O pasado xoves a nosa comunidade educativa participou nunha actividade moi especial: "Eclipse en Sansa". Preme aquí se queres saber máis.
Mostrando entradas con la etiqueta ASTRONOMÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ASTRONOMÍA. Mostrar todas las entradas
lunes, 14 de junio de 2021
jueves, 23 de noviembre de 2017
Novembro de ciencia X: Ceos galegos
Ceos galegos é o nome dun calendario astronómico que coordina o físico Dosi Veiga e que recolle as mellores imaxes sobre o firmamento tomadas por fotógrafos galegos. Preme aquí se queres saber máis sobre este fermoso e didáctico calendario.
viernes, 10 de noviembre de 2017
Novembro de Ciencia V: Begoña Vila premio María Wonenburger
A viguesa Begoña Vila vén de recibir o Premio María Josefa Wonenburger. A astrofísica da Cidade Olívica está especializada no estudo de galaxias residuais e reside en Estados Unidos onde traballa para a NASA. Begoña Vila é unha das principais responsables do telescopio espacial James Webb que substituirá ao Hubble.
![]() |
| Begoña Vila. Fonte: Xunta de Galicia |
Para saber máis:
miércoles, 16 de marzo de 2016
Caroline Herschel
Hoxe o doodle de Google lembrábanos que tal día coma hoxe de hai 266 anos nacía en Hannover (Baixa Saxonia, Alemaña) a astrónoma e soprano Caroline Herschel.
Os medios de comunicación fíxéronse eco da efeméride:
Vídeo atopado aquí.
Os medios de comunicación fíxéronse eco da efeméride:
- "Caroline Herschel: soprano y astrónoma" en El País (16 de marzo de 2016).
- "Caroline Herschel, primera astrónoma profesional y gran soprano" en La Opinión (16 de marzo de 2016).
- "Caroline Herschel, la mujer astrónoma" na web de RTVE.
Nós querémosvos recomendar dous libros a aqueles e aquelas que esteades interesados na súa figura e na das mulleres científicas: Las astrónomas chicas estrella de Sara Gil Casanova e Las pioneras de Rita Levi-Montalcini e Giuseppina Tripodi.
Vídeo atopado aquí.
viernes, 2 de octubre de 2015
Time-lapse da eclipse de lúa
A través de Naukas coñecemos un fascinante Time-lapse ,sobre a eclipse de lúa do pasado 28 de setembro, elaborado por Fernando Cabrerizo da Sociedad Astronómica Syrma (Valladolid). Preme aquí para velo. Por certo, en Meteosansa poderás atopar os interesantes traballos realizados por algúns dos vosos compañeiros e compañeiras sobre esta acontecemento astronómico.
viernes, 25 de septiembre de 2015
Eclipse de Lúa
Como xa sabedes na noite do próximo domingo ao luns terá lugar unha eclipse total de Lúa. Este vídeo da NASA explícanos todos os detalles desta.
Nos seguintes enlaces poderedes atopar máis información sobre este e outros acontecementos astronómicos.
Nos seguintes enlaces poderedes atopar máis información sobre este e outros acontecementos astronómicos.
- "Eclipse de Lúa" en GCiencia.
- "Supermoon Eclipse" en NASA.
- "Eclipse total de Luna del día 28 de septiembre". Anuario del Observatorio Astronómico 2015.
- "Eclipse total de Lúa" do 28 de setembro de 2015 en Observatorio Ramón María Aller (USC).
- Selección de lecturas sobre astronomía en Canal Lector.
- Entradas sobre astronomía en Bibliosansa.
- Fondos da nosa biblioteca sobre astronomía.
miércoles, 22 de abril de 2015
Día da Terra
Hoxe conmemoramos o Día Internacional da Terra e nós queremos sumarnos a esta celebración cuns cantos enlaces e un vídeo moi especial.
- 22 de abril. Día Internacional de la Tierra (INTEF).
- "Diez datos fascinantes sobre el planeta Tierra" en BBC Mundo
- Doodle de Google
- Cuestionario en Europa Press
- ¿Se puede vivir sin contaminar? (Europa Press)
- Galería de fotografías publicadas pola NASA (BBC)
Para rematar, deixámosvos un vídeo da NASA que nos amosa o noso planeta visto dende a Estación Espacial Internacional.
E tamén, un poema de Juan Ramón Jiménez:
E tamén, un poema de Juan Ramón Jiménez:
UN CLIMA
Está el cielo tan bello,
que parece la tierra.
(Dan ganas de volver
los pies y la cabeza.)
Está el cielo tan bello,
que parece la tierra.
(Dan ganas de volver
los pies y la cabeza.)
jueves, 19 de marzo de 2015
Preparándonos para a eclipse
Xa resta menos para o venres 20 de marzo no que poderemos asistir á eclipse de sol. No blogue Meteosansa podedes atopar información sobre este fenómeno e enlaces a métodos seguros para poder observalo, xa que cómpre moita precaución, tal e como nos lembran na entrada titulada "Galicia asiste ao espectáculo da eclipse de Sol" en GCiencia: " A eclipse deberá de observarse coas debidas precaucións, advirte o director do Observatorio da USC José Ángel Docobo, e ter especial coidado cos mais novos dado que ese día, curiosamente tamén o último do inverno, non será lectivo."
Enlaces de interese:
- Meteosansa
- Entradas sobre "astronomía" en Bibliosansa
- "Así se verá a eclipse" en GCiencia
- "Eclipse" en GCiencia
- Enlaces sobre a eclipse no blogue pamplonetario
- "Los minisatélites de la ESA observarán el eclipse del viérnes" en ESA (European Space Agency)
- NASA Eclipse Web Site
- "El eclipse" conto de Augusto Monterroso
- "Poemas do sol". Selección poética realizada polo EDLG e polo Equipo de biblioteca do CEIP de Quintela
jueves, 12 de febrero de 2015
Fascinantes vídeos sobre o sol
Atopamos en Europa Press dous fascinantes vídeos difundidos pola NASA para conmemorar os 5 anos no espazo do SDO (Observatorio de Dinámica Solar).
martes, 10 de febrero de 2015
A outra cara da lúa
A través da BBC coñecemos un vídeo da outra cara da lúa divulgado pola NASA.
Non sabemos o que pensaría Jules Verne, un dos primeiros en soñar con visitar o noso satélite e en escribir unha novela sobre unha viaxe a este que foi publicada por entregas no Journal des débats politiques et littéraires. Referímonos por suposto a Da terra á lúa.
Non sabemos o que pensaría Jules Verne, un dos primeiros en soñar con visitar o noso satélite e en escribir unha novela sobre unha viaxe a este que foi publicada por entregas no Journal des débats politiques et littéraires. Referímonos por suposto a Da terra á lúa.
jueves, 22 de enero de 2015
Poesía e astronomía
Con isto do cometa Lovejoy entráronnos ganas de saber algo máis sobre a poesía e a astronomía. Así que, vos deixamos uns versos dun poema do poeta nicaragüense Ernesto Cardenal e algúns enlaces de interese.
El cántico de los cánticos
Enlaces de interese:En el principio ...
El Big Bang.
Remontémonos al primer origen, la chispa
de donde todo viene:
no existía materia ni movimiento ni espacio ni tiempo.
Y la Gran Explosión.
Un comienzo definido en el tiempo
y un comienzo definido del tiempo
y el espacio nació curvo como un huevo.
Primero un universo muy pequeño. Imaginemos
mil millones de toneladas en el tamaño de una aceituna.
Después, la primeras reacciones nucleares:
unos neutrones y protones por pares
procreando núcleos de deuterio.
Cuando el universo tendría un millón de años
aparecieron los átomos (núcleo con electrón).
Un electrón girando alrededor de un núcleo.
Cuando el universo se llenó de átomos
se volvió transparente y la luz ya pudo pasar
de un extremo al otro del universo.
Ni galaxias ni estrellas ni planetas existían todavía.
El principio
fue que el amor se convirtió en energía.
Ernesto Cardenal, Cántico cósmico, 1992
"Astronomía y poesía" Biblioteca Escolar CPI Luis Díaz Moreno.
Astronomía poética.
Uni-Versos en Vía Láctea s/n
miércoles, 21 de enero de 2015
Lovejoy, o cometa verde
O cometa Lovejoy, o cometa verde, "visítanos", coma seguramente moitos de vós sabedes. Ao longo do mes de xaneiro o cometa Lovejoy (c/2014 Q2), descuberto polo astrónomo afeccionado autraliano Terry Lovejoy o 17 de agosto de 2014, pode observarse en todo o planeta, especialmente no Hemisferio Norte. Por certo, Lovejoy, quen con este leva reportados cinco cometas, utilizou un pequeno telescopio de 20 cm. de diámetro.
Así que animádevos a buscalo no ceo (se queredes verlle a verde cola teredes que usar uns prismáticos) e tamén a pasar pola biblioteca onde podedes atopar interesantes libros sobre astronomía.
Deixámosvos uns cantos recursos e enlaces de interese:
- O cometa Lovejoy en GCiencia.
- Cometa Lovejoy. Entrada moi interesante escrita por Miquel Serra Ricart no blogue Vía Láctea s/n do IAC (Instituto de Astrofísica de Canarias).
- Observatorio Astronómico Ramón María Aller Ulloa (USC). Ademais nesta web podes atopar enlaces de moito interese e material didáctico sobre astronomía.
- O Cazador, o Touro e Lovejoy en APOD Galego.
- Historias del cielo. La astronomía a través de los mitos.
jueves, 15 de enero de 2015
Os fitos mundiais da ciencia en 2014
Atopamos en GCiencia a lista elaborada polas revistas Science e Nature sobre os fitos máis relevantes da ciencia no ano 2014. As dúas prestixiosas revistas científicas coinciden en que a aterraxe do módulo Philae da sonda espacial Rosetta foi a nova do ano.
CC-BY 3.0 - File:Philae over a comet.jpg (https://www.flickr.com/photos/dlr_de/11963394924)
viernes, 28 de noviembre de 2014
Novembro Mes da Ciencia en Galego XI: A NASA en galego
Atopamos na web GCiencia unha sección titulada "A NASA en galego" que nos permite acceder á versión galega do Astronomical Picture Of the Day da NASA que ofrece unha fotografía
astronómica diaria acompañada dun texto escrito por un astrónomo
profesional. APOD Galego é unha das pezas da comunidade AstroGalicia,
un espazo para astrónomos afeccionados.
Non deixes de ver as espectaculares fotografías que nos amosan!
viernes, 14 de noviembre de 2014
Novembro Mes da Ciencia en Galego IV: Funes, o inventor da lúa
En GCiencia atopamos a nova do estreo dun documental sobre Eugenio Funes, un inventor galego que chegou a traballar para a Nasa: Funes, o inventor da lúa. Enrique Otero lembra neste documental a figura deste home, nacido en Quiroga (Lugo), que tivo un papel importante na carreira espacial.
Se che interesa a súa figura neste enlace podes atopar máis información e nestoutro poderás escoitar unha entrevista co director do documental.
jueves, 13 de noviembre de 2014
Lembrando a Carl Sagan despois da aterraxe de Philae
Aínda que sexa un pouco tarde, queremos unirnos á homenaxe do científico e divulgador Carl Sagan, quen tería cumprido 80 anos de estar vivo o 9 de novembro e quen, con seguridade, tería estado moi contento onte.
Sagan fíxose mundialmente famoso a principios do 80 coa serie de televisión Cosmos, un prodixio de divulgación científica que aínda hoxe é lembrada por moitos pola súa rigorosidade e amenidade e que, por certo, podedes atopar na nosa biblioteca. Posteriormente, publicaría un libro co mesmo nome baseado na amentada serie documental.
Sagan fíxose mundialmente famoso a principios do 80 coa serie de televisión Cosmos, un prodixio de divulgación científica que aínda hoxe é lembrada por moitos pola súa rigorosidade e amenidade e que, por certo, podedes atopar na nosa biblioteca. Posteriormente, publicaría un libro co mesmo nome baseado na amentada serie documental.
Carl Sagan non só debe de ser un dos homes que máis vocacións científicas espertou na segunda metade do século XX, senón que tamén contribuiu a achegar á ciencia a todos os espectadores coa determinación que só podía ter un home que afirmou isto: "La ciencia no es perfecta, con frecuencia se utiliza mal, no es más que
una herramienta, pero es la mejor herramienta que tenemos: se corrige a
sí misma, está siempre evolucionando y se puede aplicar a todo. Con
esta herramienta conquistamos lo imposible."
Onte unha vez máis fíxose certa esa afirmación de Sagan con Philae e a súa aterraxe no cometa 67P/Churyamov-Gerasimenko!
Onte unha vez máis fíxose certa esa afirmación de Sagan con Philae e a súa aterraxe no cometa 67P/Churyamov-Gerasimenko!
miércoles, 12 de noviembre de 2014
Un día histórico: Rosetta e Philae
Hoxe é un deses días que seguramente figurarán na historia, xa que por primeira vez un enxeño espacial creado polos seres humanos vai aterrar nun cometa. Trátase do módulo, Philae, da sonda espacial Rosetta (nomeada así en homenaxe á pedra de Rosetta que permitiu a Champollion descifrar os xeroglíficos exipcios) que foi lanzada o 2 de marzo de 2004 pola Axencia Espacial Europea (ESA).
A continuación deixámosche algúns enlaces de interese relacionados con tan importante e histórica nova:- ESA (Axencia Espacial Europea)
- Historia da misión na web da BBC.
- Importancia do cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko na web da BBC.
- Selfie da nave e o cometa na web da BBC.
- Entrevista no xornal El País con Martin Kessler, xefe de operacións do Directorado de ciencia da Axencia Espacial Europea, na que nos explica a importancia desta misión.
- Explicación sobre a aterrizaxe de Philae no blogue Eureka do astrofísico e divulgador científico canario Daniel Marín.
lunes, 10 de noviembre de 2014
Novembro Mes da Ciencia en Galego III: Ramón María Aller Ulloa
Sabemos que algúns e algunhas tendes moito interese en saber máis sobre astronomía, polo que hoxe queremos lembrar a Ramón María Aller Ulloa, concretamente cun vídeo da serie "Historias de Galicia" da TVG no que se recorda a figura do famoso astrónomo galego natural de Lalín cuxo nome leva un IES da localidade.
Aller Ulloa fundou en 1943 o observatorio da USC (Universidade de Santiago de Compostela). Por outra banda, Don Ramón María foi un divulgador e un reivindicador da obra de Jośe Rodríguez González, matemático e agrónomo homenaxeado este ano no V Día da Ciencia en Galego, lalinense coma el.
Aller Ulloa fundou en 1943 o observatorio da USC (Universidade de Santiago de Compostela). Por outra banda, Don Ramón María foi un divulgador e un reivindicador da obra de Jośe Rodríguez González, matemático e agrónomo homenaxeado este ano no V Día da Ciencia en Galego, lalinense coma el.
lunes, 6 de octubre de 2014
A volta á Terra nun minuto
Atopamos na web da BBC un time-lapse elaborado pola Axencia Espacial Europea (ESA) a partir das fotos enviadas polo astronauta alemán Alexander Gerst. Se queres velo preme aquí.
E aproveitamos para lembrarvos algúns dos libros sobre astronomía que podedes atopar na biblioteca: As vidas de Galileo: viaxe pola historia da astronomía de Fiami, Astronomía práctica e outras cousas de Ramón Vilalta, Los porqués de la astronomía de Paul Martin e Monike Czarneki, Las astrónomas chicas estrella de Sara Gil Casanova, Galileo el astrónomo de Esteban Rodríguez Serrano, Guía del joven astrónomo e ¿Qué sabían los antiguos sobre los astros? de Isaac Asimov...
Xa sabes, agardámoste na biblioteca e se queres consultar os libros sobre este tema só tes que ir aos nosos catálogos, premer en busca avanzada e escribir en "tema" astronomía. Lembrámosche que para acceder aos catálogos debes premer neste enlace ou nestoutro.
lunes, 7 de julio de 2014
Espectaculares imaxes cósmicas
O ESO,
European Southern Observatory, proporciónanos espectaculares imaxes cósmicas dentro do programa Cosmic Gems. Cómpre lembrar que a ESO é a principal organización astronómica intergubernamental de Europa.
Por outra banda, vimos de coñecer a través da BBC os finalistas do concurso Fotógrafo Astronómico do Real Observatorio de Greenwinch (Londres).
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)





.jpg)
