Centro

miércoles, 18 de diciembre de 2019

Guiá de suxestións de Nadal

Este ano quixemos homenaxear ao escritor Michael Ende na nosa guía de Nadal que podes atopar na nosa web.


Felices lecturas de Nadal e Bo Nadal.

lunes, 16 de diciembre de 2019

Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable

A Asemblea Xeral da ONU adoptou no 2015 a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible. Tamén as bibliotecas están comprometidas con esta porque tal e coma nos lembran na web das bibliotecas escolares de Galicia:

As bibliotecas escolares están comprometidas coa Axenda 2030, xa que traballan a prol dunha educación de calidade (Obxectivo 4), na protección e salvagarda do patrimonio cultural (Obxectivo 11.4) e promoven a inclusión do acceso á información e ás tecnoloxías da información e comunicación (Obxectivos 5.b, 9.c, 16.10, 17.8. 


Para saber máis:

lunes, 9 de diciembre de 2019

Actividades das bibliotecas escolares o 25 N

As bibliotecas escolares de Galicia realizaron numerosas actividades co gallo deste día. Preme aquí se queres coñecelas. Se queres lembrar as realizadas no noso centro atoparalas no novo blogue O Talento silenciado.

lunes, 2 de diciembre de 2019

Biblioteca inclusiva

Atopamos no blogue Reinboteca do CEIP de Reibón (Moaña) unha coidada selección de lecturas sobre biblioteca inclusiva. Preme aquí se queres coñecela.BI

martes, 29 de octubre de 2019

Xornada "Comunicación e Cidadanía"

O pasado venres celebrouse en Santiago unha xornada formativa para os membros dos programas  BIBLIOTECA CREATIVA, RADIO NA BIBLIO e Bibliotecas LÍA.2 na que participou un dos membros do noso equipo de biblioteca.  




Atoparedes máis información na nosa web.

jueves, 24 de octubre de 2019

martes, 15 de octubre de 2019

Galicia Le

Un ano máis queremos lembrarvos a plataforma de préstamo de libros electrónicos das bibliotecas públicas galegas: Galicia Le. Preme aquí se queres saber máis.

viernes, 11 de octubre de 2019

Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos deu a coñecer o lema que propón ás bibliotecas escolares galegas para o presente curso 2019/2020: "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía". Nesta ocasión é o ilustrador Óscar Villán quen interpreta o lema.

Para saber máis preme aquí.

lunes, 7 de octubre de 2019

Rías de Vida

Atopamos en GCiencia novas dos vídeos "Rías de Vida" que tratan sobre os fondos mariños da ría de Pontevedra. Están dispoñibles na canle de Youtube de "Rías de Vida".


miércoles, 2 de octubre de 2019

Parabéns a GCiencia

GCiencia, unha das nosas webs preferidas, vén de acadar un importante premio: o Premio Prismas 2019.
Parabéns!

lunes, 30 de septiembre de 2019

Libros que van chegando: Próxima estación futuro

Una interpretación divulgativa y crítica de temas de relevancia
 científica, tecnológica y social.
Naturwissenschaftliche Rundschau

O físico e divulgador científico Ranga Yogeshwar explora e axúdanos a entender as grandes transformacións científicas, sociais e tecnolóxicas do noso tempo.


                

jueves, 26 de septiembre de 2019

Bechopoemas

Unha morea de formigas 
meteuse entre as follas brancas,
puxéronse a camiñar amodiño 
e, paso a paso...
Leire Bilbao, Bechopoemas 
Coñecemos grazas a Rede Lectura Bechopoemas e outras bestas, un poemario sobre animais de Leire Bilbao cunhas orixinais ilustracións de Maite Mutuberria.


miércoles, 25 de septiembre de 2019

Campaña #ODSéate

O Alto Comisariado para a Axenda 2030 vén de lanzar a Campaña #ODSéate que se desenvolverá do 16 ao 27 de setembro para  celebrar o cuarto aniversario da adhesión de España á Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas.  

Tal e como nos lembran na web das Bibliotecas Escolares de Galicia tamén estas compren un importante papel na Axenda 2030:

Desde o ámbito bibliotecario recoñécese a importancia dos Obxectivos da Axenda 2030. Tamén as bibliotecas escolares están comprometidas coa Axenda 2030, xa que traballan a prol dunha Educación de Calidade (Obxectivo 4), mais tamén para protexer y salvagardar o patrimonio cultural (Obxectivo 11.4). Ademais, a biblioteca, como espazo de compensación de desigualdades, proporciona un acceso igualitario á tecnoloxía da información e das comunicacións (Obxectivos 9c e 17.8)   

martes, 24 de septiembre de 2019

De volta neste outono...

Veo o tempo morno do Outono
Os días son tardes longas
O aire é unha cousa...
Uxío Novoneyra
Regresamos ao noso blogue co outono e cunha selección de lecturas sobre esta época de Canal Lector.

Outono de Giuseppe Arcimboldo

Benvidos e benvidas un curso máis.

viernes, 21 de junio de 2019

Lecturas para o verán

Atoparedes na nosa páxina web unha selección de enlaces (blogues, webs, bibliotecas virtuais, etc.) sobre lecturas. Premede aquí se queredes coñecelo.

Arthur Hughes
Feliz verán e felices lecturas de verán!

Nós, coma sempre, agardámoste onde o mundo se chama biblioteca.

jueves, 20 de junio de 2019

miércoles, 19 de junio de 2019

Paseniño, paseniño

En Paseniño, paseniño Antonio García Teijeiro evoca a poesía de Rosalía de Castro. Esta edición, ilustrada por Marcos Viso, inclúe un CD musical con poemas recitados polo autor.

Treboada.
Chuvia tola
que os piñeiros
non os molla
porque calan,
porque arrolan.
Antonio García Teijeiro, Paseniño, paseniño

martes, 18 de junio de 2019

lunes, 17 de junio de 2019

miércoles, 12 de junio de 2019

jueves, 6 de junio de 2019

Seguimos coa cociña

A editorial Ouvirmos ten unha ampla colección de libros sobre cociña con pratos sinxelos e creativos. Mesmo nos permite dar a volta ao mundo con eles!


miércoles, 5 de junio de 2019

Hoxe... cociña

Bienvenidos a la cocina de Inés Ortega é un libro de receitas, trucos e sorpresas: canapés de tomate e camambert, raviolis de salmón...


martes, 4 de junio de 2019

Semanas da froita


Como sabedes estamos nas  semanas da froita no noso centro. Así que, se nos ocorreu que estaría ben lembrar algúns dos fondos cos que contamos sobre nutrición. Pasa pola biblioteca se queres coñecer máis.

lunes, 27 de mayo de 2019

Libros que van chegando: El origen de las palabras. Diccionario etimológico ilustrado

Mi herramienta es la palabra
Ricardo Soca

O lingüista, periodista e escritor uruguayo Ricardo Soca é o autor deste diccionario etimolóxico ilustrado no que as verbas escollidas son aquelas que nas súas palabras teñan "una historia interesante para contar". 


Unha entretida forma de aprender.

martes, 21 de mayo de 2019

Un mar de muiñeiras

Un mar de muiñeiras é unha actividade educativa que pretende reivindicar o baile tradicional galego e homenaxear as letras galegas neste ano 2019. Un mar emocionante de ilusión e esforzo no que tamén participaron alumnado e profesorado do noso centro.
Un mar de muiñeiras


jueves, 16 de mayo de 2019

Primavera de letras galegas VII: A festa popular en Galicia

A festa popular en Galicia é un percorrido de amena lectura polas festas populares.

A xuntanza organiza un baile con cántiga e un improvisado acompañamento de pandeiro, pandeira ou pandeireta, faltando os instrumentos musicais utilizábase unha cesta como instrumento de percusión aínda que co canto era suficiente.
Antonio Fraguas, A festa popular en Galicia

miércoles, 15 de mayo de 2019

Primavera de letras galegas VI: Romarías e Santuarios

Romaría e Santuarios, unha das obras máis coñecidas de Antonio Fraguas, permítenosnos albiscar a orixe e características dos santuarios e romarías máis coñecidas de Galicia.

martes, 14 de mayo de 2019

Primavera de letras galegas V: Canta miña pedra, canta

Xoan Curiel achéganos á figura de Antonio Fraguas a través de cancións propias e versións de cantigas recompiladas polo autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Unha proposta moi musical para que os máis novos coñezan a figura do pontevedrés.



lunes, 13 de mayo de 2019

Primavera de Letras IV: Antonio Fraguas. Mestre da memoria

Antonio Fraguas. Mestre da memoria é o título desta biografía de Malores Villanueva que nos permite percorrer o século XX da man do persoeiro homenaxeado neste Día das Letras Galegas.


jueves, 9 de mayo de 2019

miércoles, 8 de mayo de 2019

lunes, 22 de abril de 2019

Día do Libro

O Día do Libro está a chegar e un ano máis recibimos como agasallo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional un díptico que conta, nesta ocasión. cun texto de Marilar Aleixandre.

Feliz Día do Libro! Feliz Semana do Libro!

lunes, 1 de abril de 2019

Día Internacional do Libro Infantil

 Non obstante, colles un libro entre as mans e, inmediatamente sentes que algo muda.
Kestutis Kasparavičius

O 2 de abril, data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, conmemórase o Día Internacional do Libro Infantil. Este ano o autor do texto e da ilustración para celebrar esta data é o lituano Kęstutis Kasparavičius.


miércoles, 27 de marzo de 2019

viernes, 22 de marzo de 2019

Primavera de poesía III: María Reimondez

Hoxe continuamos coa nosa "Primavera de poesía" cun poema de Galicia en bus  da escritora María Reimondez

En abril,
nubes de la no ceo
o verdecer das árbores
en cada letra.
María Reimondez

jueves, 21 de marzo de 2019

Privamavera de poesía II: Un poema de Gloria Fuertes


Hoxe decidimos lembrar as vacacións cun poema da escritora madrileña Gloria Fuertes.

Cuando sea mayor, o muy mayor,
no olvidaré esta canción
de la Vacación.
-¡Qué bien juego en el verano
con mi hermana, con mi hermano!
Bajo el sol y sin abrigo,
con mi amiga, con mi amigo.
Con la pelota de goma
¡Chuto! ¡Toma!
Con pelota de raqueta
con el verso de poeta
llegaremos a la meta.
Cantando la canción
de la Vacación. 
Gloria Fuertes

miércoles, 20 de marzo de 2019

Primavera de poesía

Achégase a primavera e tamén o Día Mundial da Poesía. Así que un ano máis comezamos a nosa "Primavera de poesía" para lembrar poemas, coñecer recursos, etc...
Horta na primavera de Alfred Sisley

viernes, 15 de marzo de 2019

miércoles, 13 de marzo de 2019

Libros que van chegando: ¿Por qué noto que la tierra gira?

En ¿Por qué noto que la tierra gira? atoparás resposta a esta pregunta e a outras moitas máis coma: Cal é a orixe das montañas? Por que o mar é azul? Como se formou a Terra? Cal é a estrela máis cercana?


viernes, 1 de marzo de 2019

Proxecto Entroido

O alumnado de Educación Infantil e Primaria traballou nun proxecto sobre o Entroido promovido polo profesorado membro do equipo da biblioteca nestas etapas educativas. Preme nos enlaces seguintes se queres coñecelos:

miércoles, 27 de febrero de 2019

Día de Rosalía

Estes días podedes ver un espazo moi especial no primeiro andar do edificio de EI e EP: O Recuncho de Rosalía. Neste espazo amosanse algúns dos libros da autora, unha escolma de versos e unha cesta con rolos nos que están escritos algúns dos seus poemas para coller e ler nas aulas. 

Onte foron algúns alumnos e alumnas de 1º de ESO a lerlles aos nenos e nenas de Educación Infantil un deles. Hoxe continuamos a celebración desta data cun recital do alumnado de secundaria no recreo de mediodía. Atoparás máis información sobre este conmemoración na nosa web.


lunes, 25 de febrero de 2019

Entroido

O Entroido está petando á porta e o noso centro bole con actividades relacionadas con estas datas. Por iso queremos lembrar algúns recursos e enlaces que poden ser do voso interese.

Lijarcio, Cigarróns

miércoles, 20 de febrero de 2019

Libros que van chegando: El secreto de la esfinge


Serq pensaba que Neferad estaría viendo en ese momento el mismo cielo, y que tal vez también ella danzaba a esa hora en honor a Isis, que abría el camino del día.
 Ana Alcolea, El secreto de la esfinge

Un novela que nos leva ao Antigo Exipto onde Neferad chora a morte de seu avó, un dos xenerais do faraón. Carlos tamén chora, na época actual, a morte do seu avó que lles legará unha antigüidade que semella ser exipcia...


lunes, 18 de febrero de 2019

Lembrando a Arquímedes

 Dáme unha panca e un punto de apoio e moverei o mundo
Arquímedes
Arquímedes pensativo de Domenico Fetti
Como sabedes un dos científicos homenaxeados o pasado ano no Día da Ciencia en Galego foi o xenial Arquímedes. Si, o siracusano que segundo a tradición empezou a berrar "Eureka!" despois de resolver se a coroa do rei de Siracusa era de realmente de ouro puro. O xenio de Siracusa é considerado un dos matemáticos máis grandes da historia.


Arquímedes el despistado de Luis Blanco Laserna é unha aproximación á vida e obra do científico grego que podedes atopar na nosa biblioteca.
Eureka!