O Día da Radio trouxo consigo moitos programas coma poderás comprobar nos seguintes enlaces.
Mostrando entradas con la etiqueta RADIO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RADIO. Mostrar todas las entradas
martes, 19 de febrero de 2019
jueves, 14 de febrero de 2019
Día Mundial da Radio II
Onte, coma xa sabedes, conmemoramos o Día da Radio dunha maneira moi especial. Parabéns aos participantes.
miércoles, 13 de febrero de 2019
Día Mundial da Radio
Hoxe é o Día Mundial da Radio e dende Ponte... nas ondas! convídannos tamén a celebralo.
O noso centro participa nesta xornada tan especial con dous podcasts gravados polo alumnado de 3º e 4º de EP e un programa en directo realizado por alumnado de secundaria. Atoparás máis información sobre estas actividades na nosa web.
lunes, 21 de mayo de 2018
Maio de Letras Galegas XI: Radio SanSa
Xa tedes dende hai uns días o programa especial de Radio SanSa das Letras Galegas. Premede aquí se queredes escoitalo e lembrade que no apartado "programas" da páxina de radio tedes acceso ás emisións anteriores.
Parabéns a Radio Sansa!!!
martes, 20 de marzo de 2018
Libros que van chegando: O bosque Pálido de Jaureguízar
Os pais de Lidia deciden enviala á Illa Fog, un lugar coma o seu nome indica sempre cuberto de néboa. Alí Lidia coñecerá o segredo que os seus habitantes agochan e coñecerá o amor.
Etiquetas:
LITERATURA GALEGA,
LIX,
LIX. LITERATURA GALEGA,
RADIO,
SUXESTIÓNS,
SUXESTIÓNS DE LECTURA,
SUXESTIÓNS DE LECTURA +12,
SUXESTIÓNS DE LECTURA ESO
viernes, 2 de marzo de 2018
Día de Rosalía: Abride a fiestra! V
![]() |
Rosalía debuxada pola súa filla Alejandra |
Son numerosos os medios de comunicación que se fixeron eco do Día de Rosalía. Como non podemos reseñalos todos, escollemos un programa de radio sobre o mundo literario galego presentado por María Solar: Chamando á Terra (24/02/2018).
martes, 20 de febrero de 2018
Participación no Día Mundial da Radio
O noso centro fíxose eco da iniciativa de Ponte.... nas Ondas! para participar no Día Mundial da Radio, escollendo coma tema o xogo tradicional. Xa podedes escoitar na nosa web as gravacións realizadas polo momento, xa que hai algunhas pendentes.
jueves, 19 de octubre de 2017
A verdadeira historia da mosca da tele
Coñeces moitos libros que teñan coma protagonista a unha mosca da tele? Pois ben, aquí tes un. Esta mosca vai emprender unha particular viaxe que a levará a coñecer moitos insectos e vivir numerosas aventuras.
Para saber máis:
Etiquetas:
LITERATURA GALEGA,
LIX,
LIX. LITERATURA GALEGA,
MEDIOS DE COMUNICACIÓN,
RADIO,
RECURSOS,
RECURSOS LINGUA GALEGA,
SUXESTIÓNS DE LECTURA,
SUXESTIÓNS DE LECTURA+10,
TELEVISIÓN
miércoles, 18 de octubre de 2017
María Solar
Hai uns días escribiamos aquí sobre un interesante programa de libros que comezou a emitirse o pasado mes de setembro na Radio Galega: Chamando á terra. Pois ben, hoxe queremos comezar unha serie de entradas nas que lembramos a obra narrativa de María Solar, a súa presentadora.
jueves, 28 de septiembre de 2017
Chamando á terra
Coñecemos a través do blogue Rede Lectura o comezo das emisións dun novo programa dedicado aos libros na Radio Galega: Chamando á terra.
Por certo, o programa está presentado pola xornalista e escritora María Solar.
Por certo, o programa está presentado pola xornalista e escritora María Solar.
martes, 18 de abril de 2017
Lembrando o Galician Programme
O 14 de abril de 1947 ás 23:45 comezaba a primeira programación radiofónica estable en galego. Tratábase dun espazo que se emitía cada tres semanas dentro do "Spanish Programme da BBC. Si, coma moitos de vós xa observariades emitíase dende Londres. Na web da RAG atoparás máis información ao respecto.
lunes, 13 de febrero de 2017
Día Mundial da Radio
Para saber máis:
- Sitio oficial da UNESCO para o Día da Radio.
- Infografía: ¡La radio eres tú!
- Ponte...nas ondas
- Radio SanSa.
miércoles, 23 de noviembre de 2016
Novembro Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas IV: Efervesciencia
Efervesciencia é un programa de divulgación científica emitido pola Radio Galega os domingos de 15:00 a 16:00. Preme aquí se queres acceder aos podcasts deste interesante espazo radiofónico.
lunes, 3 de octubre de 2016
Parabéns Mafalda
No tiene importancia lo que yo pienso de Mafalda. Lo importante es lo que Mafalda piensa de mí.
Julio Cortázar
- "Mafalda: 52 años de reflexiones y quejas para cambiar el mundo" en Europa Press.
- "Mafalda, una niña de 52 años" en Acontece que no es poco en La Ventana Cadena Ser.
jueves, 11 de febrero de 2016
Día Mundial da Radio
O 19 de outubro de 2011 a Conferencia Xeral da UNESCO proclamou o 13 de febreiro Día Mundial da Radio. Este ano o tema é: "A radio en tempos de desastre e emerxencia".
Nós unímonos a esta conmemoración cuns poucos enlaces de interese sobre esta data e parabenizando aos responsables da nosa radio: Radio Sansa.martes, 12 de mayo de 2015
Máis parabéns
O pasado domingo tres das vosas compañeiras de 6º de Educación Primaria estiveron na Radio Galega para explicar o proxecto operístico no que están a participar. Parabéns para elas tres e tamén para as gañadoras e o gañador do Concurso de Artigos de Opinión que convocou o noso EDLG. E por certo, non esquezades que aínda estades dentro do prazo para participar no Concurso Literario e no "Jesus Bonigno" de Debuxo e Pintura que organiza o EDLG, en colaboración coa ANPA, para o alumnado do noso centro co gallo do Día das Letras Galegas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)