Centro

viernes, 27 de marzo de 2015

Día Mundial do Teatro II

Nós tamén decidimos facer unha pequena homenaxe aos actores, aos escenógráfos, aos dramaturgos... A toda esa marabillosa xente sen a que o teatro non sería posible. Se queres coñecer a nosa pequena homenaxe, aquí a tes:
http://issuu.com/sansaliber/docs/teatro15

Día Mundial do Teatro

O Instituto Internacional do Teatro proclamou o 27 de marzo coma Día Mundial do Teatro en 1961. Nós unímonos a esta conmemoración con algúns enlaces de interese e, sobre todo, convidando a asistir a este marabilloso acto de creación e comunicación que é o teatro, sabedores como somos de que algúns de vós xa participades activamente en actividades teatrais.

jueves, 26 de marzo de 2015

E de repente a primavera II: Luís Amado Carballo

Hoxe, o poema elixido é "Noivos" do poemario O galo de Luís Amado Carballo.

Noivos


Primaveira galanada
con collares de luar
e con pendentes de estrelas
está ô seu noivo á agardar.
Domente os ventos de Marzo
tecen seu manto de noiva
pregunta ao paxaro sabio
degarante e ruborosa:
                  Cuco-rey
                  rabo d' escoba
                  cantos días faltan
                  para a miña boda?



O paxaro decontado
poñíase a cantar
e o corazón latexante
estaba a moza á contar:
                  Un, dous, tres,
                  te non trabucache
                  meu bô cuco-rey?



Domente qu'ela escoitaba
tremecida de vergonza
xa estaba Mayo galán
entrándolle pol-a porta.

L. Amado Carballo

Eliximos para ilustrar este poema un famoso cadro do impresionista francés Claude Monet: "Campo de primavera".

Aniversario do falecemento de Ricardo Carballo Calero

Onte cumpríronse 25 anos do falecemento do filólogo e escritor ferrolán Ricardo Carballo Calero. Foi o primeiro catedrático de  Lingua e literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela, ademais dun coñecido defensor do reintegracionismo. Como todos sabedes un instituto e un centro cultural lembran o seu nome en Ferrol.
Deixamos algúns enlaces de interese sobre este ilustre ferrolán:
 "De chuvia e vento vestida,
María Siléncio, calada..."
R. Carballo Calero


miércoles, 25 de marzo de 2015

E de repente... a primavera

Queremos celebrar a primavera, así que traemos ao blogue un poema de Antonio Machado.

La
La Primavera besaba
   
 La primavera besaba
 suavemente la arboleda,
 y el verde nuevo brotaba
 como una verde humareda.
 
 Las nubes iban pasando
 sobre el campo juvenil...
 Yo vi en las hojas temblando
 las frescas lluvias de abril.
 
 Bajo ese almendro florido,
 todo cargado de flor
 -recorde-, yo he maldecido
 mi juventud sin amor.
 
 Hoy, en mitad de la vida,
 me he parado a meditar...
 !Juventud nunca vivida
 quién te volviera a soñar!
 
     Antonio Machado

E que mellor ilustración que un dos máis famosos cadros sobre esta nosa estación: "A primavera" de Botticelli
 

martes, 24 de marzo de 2015

Libros, libros, libros: Clara Campoamor: la sufragista

Clara Campoamor: la sufragista é un libro de Víctor Vilardell Balasch que conta dunha forma amena a vida da avogada e política madrileña valedora dos dereitos da muller e firme defensora do sufraxio feminino (aprobado por primeira vez en España o 1 de outubro de 1931).




Este é un interesante vídeo sobre o debate arredor do sufraxio feminino no que a Clara Campoamor tivo un destacado papel:

lunes, 23 de marzo de 2015

E ti ¿sustentas?

E no día despois do Día Mundial da Auga non podemos esquecer o importante labor de reciclaxe que levan a cabo profesorado e alumnado no noso centro e do que atopades, como xa sabedes, toda a información, no blogue E ti ¿sustentas?
Aproveitamos para agradecer ao profesor J. J. Guillín e a Alberto, alumno de 1º, o inicio da reciclaxe na sala de secundaria da biblio co noso colector de papel e cartón.
Por certo, no reto que vos propoñen para este mes aparece mencionada unha escritora moi popular na nosa biblioteca ultimamente...

Día Mundial da Auga

Onte conmemorouse o Día Mundial da Auga, unha data que se celebra todos os 22 de marzo cun lema diferente. O elixido este ano é: "Auga e desenvolvemento sostible".
Deixámosvos algúns enlaces:

jueves, 19 de marzo de 2015

Preparándonos para a eclipse

Xa resta menos para o venres 20 de marzo no que poderemos asistir á eclipse de sol. No blogue Meteosansa podedes atopar información sobre este fenómeno e enlaces a métodos seguros para poder observalo, xa que cómpre moita precaución, tal e como nos lembran na entrada titulada "Galicia asiste ao espectáculo da eclipse de Sol" en GCiencia: " A eclipse deberá de observarse coas debidas precaucións, advirte o director do Observatorio da USC José Ángel Docobo, e ter especial coidado cos mais novos dado que ese día, curiosamente tamén o último do inverno, non será lectivo."
Enlaces de interese:
Tamén poderás atopar na biblioteca a revista Astronomía deste mes, no que por certo cumpre 30 anos.  E rematamos cun vídeo sorprendente sobre unha eclipse, neste caso, total:


miércoles, 18 de marzo de 2015

Día Mundial da Poesía

O 21 de marzo celebrarase o Día Mundial da Poesía, cuxa proclamación foi aprobada pola UNESCO en 1999. Nós unímonos a esta conmemoración lembrando algúns enlaces de interese relacionados coa poesía e cun pequeno caderniño poético con versos de Vento mareiro, o poemario de Ramón Cabanillas, que vén de cumprir 100 anos o pasado 1 de marzo.
Se queres coñecer o noso caderniño con versos de Vento mareiro de Cabanillas preme aquí...  E, xa sabedes, agardámosvos onde o mundo se chama biblioteca.

Libros, libros, libros: Rapoemas de Aid

Rapoemas é un libro-CD da rapeira Aid no que musica poemas de Rosalía, Curros, Cunqueiro e Manuel Antonio. 

martes, 17 de marzo de 2015

Libros, libros, libros: Emilia Pardo Bazán

Emilia Pardo Bazán non só é unha das novelistas máis destacadas do século XIX en castelán, senón que tamén foi unha precursora do feminismo e unha destacada defensora da educación das mulleres nunha época na que unha elevada porcentaxe delas eran analfabetas.

A longametraxe Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde dirixida por Zaza Ceballos lémbranos a vida desta apaixonada e apaixonante escritora. Por certo, a Secretaría Xeral de Igualdade elaborou unha unidade didáctica a partir da película. Deixámosvos un anaquiño ben ilustrativo desta que nos permite reflexionar sobre a  situación das mulleres a finais do XIX.  

lunes, 16 de marzo de 2015

Un premio para as Bibliotecas Escolares de Galicia

As Bibliotecas Escolares de Galicia veñen de recibir o Premio Francisco Fernández del Riego á colaboración no ámbito cultural e editorial outorgado pola Asociación Galega de Editores. Recoñécese con este premio o "seu labor de apoio continuado ao libro e a lectura no ámbito escolar".
Por outra banda, o pasado venres 13 celebráronse en Santiago de Compostela os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas, programa no que o noso centro está integrado.



jueves, 12 de marzo de 2015

Libros, libros, libros: Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros

Hai xa meses que, coma sabedes, temos un libro presentando cada andel na sala de secundaria, pero agora ocorréusenos ir presentando libros que van chegando, que xa estaban dende hai tempo... En fin, sacar os libros dos andeis para posibilitar que cheguen ás vosas mans. E coma o día 8 foi o Día Internacional da Muller esta semana dedicámonos, como xa vos contamos, a "presentar" libros escritos por mulleres ou sobre mulleres.
Hoxe traemos unha novidade na nosa biblioteca: Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros de Mª Xosé Queizán. A figura da escritora coruñesa é recreada nesta obra (recomendable de 10 anos en diante) que nos achega a súa vida e a súa obra, pero tamén ao contexto histórico no que lle tocou vivir. Por certo, se queredes coñecer os fondos que temos na biblioteca sobre a Pardo Bazán só tedes que premer aquí.


Libros, libros, libros: Curie la atómica

Continuamos con Marie Curie, recomendándovos outro libro que podedes atopar na nosa biblioteca: Curie la atómica de Eduardo Rodríguez Serrano (recomendado a partir de 9 anos).


miércoles, 11 de marzo de 2015

Concurso "Nós lemos"

Atopamos en Rede Lectura unha entrada sobre un interesante concurso, dirixido ao alumnado de Primaria e do 1º ciclo de ESO, para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil. Se queres informarte máis, só tes que premer aquí.

martes, 10 de marzo de 2015

Libros, libros, libros: El rayo azul

Hoxe traemos a blogue unha novidade na nosa biblioteca: El rayo azul (Marie Curie, descubridora del radio) de Vicente Muñoz Puelles. Un libro (recomendado a partir dos 14 anos) que nos achega á vida da científica franco-polonesa gañadora do Premio Nóbel de Físia en 1903 (conxuntamente co seu marido Pierre Curie e con Henri Becquerel) e do de Química en 1911 polos seus traballos sobre o Radio.

Recompilación actividades Biblioteca Escolares en Leer.es

O portal Leer.es recolle a recompilación das actividades realizadas polas Bibliotecas Escolares de Galicia co gallo do Día Internacional da Muller. Deixámosvos un vídeo no que se presenta o Centro Virtual Leer.es e, xa sabedes, agardámosvos onde o mundo se chama biblioteca.

lunes, 9 de marzo de 2015

Libros, libros, libros: Las pioneras de Rita Levi-Montalcini e Giuseppina Tripodi

Esta semana queremos dedicar o noso blogue a facer suxestións de fondos da nosa biblioteca relacionados coas mulleres, para continuar coa conmemoración do Día Internacional da Muller.
Rita Levi-Montalcini é unha científica sobre a que xa temos escrito neste blogue noutras ocasións. Hoxe queremos recomendarvos un libro que escribiu con Giuseppina Tripodi: Las pioneras. Las mujeres que cambiaron la sociedad y la ciencia desde la Antigüedad hasta nuestros días. Escribe Rita no prólogo: "Este libro está destinado a las nuevas generaciones. Su objetivo es hacerlas conscientes de las fundamentales aportaciones científicas que hicieron sus antepasadas desde dos siglos antes de la era cristiana hasta el siglo XX. Una época histórica en la que la pertenencia al género femenino se veía como un impedimento para cualquier tipo de desarrollo intelectual.
Durante siglos las mujeres estuvieron excluidas. En el pasado, las que destacaban por su sabiduría se consideraban brujas y se enviaban a la hoguera, e incluso cuando se abolió esta persecución, tan feroz como absurda, los filósofos y científicos, incluidos los conocidos como "ilustrados", siguieron alimentando el mito de la absoluta superioridad intelectual del hombre." (...)
"El hecho de que hoy en día la presencia femenina ya no constituya una excepción, sino una aportación significativa que, además, va en contínuo aumento, demuestra que la capacidad de producir ciencia es un atributo propio de la especie humana, sin distinción de sexos o de clases.
Con el reconocimiento a las mujeres de la igualdad en el ejercicio de sus funciones se desea que los miembros de las nuevas generaciones, independientemente de su género, disfruten del derecho a utilizar con libertad sus propias capacidades intelectuales. Un derecho que se negó a sus antepasadas."


viernes, 6 de marzo de 2015

Caderniño do Día Internacional da Muller

Este ano decidimos conmemorar o Día Internacional da Muller cun caderniño sobre a matemática coruñesa María Wonenburger que podedes ler se premedes aquí.


Día Internacional da Muller

O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller. Deixámosche algúns enlaces e recursos de interese sobre esta data:

jueves, 5 de marzo de 2015

Helena estivo con nós

Hoxe visitounos Helena Villar Janeiro para falarnos de dous libros: Remontar o río  e As señoras cousas. Despois da presentación de Anabel, a bibliotecaria do noso concello,  comezou a charla-coloquio con Helena. Emocionámonos coa súa vitalidade, cos seus poemas, coa súa dispoñibilidade para contestar a todas as preguntas... E coas súas lembranzas de "Cantareliña", cuxa primeira edición tivo lugar en 1983 e que, tal e como nos lembraba María Yáñez no número 1 da revista Luzes foi un "fito da cultura galega que abriu un camiño moi importante para a normalizacion lingüística, mesmo antes de que a TVG nacese ou a lingua galega entrase na EXB". Tamén, por certo, en Fálame de San Sadurniño Ramón Díaz Raña lembra o seu nacemento: "Cantos sentimentos burbullan o soar esta palabriña!... Foron moitas as ilusións que algúns puxemos nesta empresa. No ano 1982 o grupo Saraibas decidímosnos organizar o que xa había tempo lle viñamos dando voltas."
En fin, grazas a Helena por vir e falarnos dos seus dous últimos poemarios e grazas por facernos lembrar "Cantareliña". 



miércoles, 4 de marzo de 2015

Helena Villar Janeiro visítanos

Mañá recibiremos a visita da escritora Helena Villar Janeiro que nos presentará o seu libro Remontar o río, un  libro despregable en doce metros de papel no cal a poesía de Helena Villar Janeiro se combina coas ilustracións de Luz Darriba.
A escritora confesa que concibiu o libro, dedicado á súa nai Helena e a súa neta tamén así chamada, mentres subía polo río Danubio de Budapest a Linz. Remontar o río é un poemario no que o río, símbolo da vida na poesía, se converte en tema poético máis tamén en motivo de evocación da xuventude simbolizada no valse e a rosa. E sempre a presenza da música, especialmente Vivaldi, porque non en van As catro estacións do músico italiano, simbolizan claramente nel as etapas da vida.
Grazas a Helena por este poemario vital e evocador. Grazas a Luz Darriba polas ilustracións e grazas ás dúas por este libro, fermoso por dentro e por fóra.
Amor esa palabra
Xogando coas palabras nun insomnio
atoparás AMOR.

Amor é a palabra máis grande e misteriosa,
a única palabra para repetir sempre,
a que fixo tremer as paredes dos labios,
a que pode crebar os diques do teu sangue.

Amor, esa palabra,
que salta áxil do silencio á fuga
e que fixo imposible versos sen elexía.

Foi amor a palabra que te entregou á luz,
para que desfixese todos os teus contornos,
a que aflorou a dor
gardada na esperanza e na beleza.

Amor, esa palabra,
dona de bágoas, risas,
acougo, desconcerto,

desencanto, paixón,
a que converte as lágrimas
en viño metafórico
e o viño en amargura.

Amor era a palabra que escondían
xuntos o vals e a rosa e que rozou
os brancos almidóns e o encaixe virxe.

Amor é a palabra que tamén aparece
pregada entre unha saba ou un mantel
tinxida de cor sepia nun retrato,
feito olor na corola dun xasmín
e nas notas do merlo
que abre as portas do día ou se despide.
Helena Villar Janeiro, Remontar o río

Tendal da poesía VIII: Luisa Castro

Luisa Castro naceu en Foz en 1966. Deuse a coñecer moi nova coma poeta e recibiu o premio Hiperión de Poesía aos dezanove anos.

Aunque se rían de los versos que te escribo...
 
Aunque se rían de los versos que te escribo
y que dejo escondidos en las mantas del catre,
pedaleo.
Y Vegadeo es de lejos un fósforo encendido,
llevo alas en las ruedas,
voy en llanta,
pero conozco el paisaje y tengo alma
porque hago amistades
con recuas de perros de varios pueblos
y diversa índole.

                Me ladran porque te amo.
                Se arrojan a mis zapatos como fanecas salvajes.

Luisa Castro, Ballenas

martes, 3 de marzo de 2015

Hoxe visitounos Andrea Maceiras

Hoxe visitounos Andrea Maceiras para falarnos dos seus libros Volverás, golfiño e Nubes de evolución. Agradecémoslle moito a súa presenza que nos permitiu relembrar esas dúas lecturas que tanto nos agradaron; preguntar as nosas dúbidas; escoitala falar dos seus comezos coma escritora e da importancia da lectura nestes, das marabillosas paisaxes da Costa da Morte, da solitaria estación nas que tres persoas se entrecuzan para ver desparecer as nubes que as perseguen... Mil grazas, Andrea.

Tendal da poesía IX: Xulio Valcárcel

O poema de hoxe, é probablemente un dos máis fermosos publicados en lingua galega nos últimos anos. O seu autor, o poeta e narrador Xulio Valcárcel, naceu en Lugo en 1953.
Se subo ata o teu berce
e me remonto polo anos
son neno contigo en celestes
mañás de balanzos e sinos,
préndome ao voo da túa saia
e esperto ao amor
nun mencer cheo de alas.

Mais, se envellecemos xuntos,
se desandamos o vieiro da vida
paso a paso,
mirarei nos teus ollos
o esvarar do tempo
norde como un barco.

Se envellecemos xuntos
e desfago a madeixa dos meus días
ao teu lado
fareime confidente
do teu camiño sen pegadas
do teu canto e do teu ánimo.

Compartirei o sal, o leito
e o abrazo,
saberei escuramente que o noso paso
polo mundo non é en balde.

Se envellecemos xuntos,
se te acompaño neste tránsito,
deixarei bolboretas lenes
nas túas pálpebras cansas,
escoitarei o repenicar da chuvia
nas xanelas da nenez,
sentirei a túa voz
esmorecerse en calma.

Bastarame para entendelo todo
o ollar confidente desa túa luz sen ansia.
Xulio Valcárcel, En voz baixa. Quince anos de poesía

lunes, 2 de marzo de 2015

Visita Andrea Maceiras

Mañá visítanos Andrea Maceiras para falarnos de dúas das súas novelas: Volverás, golfiño e Nubes de evolución. Co gallo da súa presenza elaboramos unha presentación que podes atopar na nosa web. Ademais, tamén o blogue do noso club de lectura se fai eco da súa visita. Deixámosvos unha entrevista que lle fixeron alumnos do IES de Cuntis.

Parabéns polo Premio ao Emprendemento no FIRST LEGO League

Queremos dar os nosos superparabéns ao alumanado participante e ao profesorado responsable do noso centro polo Premio ao Emprendemento acadado no FIRST LEGO League. Podedes atopar máis información na nosa web sobre este evento e o premio.
Superparabéns!