Centro

Mostrando entradas con la etiqueta HISTORIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta HISTORIA. Mostrar todas las entradas

viernes, 19 de febrero de 2021

No laboratorio dun arqueólogo

 Atoparás na web Culturagalega un interesante vídeo no que Carlos Otero nos explica como usa a tecnoloxía para saber que se agocha no castro de Cerqueda.

miércoles, 12 de diciembre de 2018

Novembro de Ciencia XIX en decembro tamén: Unidade Didáctica sobre Domingo Fontán

A inicios deste mes de outubro o Consello da Cultura Galega publicou unha Unidade Didáctica sobre un personaxe que coñecemos moi ben no noso centro, por ter traballado sobre el, e tamén neste blogue: Domingo Fontán.


  • Premede aquí para acceder á Unidade Didáctica.

viernes, 30 de noviembre de 2018

martes, 8 de mayo de 2018

Roteiro Literario: De Padrón a Compostela

O pasado 26 de abril o alumnado de 3º e 4º de secundaria visitou Padrón e Compostela. Tratábase dunha actividade organizada polos departamentos de Xeografía e Historia e Lingua Galega e Literatura á que nos quixemos sumar dende o EDLG e a Biblioteca cun roteiro literario cuxos textos leron acompañados das explicacións históricas de Marta, a nosa profesora de Xeografía e Historia. 


viernes, 6 de abril de 2018

Libros que van chegando: Un largo viaje

Un largo viaje. Historia del mundo y sus habitantes en 12 etapas é unha historia da humanidade narrrada dende unha visión demográfica por Massimo Livi Bacci quen, por certo, lle dedica o libro aos seus netos.


jueves, 22 de junio de 2017

E non deixamos a Verne aínda: Cando Verme amarrou en Vigo


Un arquéologo e un mociño tratan de impedir o saqueo dos galeóns de Rande. E para cumprir o seu propósito mesmo pedirán axuda ao escritor francés Jules Verne, quen vén de recalar en Vigo nunha das súas viaxes a bordo da goleta  Saint-Michel.



Para saber máis:

viernes, 16 de junio de 2017

Verne e Vigo



Jules Verne visitou Vigo en dúas ocasións: en 1878 e 1884. Porén, o escritor francés xa convertera a cidade olívica nun dos espazos presentes na súa novela Vinte mil leguas de viaxe submarina. O historiador Eduardo Rolland datou a chegada do Nautilus, o submarino no que viaxaba polos mares de todo o mundo o Capitán Nemo (protagonista da novela), un 18 de febreiro de 1868 nun artigo publicado en La Voz de Galicia que se titula "El Nautilus llega a Vigo".


viernes, 5 de mayo de 2017

Unha nova ferramenta para acceder ao catálogo documental da RAG na rede

A RAG (Real Academia Galega) ofrece un novo servizo en liña que,  segundo podemos ler na súa web, permite acceder aos catálogos de máis de trinta arquivos de distintas institucións galegas e a case 3750 copias dixitais de diversos documentos destas. Preme aquí para acceder a esta útil ferramenta.

miércoles, 21 de diciembre de 2016

Galicia 100: unha apaixonante viaxe pola historia

Galicia 100 é o nome dunha exposición que presenta cen pezas da historia de Galicia. Esta apaixonante viaxe a través da historia pódese visitar ata o vindeiro 7 de xaneiro na sede de Afundación en A Coruña e a partir deste mes ata abril en Vigo.


Preme aquí para coñecer máis sobre esta interesante iniciativa e coñecer todas as pezas.

viernes, 21 de octubre de 2016

E na biblioteca... arte I

Este curso, como xa sabedes, Biblioteca Escolar-Territorio das Artes é  o lema escollido para os carteis e outros materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita con destino ás bibliotecas escolares.

Nós queremos que a arte, que sempre tivo o seu lugar na nosa biblioteca e neste blogue, sexa un dos eixos da nosa actividade, polo que hoxe comezamos lembrando unha exposición sobre o Mestre Mateo que se poderá visitar no Museo del Prado a partir do 29 de novembro e da que vimos de ter noticia grazas á web Culturagalega.org..
Por certo, deixámosvos un interesante vídeo sobre a restauración da obra cimeira do Mestre Mateo: o Pórtico da Gloria na Catedral de Santiago de Compostela.

miércoles, 13 de abril de 2016

Libros que van chegando: Historium


A editorial Impedimenta vén de publicar un interesante libro que nos permite coñecer diversas civilización a través dos obxectos que elaboraron: Historium.


jueves, 31 de marzo de 2016

Libros que van chegando: Fontán de Marcos Calveiro

É unha figura que me obsesiona dende que na adolescencia lin a Pedrayo: Eu, coma Adrian Solovio quedei deslumbrado polo seu mapa e pola súa figura, levo moitos anos tras a súa sombra.
 Marcos Calveiro

Compartimos con Marcos Calveiro a súa fascinación pola figura de Domingo Fontán; así que, estamos moi contentos de que xa figure no noso catálogo a novela coa que gañou a novena edición do IX Premio de Novela Breve Repsol. 



Unha novela biográfica de fondo histórico na que a ciencia tamén ten o seu "lugar", coma non podía ser doutra forma, tendo coma protagonista a ese "matemático sublime", en palabras de Suso de Toro, que foi o pontevedrés nacido en Porta do Conde (Portas). 


miércoles, 27 de enero de 2016

Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto

Lembremos hoxe e sempre 
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas acordou o 1 de novembro de 2005 designar o 27 de xaneiro coma Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto. Este ano o tema escollido é: "O Holocausto e a dignidade humana".

El tema de las actividades de recordación y educación sobre el Holocausto en 2016, inclusive de la Ceremonia de Conmemoración del Holocausto, será «El Holocausto y la dignidad humana». Dicho tema establece un vínculo entre la recordación del Holocausto y los principios fundacionales de las Naciones Unidas y reafirma la fe en la dignidad y la valía de todas las personas que se destaca en la Carta de las Naciones Unidas, así como el derecho de aquellas a vivir sin discriminación y gozar de igual protección ante la ley, derecho consagrado en la Declaración Universal de Derechos Humanos.
Organización de las Naciones Unidas


martes, 14 de abril de 2015

Unha curiosidade familiar e histórica

Aludiamos na anterior entrada sobre o centenario de Don Quijote a don Pedro Fernández de Castro y Andrade; pois ben, este nobre pertencía a nunha época moi poderosa familia da Casa de Castro e estaba, polo tanto, emparentado cunha figura histórica cuxa vida deu pé a moitas obras literarias: Inés de Castro. Xa temos mencionado a Inés noutras entradas do blogue, pero hoxe queriamos traer aquí o conto titulado Inés de Castro, unha muller para o 8 de marzo, con ilustracións das nenas e nenos dos CEIP, CPR e CEE de Monforte de Lemos, Pobra de Brollón, Currelos, Bóveda, Saviñao e Sober. Por certo, a súa figura é moi popular aínda hoxe en Portugal onde existe a Fundação Inês de Castro que colabora en iniciativas tan interesantes coma este blogue.

Imaxe atopada aquí.

miércoles, 3 de diciembre de 2014

Juana la Loca

A historia da infeliz raíña Juana I de Castela, alcumada a Tola, serviu de inspiración a escritores, directores de cine e músicos (no ano 2005 estreouse unha opera baseada nela). A súa tráxica vida aínda é discutida hoxe por historiadores e psiquiatras como podemos ler neste enlace.




A serie documental de TVE Mujeres en la historia dedicoulle un capítulo á Juana que podes ver premendo aquí. 
Por outra banda, se che interesa coñecer o papel das mulleres na historia recomendámosche o blogue Mujeres en la historia onde atoparás unha interesante selección de libros sobre o tema.  Así mesmo tamén che pode interesar o capítulo a "Historia de ser mulleres" da serie Historias de Galicia ou Historia das mulleres galegas de Pepe Carreiro.
Aproveitamos tamén para lembrarvos as seleccións de libros (unha delas acompañada de guías de lectura) realizadas polo noso Departamento de Xeografía e Historia para os distintos cursos de ESO que podedes atopar neste enlace e nestoutro.
E, xa sabes: agardámosvos onde o mundo se chama biblioteca!

lunes, 12 de mayo de 2014

Exposición sobre tesouros preincaicos

O pasado 28 de abril a web da BBC presentaba unhas interesantes fotografías sobre unha exposición de tesouros preincaicos no museo de National Geographic en Washington.
Se che interesa o tema, xa sabes que na biblioteca podes atopar máis información e nós, deixámosche unha recomendación relacionada co tema: El inca de Cuzco de Jorge Martínez Juárez. Un libro que che axudará a achegarte ao mundo dos incas, neste caso, dunha forma amena.


lunes, 17 de febrero de 2014

Tendal da Poesía VI: Inés de Castro

As bibliotecas escolares galegas celebraron esta data con interesantes actividades que podes coñecer aquí. Por certo, no CEIP da Gándara lembraron a Inés de Castro, á quen lle dedicamos a nosa anterior entrada. Se visitas o seu blogue atoparás numerosos enlaces de interese sobre esta figura que camiña entre a historia e a lenda.