Centro

Mostrando entradas con la etiqueta DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Mostrar todas las entradas

miércoles, 13 de marzo de 2024

Día da Muller: actividades

 O pasado venres conmemoramos o Día da Muller con actividades moi diversas: moitos carteis e  tamén poemas sobre mulleres elaborados polo alumnado de 2º de ESO.

Tarxetas sobre científicas:

Un xogo de programación con Scratch elaborado polo alumnado de 4º de ESO en Tecnoloxía sobre imaxes e explicacións dos estereotipos nos contos tradicionais traballadas  nas clases de Lingua Galega e Literatura.

 

E como colofón un recital de poemas de diferentes escritoras e pezas musicais levado a cabo polo alumnado de ESO para todo o centro. Esta actividade foi coordinada polo equipo de biblioteca en colaboración cos departamentos de Música, Lingua Castelá e Lingua Galega.

 


miércoles, 6 de marzo de 2024

viernes, 24 de marzo de 2023

Día Internacional da Muller

O pasado 8 de marzo organizáronse  numerosas actividades no noso centro, nas que tamén colaborou a bibloteca,  co gallo do Día Internacional da Muller : murais, carteis, exposicións de libros...

EI e EP




ESO




lunes, 12 de marzo de 2018

Día Internacional da Muller V: as actividades do noso centro

Estes días no noso centro realizáronse moitas actividades sobre o Día Internacional da Muller. Entre eles figura unha interesante exposición e un photocall que nos invita a pensar e reflexionar ao mesmo tempo que deixamos testemuño gráfico. Moitos parabéns por estas dúas interesantes iniciativas sobre as que se pode atopar máis información na nosa web.

viernes, 9 de marzo de 2018

Día Internacional da Muller IV: Pioneiras

Un álbum sobre doce mulleres galegas que foron pioneiras en diversos ámbitos: fútbol, xornalismo, medicina... Un álbum moi utilizado, por certo, estes días no noso centro nas diversas etapas educativas.






jueves, 8 de marzo de 2018

Día Internacional da Muller III: taboleiros de literatura infantil e xuvenil galega para a igualdade

Atopamos no blogue Rede Lectura nova da publicación de dous taboleiros en Pinterest de libros de literatura infantil e xuvenil para a igualdade por parte de Pilar Sampedro. O nome, Rapazas 25, alude aos 25 anos da publicación do libro de relatos Rapazas polo noso sempre lembrado Agustín Fernández Paz.



miércoles, 7 de marzo de 2018

Día Internacional da Muller II: exposición de fondos

Ao longo do mes de marzo podedes visitar a nosa exposición de fondos para secundaria. Tamén elaboramos unha pequena presentación con fotografías e textos de escritoras a que podedes acceder premendo aquí.


martes, 6 de marzo de 2018

Día Internacional da Muller: Unha escritora, unha personaxe histórica e unha novela

Isabel Zendal é unha das figuras sobre as que estamos a traballar no centro nestas datas; por isto decidimos elaborar unha presentación sobre ela e a escritora María Solar, autora da novela Os nenos da varíola na que Isabel ten un importante papel. Premede aquí se queredes coñecer a nosa pequena homenaxe a esta muller (nada en Ordes en 1773) a quen a OMS considera a primeira enfermeira da historia en misión internacional e tamén a unha das nosas escritoras e xornalistas máis recoñecidas, a compostelá María Solar. 


martes, 24 de marzo de 2015

Libros, libros, libros: Clara Campoamor: la sufragista

Clara Campoamor: la sufragista é un libro de Víctor Vilardell Balasch que conta dunha forma amena a vida da avogada e política madrileña valedora dos dereitos da muller e firme defensora do sufraxio feminino (aprobado por primeira vez en España o 1 de outubro de 1931).




Este é un interesante vídeo sobre o debate arredor do sufraxio feminino no que a Clara Campoamor tivo un destacado papel:

martes, 17 de marzo de 2015

Libros, libros, libros: Emilia Pardo Bazán

Emilia Pardo Bazán non só é unha das novelistas máis destacadas do século XIX en castelán, senón que tamén foi unha precursora do feminismo e unha destacada defensora da educación das mulleres nunha época na que unha elevada porcentaxe delas eran analfabetas.

A longametraxe Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde dirixida por Zaza Ceballos lémbranos a vida desta apaixonada e apaixonante escritora. Por certo, a Secretaría Xeral de Igualdade elaborou unha unidade didáctica a partir da película. Deixámosvos un anaquiño ben ilustrativo desta que nos permite reflexionar sobre a  situación das mulleres a finais do XIX.  

jueves, 12 de marzo de 2015

Libros, libros, libros: Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros

Hai xa meses que, coma sabedes, temos un libro presentando cada andel na sala de secundaria, pero agora ocorréusenos ir presentando libros que van chegando, que xa estaban dende hai tempo... En fin, sacar os libros dos andeis para posibilitar que cheguen ás vosas mans. E coma o día 8 foi o Día Internacional da Muller esta semana dedicámonos, como xa vos contamos, a "presentar" libros escritos por mulleres ou sobre mulleres.
Hoxe traemos unha novidade na nosa biblioteca: Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros de Mª Xosé Queizán. A figura da escritora coruñesa é recreada nesta obra (recomendable de 10 anos en diante) que nos achega a súa vida e a súa obra, pero tamén ao contexto histórico no que lle tocou vivir. Por certo, se queredes coñecer os fondos que temos na biblioteca sobre a Pardo Bazán só tedes que premer aquí.


Libros, libros, libros: Curie la atómica

Continuamos con Marie Curie, recomendándovos outro libro que podedes atopar na nosa biblioteca: Curie la atómica de Eduardo Rodríguez Serrano (recomendado a partir de 9 anos).


martes, 10 de marzo de 2015

Libros, libros, libros: El rayo azul

Hoxe traemos a blogue unha novidade na nosa biblioteca: El rayo azul (Marie Curie, descubridora del radio) de Vicente Muñoz Puelles. Un libro (recomendado a partir dos 14 anos) que nos achega á vida da científica franco-polonesa gañadora do Premio Nóbel de Físia en 1903 (conxuntamente co seu marido Pierre Curie e con Henri Becquerel) e do de Química en 1911 polos seus traballos sobre o Radio.