Centro

Mostrando entradas con la etiqueta PLÁSTICA E VISUAL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PLÁSTICA E VISUAL. Mostrar todas las entradas

jueves, 14 de enero de 2016

Arte: fondos

A nosa biblioteca conta con fondos de arte que, como sabedes, podedes atopar a través do noso catálogo. En Canal Lector tamén atoparedes unha variedade mostra de libros para todas as idades sobre este tema. Nós, non podemos deixar de recomendar dous libros de Caroline Desnöettes publicados por Kalandraka que nos gustan moito: Descubrir a arte a través do mundo e Mirar a pintura a través dos sećulos.

E por suposto, O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro (a partir dos 14 anos) quen como sabedes estivo con nós  en marzo de 2014.


Claro está, que falando de arte e literatura non podemos esquecer a Castelao, (finado o sete de xaneiro de 1950) nin a Miguelanxo Prado e a súa marabillosa película De profundis, fusión de pintura e música que de seguro compracería moito ao propio Castelao. O álbum, baseado nesta, foi publicado con posterioridade e podédelo atopar, igual que a película, na nosa biblioteca.

lunes, 29 de junio de 2015

Creación... e reciclaxe

Agora que rematamos é tempo de lembrar algunhas das actividades de creación desenvolvidas ao longo do curso, coma os poemas "meteorolóxicos" escritos polo alumnado de 4º de ESO cos que compuxemos un pequeno caderniño no que figuran fotografías dos seus compañeiros de 3º. O título elixido foi o dun poema de Luís Amado Carballo: "Pandeirada do bo e do mal tempo".
Os nosos alumnos e alumnas de 3º de ESO amosaron o seu bo ollo fotográfico ao longo do curso, como podemos observar neste vídeo, titulado Instantes na memoria, que recolle algunhas das fotografías realizadas na materia de Educación plástica e visual.



Por outra banda, ao longo do curso moitos deles colaboraron no proxecto de reciclaxe e hai dúas semanas percorreron Narahío nunha fermosa xornada de convivencia.