O pasado luns levamos a cabo o acto programado, que tivemos que pospoñer, para esta data Todo o centro participou nesta actividade, conducida polo alumnado de Oratoria, que leu poemas dunha selección elaborada polo equipo de biblioteca. Ademais, os alumnos e alumnas de secundaria interpretaron as cancións que compuxeron na materia de Música.
miércoles, 25 de marzo de 2026
jueves, 12 de febrero de 2026
Entroido
Xa está aquí o Entroido, petando nas nosas portas. Así que imos recibilos cun cantos recursos para aqueles e aquela que queiran ampliar os seus coñecementos:
jueves, 5 de febrero de 2026
A Candeloria
O Día da Candeloria "casan os paxariños" segundo di a tradición popular, posto que é a época na que as aves comezan a buscar as súas parellas. O refraneiro tamén alude a esta data con referencias meteorolóxicas: "Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, mitá do inverno está por pasar".
Refráns e expresións populares refírense a que estamos na metade do inverno, medran os días e xa falta menos para a primavera. Curiosamente esta data coincide co Groundhog Day, Día da marmota, que se se conmemora nalgunhas localidades de Canada e USA e que foi levado ao cine na película Atrapado no tempo.
Nós decidimos unirnos a celebración desta data coa lectura por parte do alumnado de 4º de secundaria do poema "A candeloria" do libro Proel de Lois Amado Carballo.
Para saber máis:
- "Candeloria" no Portal das Palabras.
miércoles, 10 de diciembre de 2025
25 N
miércoles, 12 de noviembre de 2025
Samaín
miércoles, 15 de octubre de 2025
Día das Escritoras
viernes, 20 de junio de 2025
Un veŕan de lecturas
Pois xa estamos case no verán e non podían faltar as nosas suxestións lectoras e os nosos mellores desexos para as vacacións.
Lembrámosvos tamén que na nosa aula virtual podedes atopar o espazo Lendo en Sansa con enlaces, recursos e bibliotecas dixitais.
jueves, 15 de mayo de 2025
Día da Letras Galegas
O 17 de maio está aí e nós quixemos contribuír ás actividades que se realizan no centro cunha selección de recursos e unha guía de suxestións.
lunes, 12 de mayo de 2025
Semana do Libro
Unha semaniña completa de actividades foi a dedicada este curso ao Día do Libro: marcapáxinas e amadriñamentos/apadriñamentos en EI e EP:
Carteis, círculos de lectura e concurso Buscando ao escritor ou escritora perdidos en secundaria:
martes, 8 de abril de 2025
Clásicas da LIX
O alumnado de 2º de secundaria realizou un mural con textos de escritoras clásicas da literatura infantil e xuvenil. Pensamos que sería unha boa idea elaborar unha guía de suxestións con algúns dos libros destas para comezar as conmemoracións do Mes do Libro.
Lembrade tamén que podedes atopar algún destes libros e moitos máis en E-LB.2 a plataforma de préstamo de contidos dixitais.
viernes, 4 de abril de 2025
Día do Libro Infantil
Unímonos á conmemoración do Día do Libro Infantil o pasado 2 de abril, data do nacemento de Hans Christian Andersen.
![]() | ||
| Alumna lendo a mensaxe de Rian Visser |
jueves, 20 de junio de 2024
Verán
Estamos a piques de entrar na nova estación e con ela nas vacacións. A nós, coma xa sabedes, gústanos moito recomendar a lectura para estes longos días estivais, así que, deixámosvos un enlace cunha sección da nosa aula virtual, Lendo en Sansa, na que poderedes atopar suxestións de lectura e recursos para seleccionar estas.
Manet: Casa en RueilFelices vacacións de verán!
jueves, 23 de mayo de 2024
Yolanda Castaño
O pasado mércores o alumnado de 4º de ESO asistiu á unha charla coa poeta Yolanda Castaño organizada pola Biblioteca Municipal.
viernes, 19 de abril de 2024
Roteiro literario: Mondoñedo
O xoves 21 de marzo o alumnado de 4º de secundaria visitou Mondoñedo. Alí dividíronse en dous grupos: un visitou as Covas do Rei Cintolo e outro realizou un roteiro literario por Mondoñedo e visitou o Museo Casa Cunqueiro. Posteriormente reuníronse todos para ir a Lourenzá onde lembramos a Paco Fernández del Riego.
Esta actividade, organizada pola Biblioteca e o EDLG, permitiunos ver a máquina de escribir coa que Cunqueiro nos axuda aínda hoxe a soñar a través das letras.
viernes, 12 de abril de 2024
Ler conta moito:
O martes 2 de abril o alumnado de Educación Infantil asistiu ao espectáculo "A Orixe" de Raquel Queizás na Casa da Cultura,
organizado pola Biblioteca Municipal co gallo do Día Internaciónal do Libro Infantil.
Poderás atopar máis información na nosa web.
martes, 2 de abril de 2024
Día do Libro Infantil
O IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril. A sección patrocinadora deste ano é Xapón que difunde a mensaxe de Eiko Kadono e o cartel de Nana Furiya co lema "Navega polos mares coas alas da túa imaxinación".
viernes, 22 de marzo de 2024
Semana da Prensa
O alumnado de 2º e 3º de ESO realizou un mural con recortes de xornais e novas que lles gustaría ler.
Tamén tivemos unha pequena exposicións de xornais na entrada do edificio de secundaria.
jueves, 20 de abril de 2023
Día do Libro
Estámonos achegando ao Día do Libro e nós temos programadas xa as actividades que se desenvolveran. A Consellería de Cultura Educación, Formación profesional e Universidades convídanos a celebralo cun cartel moi especial cuxo texto elaborou Montse Pena Presas.
jueves, 22 de diciembre de 2022
Nadal!
Un ano máis chegaron decembro, o inverno e o Nadal que agardamos teñan os seus intres para a lectura.
![]() | |||
| Franz Skarbina, Mercado de Nadal en Berlín (1892) |
"Intres" nos que achegarnos a algunhas das lecturas do noso curruncho de Nadal na aula virtual ou das propostas por outras bibliotecas escolares.
martes, 22 de noviembre de 2022
Lecturas en Violeta: 25 N
O equipo de biblioteca de EI e EP vén de preparar un boletín coas novidades adquiridas para esta data: Lecturas en Violeta. Novidades ben interesantes que, coma sempre, podedes atopar alí onde o mundo se chama biblioteca.



































