Unha achega ao mundo da ópera a través de trinta títulos inesquecibles como A frauta máxica.
Mostrando entradas con la etiqueta MÚSICA CLÁSICA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MÚSICA CLÁSICA. Mostrar todas las entradas
lunes, 10 de junio de 2019
jueves, 18 de octubre de 2018
Libros que van chegando: La amada inmortal
La amada inmortal (El joven Beethoven) é unha novela que nos aproxima á vida do famoso músico Ludwig van Beethoven. Vicente Muñoz Puelles, o seu autor, resume así o seu argumento:
La amada inmortal es la historia de una joven, Renata Tarrach,
que vive en Weimar y se busca a sí misma. Durante el incendio de una
biblioteca encuentra un manuscrito inédito de Beethoven, una carta en la
que el músico le cuenta su vida a una mujer con la que se dispone a
reunirse. Renata la lee con la sensación de que Beethoven se dirige a
ella, y de que de algún modo va a su encuentro.
Vicente Muñoz Puelles
viernes, 20 de mayo de 2016
I Gala do Libro Galego
O pasado sábado 14 de maio celebrouse a I Gala do Libro Galego no Teatro Principal de Santiago de Compostela. As obras gañadoras foron:
Para saber máis:
- O último día de Terranova de Manuel Rivas na categoría de narrativa.
- O meu pesadelo favorito de María Solar na categoría de Literatura infantil e xuvenil.
- Xogando con gatos de Antón Cortizas na categoría de teatro
- Poesía Hexágono. Ollada e experiencia. Proposta e resposta nas aulas na categoría de ensaio.
- oso, mamá, si? de María Lado na categoría de poesía.
- Mocidade (Joseph Conrad) en tradución de Alejandro Tobar. Hugin e Munin na categoría de tradución.
- Poétic@, de Fran Alonso na categoría de proxecto literario na rede.
- Lendo lendas, digo versos, de Antonio G. Teijeiro e Antonio Reigosa (ilustracións de Xosé Cobas) na categoría de iniciativa bibliográfica.
- Espazo Lectura na categoría de iniciativa cultural ou de fomento da lectura.
- Cadros dunha exposición. Modest Mussorgsky, de Xosé Cobas (texto de José Antonio Abad Varela na categoría de libro ilustrado.
- Sermos Galiza na categoría de xornalismo cultural.
Para saber máis:
jueves, 21 de enero de 2016
Pedro e o lobo narrado por David Bowie
Xa pasaron uns cantos días do falecemento do cantante británico David Bowie. A súa traxectoria musical abrangueu diversas etapas e, mesmo, diversos xéneros: o Glam Rock, o soul, a música electrónica... Sempre en contínua reinvención e renovación, non en van era chamado o "camaleón do rock".
Pero, seguramente para moitos será máis descoñecida a súa relación coa música clásica. En 1978 gravou o conto sinfónico Pedro y el lobo de Prokofiev no que narraba a historia, mentres a música corría a cargo da Orquestra de Filadelfia. Se queres saber máis sobre esta gravación e oíla atoparala no seguinte enlace:
lunes, 22 de junio de 2015
E chegou o verán!
E nós queremos recibilo ben, así que empezamos cun anaquiño da comedia de Shakespeare O soño dunha noite de San Xoán traducido por Miguel Pérez Romero:
FADA
Por outeiros e vales, entre silveiras e espiños, por agras e chousas, a través da auga e o lume, vou dun sitio a outro, máis lixeira cá esfera da lúa. E sirvo á Raíña das Fadas para cubrir de orballo os seus circos na herba. As lanzais prímulas son a súa escolta. Os puntos que se ven nos seus mantos dourados son rubís, agasallo das fadas, e nesas pencas reside o seu arrecendo. Aquí debo coller unhas pingas de orballo e pendurar unha pérola na orella de cada prímula.
VERANO
Frutales
cargados.
Dorados
trigales...
Frutales
cargados.
Dorados
trigales...
Cristales
ahumados.
Quemados
jarales...
Umbría
sequía,
solano...
Paleta
completa:
verano.
Proseguimos cun cadro de Arcimboldo sobre esta estación.
viernes, 5 de junio de 2015
Ópera-apaixonados V: Mozart
A precocidade musical de Wolfgang Amadeus é de todos coñecida, pero quizais non saibades a que idade compuxo a súa primeira ópera? Aos doce. Si como o estades lendo, a esta idade deu a coñecer Bastián e Bastiana que foi o título que elixiu para a súa primeira incursión no xénero operístico. Sería a primeira de vinte e dúas entre as que figuran Così fan tutte ou As vodas de Fígaro.
Quizais unha das arias máis coñecidas de Mozart sexa unha das dúas cantadas pola Raíña da Noite n' A frauta máxica, a derradeira ópera representada en vida de Mozart. É unha aria moi difícil que require ser cantada por unha soprano de coloratura.
Se queres saber máis sobre Mozart, a ópera e a música cláisca aquí tes uns enlaces de moito interese:
- Tipos de voces
- Celebrando a Mozart (Consejería de Educación Junta de Andalucía)
- El conciertazo. O programa de música clásica dirixido ao público máis novo presentado polo inesquecible Fernando Argenta.
viernes, 22 de mayo de 2015
Ópera-apaixonados IV: This is Opera
Cómpre dar os parabéns aos apaixonados pola ópera, aos que se están apaixonando e aos que se apaixonarán porque TVE comezou hai dous meses a emisión dun programa que nos permite achegarnos a este xénero musical dunha forma entretida e ao mesmo tempo rigorosa: This is Opera.
O barítono e divulgador musical Ramón Gener presenta este programa no que a interacción coa xente, as anécdotas e os seus coñecementos musicais se mesturan para lograr unha exitosa fórmula televisiva que combina o deleitar co instruír. E non deixa de soprendernos, tamén, Gener co seu extraordinario dominio do alemán, o inglés e o italiano, ademais do castelán e o catalán.
Así que, xa sabes, se queres achegarte a este mundo marabilloso coñecendo por exemplo o simulador de Ferrari de Fórmula 1 para entender mellor como funciona a voz dunha soprano que ten que cantar Turandot de Puccini.... This is Opera!
jueves, 26 de marzo de 2015
E de repente a primavera II: Luís Amado Carballo
Hoxe, o poema elixido é "Noivos" do poemario O galo de Luís Amado Carballo.
Noivos
Primaveira galanada
con collares de luar
e con pendentes de estrelas
está ô seu noivo á agardar.
Domente os ventos de Marzo
tecen seu manto de noiva
pregunta ao paxaro sabio
degarante e ruborosa:
Cuco-rey
rabo d' escoba
cantos días faltan
para a miña boda?
O paxaro decontado
poñíase a cantar
e o corazón latexante
estaba a moza á contar:
Un, dous, tres,
te non trabucache
meu bô cuco-rey?
Domente qu'ela escoitaba
tremecida de vergonza
xa estaba Mayo galán
entrándolle pol-a porta.
Primaveira galanada
con collares de luar
e con pendentes de estrelas
está ô seu noivo á agardar.
Domente os ventos de Marzo
tecen seu manto de noiva
pregunta ao paxaro sabio
degarante e ruborosa:
Cuco-rey
rabo d' escoba
cantos días faltan
para a miña boda?
O paxaro decontado
poñíase a cantar
e o corazón latexante
estaba a moza á contar:
Un, dous, tres,
te non trabucache
meu bô cuco-rey?
Domente qu'ela escoitaba
tremecida de vergonza
xa estaba Mayo galán
entrándolle pol-a porta.
L. Amado Carballo
Eliximos para ilustrar este poema un famoso cadro do impresionista francés Claude Monet: "Campo de primavera".
viernes, 19 de diciembre de 2014
Guías de Nadal
Xa están listas as nosas guías de suxestións de Nadal para Educación Infantil e Primaria e para ESO. Só nos queda desaxarvos un moi bo Nadal e lembrarvos que podedes atopar moitas máis suxestións, das bibliotecas escolares de Galicia, aquí.
Pero... non queremos esquecer un pequeno vídeo para lembrar unha actividade musical destacada destas datas, o Concerto de Aninovo da Filaharmónica de Viena; así que, deixámosvos un vídeo do valse "O Danubio azul", de Johannn Strauss fillo, do concerto do ano pasado.
En fin... Bo Nadal e Feliz Aninovo.
Por certo, tampouco queremos esquecer felicitar á gañadora do concurso de postais de Nadal organizado polo EDLG.
lunes, 2 de junio de 2014
Fondos sobre ópera na biblio
Por certo, lembrámosche que na biblioteca podes atopar libros e discos relacionados coa ópera: só tes que clicar neste enlace e nestoutro para saber cales. Nós recomendámosche un libro e un CD que nos gustan moito: La Callas, una invitación a la ópera con textos de Françoise de Guibert, ilustracións de Nathalie Novi e a fantástica voz de María Callas.
jueves, 23 de enero de 2014
miércoles, 4 de diciembre de 2013
In memoriam Fernando Argenta
Fernando Argenta, un dos grandes divulgadores da música clásica, faleceu onte aos 68 anos. Fillo do director Ataúlfo Argenta, cursou estudos superiores de música e licenciouse en Dereito. Compatibilizou os seus estudos coa participación nun grupo de pop que abandonou no ano 1965.
A comezos dos setenta comezou a traballar en Radio Nacional de España. Dende os anos finais desta década presentou o programa "Clásicos populares", cuxa emisión ininterrompida durante 32 anos (do 1976 ao 2008) o converte nun dos máis duradeiros programas radiofónicos de RNE. Os "clásicos populares" supuxéronlle unha oportunidade para manifestar a súa prodixiosa capacidade de divulgación da música clásica, que tanto amaba, combinando a erudición, co humor e cun enorme sentido do espectáculo.
O talento divulgativo de Fernando Argenta quedou de novo manifesto cando asumiu a dirección e presentación do programa de televisión "El conciertazo.
Sit tibi terra levis!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)










