Centro

jueves, 21 de junio de 2018

Feliz verán

Un curso máis temos que irnos despedindo. Queremos dedicarlle un saúdo moi especial ao noso alumnado de 4º de ESO que remata a formación académica no noso centro. Ata sempre!

Arthur Hughes
Feliz verán!


martes, 19 de junio de 2018

Un verán de lecturas: suxestións para ESO

Xa está aquí chamando á porta o verán, así que preparamos unha selección con algunhas lecturas que nos pareceron de interese para secundaria.
Feliz verán e felices lecturas de verán!

lunes, 18 de junio de 2018

jueves, 14 de junio de 2018

El único recuerdo de Flora Banks: booktrailer

Hoxe tráemosvos os booktrailers en castelán e inglés do libro comentado na penúltima entrada: El único recuerdo de Flora Banks de Emily Barr.



miércoles, 13 de junio de 2018

Estreo da ópera A decisión

A compañía Bolboreta, formada polo alumnado de 5º de EP estreou o pasado venres a súa ópera A decisión. Se queredes saber máis sobre este estreo premede aquí para acceder á nosa web.


Moitos parabéns, un curso máis!

martes, 12 de junio de 2018

Libros que van chegando: El único recuerdo de Flora Banks

Flora Banks sofre de amnesia e só lembra o que lle acontece durante un breve lapso de tempo. Porén, algo fará que isto comece a cambiar... Algo que impulsará a Flora a emprender unha viaxe exterior máis tamén interior.


viernes, 8 de junio de 2018

Mar de plástico: exposición na Casa dos Peixes

O Aquarium Finisterrae ou Casa dos Peixes acolle a exposición Mar de Plástico formada por oitenta e cinco obras artísticas realizadas a partir do lixo que chega ás praias galegas. Unha exposición para reflexionar sobre a contaminación dos nosos océanos e o papel que todos podemos cumprir no seu coidado.

jueves, 7 de junio de 2018

Libros que van chegando: Escucha hablar a los árboles

Como "beben" as árbores? Que é a "internet" dos bosques? Estas e moitas outras preguntas terán resposta neste libro no que tamén atoparás suxestións para contemplar todo o que estes nos ensinan e moitas veces non vemos.


miércoles, 6 de junio de 2018

Libros que van chegando: Street Poems de Fran Alonso

Street Poems é o último libro de poesía publicado por Fran Alonso. Unha singular combinación de poesía, graffiti e poesía que nos amosa esa maneira tan peculiar e atractiva de entender a poesía do escritor vigués.



martes, 5 de junio de 2018

Bibliotecas rurais: levando os libros ás casas

O 1 de maio emitiron no programa cultural Página Dos unha interesante reportaxe sobre unha biblioteca que poderiamos chamar "viaxeira". Preme aquí se queres saber en que consiste esta iniciativa.

lunes, 4 de junio de 2018

Un moi interesante experimento

O profesor Ángel Carracedo explícanos na web Culturagalega coma ver o ADN na cociña. Si, nada máis e nada menos!!! Preme aquí se desexas coñecer como.

viernes, 1 de junio de 2018

jueves, 31 de mayo de 2018

Vida sa de María Corbacho

Como sabedes esta é a segunda Semana da Froita no noso centro e vimos de lembrar un libro que chegou hai uns meses a nosa biblioteca: Vida sa de María Corbacho.


miércoles, 30 de mayo de 2018

Maio de Letras Galegas XVII: Elexías de luz


Esa lúa de prata
atopou o tesouro
que eu perdera na auga
 Mª Victoria Moreno, Elexías de luz

Elexías de luz é un poemario publicado postumamente no que se inclúen en realidade dous: o que lle dá título e outro titulado Duns folios en branco. Mª Victoria  amosa neste libro o seu coñecemento da técnica poética e a paixón pola poesía que sempre sentiu, como amosa a antoloxía Os novísimos da poesía galega que publicou en 1973.


Neste amencer de pombas indecisas
conversarei coas fontes
onde beben pesares cristalinos
as sombras que se axitan pola noite.
Mª Victoria Moreno, Elexías de luz 
Para saber máis:

martes, 29 de mayo de 2018

lunes, 28 de mayo de 2018

Maio de Letras Galegas XV: Guedellas de seda e liño

Para os meus alumnos, que sempre encheron de luz a miña vida.
María Victoria Moreno, Guedellas de seda e liño

Guedellas de seda e liño foi publicada en 1999 e mereceu unha Mención Especial White Ravens en 2002.

O que se teme, ás veces, realízase coma un regalo da vida e o que se arela pode despois descubrirse coma un treito costento no camiño. Son así as cousas e non lles hai que facer; foron así sempre e seguirán sendo así. 
María Victoria Moreno, Guedellas de seda e liño

viernes, 25 de mayo de 2018

V Carreira Popular

O 27 de maio terá lugar a V Carreira Popular Pola Igualdade coma todas e todos sabedes. Aproveitamos para lembrarvos os enlaces con algunhas das entradas que fixemos ao longo destes anos sobre libros e películas relacionadas con este tema.



jueves, 24 de mayo de 2018

miércoles, 23 de mayo de 2018

martes, 22 de mayo de 2018

Maio de Letras Galegas XII: O cataventos

Don Pío é un moi fachendoso galo por culpa do cal os paxariños e as galiñas non poden vivir felices e libres. As ilustracións de Lara Torres acompañan este relato publicado inicialmente en 1989.

Para saber máis:

lunes, 21 de mayo de 2018

Maio de Letras Galegas XI: Radio SanSa

Xa tedes dende hai uns días o programa especial de Radio SanSa das Letras Galegas. Premede aquí se queredes escoitalo e lembrade que no apartado "programas" da páxina de radio tedes acceso ás emisións anteriores.



Parabéns a Radio Sansa!!!

miércoles, 16 de mayo de 2018

Maio de Letras Galegas X: Un maio para María Victoria e o noso marcapáxinas

Ao longo destes días realizamos unha actividade que nos gustou moito. O alumnado de 1º de secundaria encheu de canciños e flores un maio moi especial: "O maio de María Victoria Moreno". Despois, seis alumnas e alumnos deste curso foron ler os textos, que seleccionaran para o maio, ao alumnado de Educación Infantil e de 1º de Educación Primaria. E continuarán o vindeiro luns esta "lecturas compartidas". Atoparedes máis información sobre esta actividade na nosa web.


Tamén hoxe repartimos entre os nosos alumnos e alumnas o marcapáxinas que deseñou para esta data o profesor de Educación Plástica de secundaria que sempre está a nos botar unha man. 


Moitas grazas ao alumnado e ao profesorado participante e tamén a Manolo por este marcapáxinas

martes, 15 de mayo de 2018

Maio de Letras Galegas IX: A brétema

A señora Minia vive na aldea de Vilaxeada e está moi triste, porén o seu amigo o sol axudaralle. A editorial Urco recupera este relato descatalogado de María Victoria Moreno que nesta edición conta coas ilustracións de María Montes Sueiro.

Para saber máis:

lunes, 14 de mayo de 2018

Maio de Letras Galegas VIII: Anagnórise

 Anagnórise é unha novela publicada por María Victoria Moreno en 1988 e dedicada ao seu alumnado de Vilalonga:

Para os meus alumnos de Vilalonga, que me aledaron os días en que eu enfiaba esta historia, que me regalaron o bolígrafo co que a escribín.
María Victoria Moreno, Anagnórise


Para saber máis:

 As persoas estamos feitas para levar adiante os proxectos máis fermosos.
María Victoria Moreno, Anagnórise

viernes, 11 de mayo de 2018

Encontro Escolar de Xogos Tradicionais en San Sadurniño

Mañá, 12 de maio, celebrarase en San Sadurniño o XII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais. Premede aquí se queredes coñecer máis sobre este evento.



jueves, 10 de mayo de 2018

miércoles, 9 de mayo de 2018

Maio de Letras Galegas VI: ¿E haberá tirón de orellas?


Camiña cara a ningures
Alma, a travesa cadela,
e vai coa calma do sol,
que nin para min ten présa.
Mª Vitoria Moreno, ¿E haberá tirón de orellas?

María Victoria Moreno amaba aos animais, especialmente aos cans aos que converteu en personaxes e mesmo protagonistas en moitas das súas obras. En ¿E haberá tirón de orellas? a protagonista é Alma, unha cadeliña que está moi tristeira porque os nenos xa non xogan con ela. Un libriño delicioso para todas as idades.

martes, 8 de mayo de 2018

Maio de Letras Galegas V: Leonardo e os fontaneiros

María Victoria Moreno afirmaba que este libro era o seu preferido. Anímaste a coñecer aos seus protagonistas? Porque se así o fas coñecerás as confesións que Tono, o rapaz protagonista, lle fai a Leonardo, un can moi especial.


Roteiro Literario: De Padrón a Compostela

O pasado 26 de abril o alumnado de 3º e 4º de secundaria visitou Padrón e Compostela. Tratábase dunha actividade organizada polos departamentos de Xeografía e Historia e Lingua Galega e Literatura á que nos quixemos sumar dende o EDLG e a Biblioteca cun roteiro literario cuxos textos leron acompañados das explicacións históricas de Marta, a nosa profesora de Xeografía e Historia. 


viernes, 4 de mayo de 2018

jueves, 3 de mayo de 2018

Maio de Letras Galegas III: Constelación Literaria arredor de María Victoria Moreno

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de elaborar unha constelación literaria arredor da obra de María Victoria Moreno que podedes atopar aquí.


miércoles, 2 de mayo de 2018

Maio de Letras Galegas II: María Victoria Moreno

Os afectos na escola, na literatura, nos proxectos ou na vida fixeron de María Victoria Moreno unha persoa imprescindíbel.
Eli Ríos, María Victoria Moreno

Mulleres bravas da nosa historia: María Victoria Moreno é unha achega á vida e obra da autora homenaxeada neste Día das Letras Galegas escrita por Eli Ríos e con ilustracións de Eva Agra.


lunes, 30 de abril de 2018

Agasalla unha suxestión


O pasado mércores 25 de abril celebramos o Día do Libro convidando ao alumnado de secundaria a regalar unha suxestión dun libro a unha compañeirao ou compañeiro cuxo nome elexían ao chou nunha bulsa. Na nosa web atoparás máis fotografías sobre esta actividade.

viernes, 27 de abril de 2018

Maio das Letras Galegas: María Victoria Moreno

En resumo, a de María Victoria foi unha vida dedicada aos libros, e a compartir co seu alumando, a súa máis grande paixón, a vida que burbulla neles.

 María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito

Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre achégannos á vida e obra de María Victoria Moreno, a escritora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, nesta breve biografía titulada:  María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito.


jueves, 26 de abril de 2018

Visita de Andrea Maceiras


O martes 10 de abril estivo con nós Andrea Maceiras para falarlle ao alumnado de 3º de ESO da súa novela Nubes de evolución. Coma sempre Andrea agasallounos coa súa simpatía e talento. E deixounos moitas ganas de poder ler a súa próxima novela.


miércoles, 25 de abril de 2018

martes, 24 de abril de 2018

Miguel En Cervantes. El retablo de las Maravillas

Miguelanxo Prado e David Rubín, dous grandes autores galegos de banda deseñada, esculcan neste libro (que naceu coma catálogo para a exposición homónima celebrada en 2016) a vida e a obra de Cervantes: Prado ilustra a biografía e Rubín adapta ao cómic o entremés El retablo de las maravillas.


Unha marabilla de retablo de las maravillas!

lunes, 23 de abril de 2018

Día Mundial do Libro


Creo na literatura porque me reconcilia co mundo.

Fran Alonso.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de editar, coma ao longo destes últimos anos, un díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2018. Este ano o autor elixido para escribir o texto é Fran Alonso.

Feliz Día do Libro!

Actividades para esta data das bibliotecas:

martes, 17 de abril de 2018

Literatura infantil e xuvenil de España: selección da OEPLI

A OEPLI, sección en España do IBBY, vén de publicar unha selección dos mellores libros publicados en castelán e nas diferentes linguas oficiais no pasado ano 2017. Esta selección abrangue unha ampla franxa de idade: dende os nenos e nenas prelectores até o lectorado xuvenil.


Preme aquí se desexas coñecer esta selección.

lunes, 16 de abril de 2018

Parabéns ao equipo de voleibol

Hoxe pola mañá o noso alumnado estaba moi contento co ascenso do equipo de voleibol Aldebarán-Intasa que o vindeiro ano xogará na máxima categoría. Pois ben, dende aquí só nos queda desexarlles moitos parabéns aos integrantes do equipo e a súa afección entre os que descubrimos moitos rostros coñecidos.

Parabéns!

Para saber máis:

jueves, 12 de abril de 2018

martes, 10 de abril de 2018

Libros que van chegando: A arte de trobar

A arte de trobar de Santiago Lopo é a novela que gañou o Premio Xerais do pasado ano. A obra do escritor vigueś transpórtanos ao século XIII a través da combinación do suspense cunha coidada ambientación histórica que nos aproxima ao mundo do catarismo e da literatura medieval provenzal e galaico-portuguesa. Esta novela, entretida e ben documentada, agradará aos que gustan da novela histórica, da literatura medieval e dos relatos de intriga.


lunes, 9 de abril de 2018

Libros que van chegando: Una lengua muy muy larga

Una lengua muy muy larga. Más de cien historias curiosas sobre el español de Lola Pons Rodríguez é unha divertida e rigorosa forma de achegarse á historia da lingua española. Sirva coma exemplo este anaquiño do capítulo titulado "24 horas en la vida de un imperfecto":

Como cada mañana, el imperfecto se despierta pensando en que es incapaz de hacer nada solo. Sale de la cama y dice: Mientras dormías, soñaste cosas. Su pareja contesta: Me gusta como das el transfondo para que sueñe. El imperfecto de indicativo lo tiene asumido: es capaz de pintar un escenario (estaba oscuro), de hablar del tiempo (llovía), pero no puede expresar lo que alguien hizo cuando esas cosas pasaban. Para eso el pretérito perfecto es fulminante, rapidísimo, tajante como la perfección. Soñaba, creía y vivía son, cosas de la vida, acciones imperfectas.
  Lola Pons Rodríguez, Una lengua muy larga


Una combinación brillante de erudición y frescura.

viernes, 6 de abril de 2018

Libros que van chegando: Un largo viaje

Un largo viaje. Historia del mundo y sus habitantes en 12 etapas é unha historia da humanidade narrrada dende unha visión demográfica por Massimo Livi Bacci quen, por certo, lle dedica o libro aos seus netos.


lunes, 2 de abril de 2018

Día Internacional do Libro Infantil

Un libro infantil representa o respecto pola grandeza do máis pequeno.
Inese Zandere
O 2 de abril, data do nacemento de Hans Christian Andersen, o Ibby (International Board on Books for Young People) chama a conmemorar  o Día Internacional do Libro Infantil. Este ano é Letonia o país encargado de elaborar o cartel e o díptico para a conmemoración. A autora do texto é Inese Zandere e o deseñador do cartel o ilustrador Reinis Petersons.

viernes, 23 de marzo de 2018

Lembrando as nosas suxestións

Achéganse uns días de vacacións e nós queremos lembrarvos as nosas guías de suxestións de lectura que podedes atopar neste blogue e na aula virtual (a partir do curso 2016-2017). Por certo, tamén neste nosa bitácora aparecen moitos libros que poden ser do voso interese coa etiqueta "suxestións de lectura".

A lectora de Frank Weston Benson

jueves, 22 de marzo de 2018

Día Mundial da Poesía II: Lembrando a Xohana Torres


Xohana Torres naceu en Santiago de Compostela o 22 de novembro de 1929 e faleceu en Vigo o 12 de setembro de 2017. Xohana (quen por certo está moi ligada a Ferrol onde pasou a súa infancia e mocidade) escribiu narrativa, teatro e poesía. Cultivou tamén a literatura infantil e xuvenil en galego con obras coma Polo mar van as sardiñas e Pericles e a balea



 Penélope




                                                  DECLARA o Oráculo:

                                                        "QUE a banda do solpor é mar de mortos,
                                                         incerta, última luz, non terás medo.


                                                         QUE ramas de loureiro erguen rapazas.
                                                         QUE cor malva se decide o acio.


                                                         QUE acades disas patrias a vendima.
                                                         QUE amaine o vento, beberás o viño.


                                                         QUE sereas sen voz a vela embaten.
                                                         QUE un sumario de xerfa polos cons".


                                                         Así falou Penélope: 
 
                                                        "Existe a maxia e pode ser de todos.
                                                         ¿A que tanto novelo e tanta historia?

                                                                             EU TAMEN NAVEGAR"