"Unha biblioteca escolar en viñetas" é o lema escollido polas bibliotecas escolares cara o curso 2023/2024.
Mostrando entradas con la etiqueta BANDA DESEÑADA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta BANDA DESEÑADA. Mostrar todas las entradas
jueves, 28 de septiembre de 2023
miércoles, 31 de mayo de 2023
Parabéns!
Queremos dar os parabéns ás dúas alumnas do noso centro premiadas no I Concurso de Banda Deseñada e Humor convocado polo Museo do Humor Xaquín Marín e Demo Editorial.
viernes, 18 de enero de 2019
Las aventuras de Tintín: El secreto del unicornio
Las aventuras de Tintín: el secreto del unicornio é unha película de animación en 3, dirixida por Steven Spielberg. O filme, baseado en tres cómics do debuxante belga, cóntanos como Tintín descobre a maqueta dun barco que semella agochar un segredo...
viernes, 11 de enero de 2019
Tintín cumpre anos
Pois si, o popular personaxe de banda deseñada creado polo belga George Remi, coñecido polo seudónimo Hergé, cumpriu onte noventa anos posto que as súas aventuras comezaron a se publicar un 10 de xaneiro de 1929 tal e coma nos lembran en Canal Lector.
lunes, 3 de diciembre de 2018
Novembro de Ciencia en decembro tamén XV: Marie Curie. La actividad del radio.
Marie Curie. La actividad del radio é un cómic de Jordi Bayarri e Dani Seijas sobre a vida da científica.
martes, 24 de abril de 2018
Miguel En Cervantes. El retablo de las Maravillas
Miguelanxo Prado e David Rubín, dous grandes autores galegos de banda deseñada, esculcan neste libro (que naceu coma catálogo para a exposición homónima celebrada en 2016) a vida e a obra de Cervantes: Prado ilustra a biografía e Rubín adapta ao cómic o entremés El retablo de las maravillas.
Unha marabilla de retablo de las maravillas!
Etiquetas:
ABRIL CERVANTINO,
BANDA DESEÑADA,
DÍA DO LIBRO,
EFEMÉRIDES,
EXPOSICIÓNS,
SUXESTIÓNS,
SUXESTIÓNS DE LECTURA,
SUXESTIÓNS DE LECTURA +12,
SUXESTIÓNS DE LECTURA ESO
viernes, 27 de octubre de 2017
Onde o mundo se chama biblioteca VI: exposición de cómic
O pasado 24 tamén inauguramos unha exposición de banda deseñada que poderedes visitar ao longo do mes de novembro na sala de secundaria.
Etiquetas:
BANDA DESEÑADA,
DÍA DA BIBLIOTECA,
EXPOSICIÓNS,
SUXESTIÓNS,
SUXESTIÓNS DE LECTURA,
SUXESTIÓNS DE LECTURA +12,
SUXESTIÓNS DE LECTURA +14
jueves, 19 de enero de 2017
Os mellores libros do 2016 en galego
A revista de literatura galega Fervenzas literarias vén de dar a coñecer os libros que os seus lectores e lectoras consideran os mellores de 2016.
lunes, 28 de noviembre de 2016
Novembro Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas Escolares V: Vivir no solo
Pois si, moita xente cre que é necesario salvar as baleas ou os carballos pero non movería un dedo polo solo.
Vivir no solo
Esta é unha das reflexións da lombriga ou miñoca (Lumbricus terrestris) protagonista do cómic Vivir no solo que, segundo lemos no xornal La Voz de Galicia, vén de traducirse ao italiano, despois de ter sido traducido ao castelán, o catalán e o inglés. Un verdadeiro éxito para unha obra con texto de Marilar Aleixandre e ilustracións de Francisco Bueno que naceu no ano 2000 para sensibilizar á cidadanía sobre a necesidade de protexer o solo.
Preme aquí se queres lelo e lembra que na bilioteca temos un exemplar impreso.
lunes, 3 de octubre de 2016
Parabéns Mafalda
No tiene importancia lo que yo pienso de Mafalda. Lo importante es lo que Mafalda piensa de mí.
Julio Cortázar
- "Mafalda: 52 años de reflexiones y quejas para cambiar el mundo" en Europa Press.
- "Mafalda, una niña de 52 años" en Acontece que no es poco en La Ventana Cadena Ser.
martes, 15 de septiembre de 2015
Benvida
Benvidos todas e todos a este novo curso no que dende a biblioteca vos propoñemos iniciar unha viaxe exploratoria polo saber, seguindo o lema do cartel, deseñado por Fran Bueno, da campaña anual de bibliotecas escolares da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: "Biblioteca escolar, base de exploracións".
Xa sabedes: agardámosvos onde o mundo se chama biblioteca!
lunes, 20 de octubre de 2014
Banda deseñada
De novo a través de Hora de ler coñecemos unha web de moito interese sobre banda deseñada realizada pola biblioteca "A Marela Tarabela" do IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín. Preme aquí se queres consultar esta útil ferramenta.
martes, 30 de septiembre de 2014
Aniversario de Mafalda
Pois si, non podemos esquecernos de desexarlle un feliz aniversario a Mafalda que cumpreu 50 aniños... Podes atopar máis información sobre tan feliz evento na web do seu debuxante, Quino e por suposto na biblioteca onde sempre vos agardamos. E se queres ver a homenaxe de cinco grandes debuxantes á popular e hipercrítica rapaciña só tes que premer neste enlace.
Parabéns para Mafalda e para Quino.
jueves, 22 de mayo de 2014
Quino gaña o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades
O debuxante de Mafalda, Quino, vén de ser galardoado co Premio Príncipe de Asturias de Comunicación y Humanidades.
Créditos da fotografía aquí.
Créditos da fotografía aquí.
martes, 5 de noviembre de 2013
Miguelanxo Prado, Premio Nacional de Cómic
Miguelanxo Prado, o prestixioso autor coruñés de banda deseñada, vén de recibir o Premio Nacional de Cómic por Ardalén. O libro, editado en 2012 en galego (El Patito Editorial) e en castelán (Norma Editorial), tiña recibido xa o galardón á mellor obra de autor español no pasado Salón do Cómic de Barcelona.
Para o debuxante coruñés Ardalén "é unha
historia arredor da memoria persoal. A memoria como esencia da nosa
existencia, da percepción da nosa propia vida, da nosa identidade. Pode
soar filosófico pero, ao final, trátase dun grupo de seres humanos que
se axudan e se mancan uns aos outros, algúns chegan a quererse e todos
se aferran aos seus recordos para intentar evitar o naufraxio."
Parabéns a Miguelanxo Prado polo máis que merecido premio.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)












