da nosa terra, onde o outono pinta os seus cadros. Son, primeiro, só uns lixos roxos que estouran entre as viñas como estouran os foguetes no medio da noite; e veñen logo, outros lixos marelos e mourados e verdegados; e deseguida, onde había antes unha viña, hai agora un xardín. E os xardíns xorden axiña, preto e lonxe. Hainos pequerrechos, case coma un pano, mais de tal xeito ledos nas súas cores, que os piñeiros que os rodean quédanse pampos ó miralos. Hai outros que se tenden polas ladeiras estesas e que semellan tapices persas, que un mago do Irán fixese nacer para afuxenta-la súa morriña. E hainos que baixan polos cadoiros dun río de crisantemos."
Florentino L. Cuevillas, Prosas galegas, Galaxia
miércoles, 29 de octubre de 2014
In memoriam Begoña Caamaño
O pasado 27 de outubro faleceu a xornalista e escritora Begoña Caamaño. A viguesa, que se deu a coñecer como escritora serodiamente, é autora das novelas Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle.
Ramón Nicolas lembrábaa onte nun artigo en La Voz de Galicia así:
"Disque Penélope tecía e destecía. Begoña Caamaño, nun momento dado,
decidiu asumir un reto: tecer palabras para construír un marabilloso
tapiz, rabenado dolorosamente onte, que escintila en Circe ou o pracer
do azul e mais en Morgana en Esmelle."
Sit tibi terra levis.
viernes, 14 de marzo de 2014
Marcos Calveiro
O próximo luns visítanos Marcos Calveiro para falarnos de dúas das súas obras: Palabras de auga e O pintor do sombreiro de malvas. Na nosa web atoparás máis información sobre a súa visita e unha guía de lectura.
Créditos da fotografía: http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Marcos_Calveiro_%28AELG%29-2.jpg
Suscribirse a:
Entradas (Atom)