miércoles, 25 de abril de 2012
martes, 24 de abril de 2012
Nicanor Parra e antipoesía
Nicanor Parra, que naceu en Chile o 5
de setembro de 1914, é o maior da Familia
Parra, da que tamén formaron e forman parte coñecidos artistas
e músicos entre os que figura a cantautora e folclorista Violeta
Parra.
En 1954 publicou Poemas e
Antipoemas que se considera o libro que inaugura a antipoesía.
Unha poesía na que a realidade é mirada dende o humor e a ironía.
La poesía chilena se
endecasilabó
¿Quién la desendecasilabará?
El gran desendecasilabador
Nicanor Parra
¿Quién la desendecasilabará?
El gran desendecasilabador
Nicanor Parra
viernes, 13 de abril de 2012
Visita de Gonzalo Moure
O pasado 26 de marzo visitounos o escritor Gonzalo Moure. Como xa sabedes,
Gonzalo
Moure naceu en Valencia no ano 1951, aínda que na actualidade reside
en Asturias. Estudou Ciencias Políticas na Universidade Complutense
de Madrid e traballou coma xornalista fundamentalmente na radio.
En
1991 publicou a súa primeira novela, Geranium, que foi
incluída na Lista de Honra do IBBY. Dende aquela obtivo numerosos
premios polas súas obras de literatura infantil e xuvenil coma o
Premio Barco de Vapor por Lili Libertad, o premio Ala Delta
por Maíto Panduro, o Premio Gran Angular por El síndrome
de Mozart, etc..
Cómpre
destacar tamén, que é un dos principais impulsores do proxecto
Bubisher, o bibliobús que percorre as escolas
dos campamentos de refuxiados do Sáhara.
Aquí atoparedes máis sobre a súa visita.
miércoles, 21 de marzo de 2012
Día Mundial da Auga: 22 de marzo de 2012
A biblioteca do noso centro súmase a
esta celebración cunha selección de libros sobre a auga que
atoparás na nosa web.
Día da Poesía. Lembrando a Wislawa Szymborska
“Só as preguntas un
pouco inxenuas son verdadeiramente profundas”
Hoxe é o Día
Mundial da Poesía e nos querémosllo dedicar á poeta polaca
Wislawa Szymborska, recentemente falecida.
Wislawa
Szymborska naceu en Kórnik o 2 de xullo de 1923 e finou en
Cracovia o 1 de febreiro de 2012. En 1931 trasladouse coa súa
familia a Cracovia, cidade na que residiu ata a súa morte. Foi
poeta, ensaísta e tradutora. Entre os numerosos premios que recibiu
figura o Nobel de Literatura que lle foi concedido en 1996.
A súa poesía, revestida
polo común dunha sutil ironía, reflexiona sobre o paso do tempo, o
amor, a dor, a morte... En fin, sobre os eternos temas da poesía
presentados coa sinxeleza que só unha poeta da súa altura pode
acadar.
Se queres achegarte á
obra da poeta polaca recomendámosche os seguintes libros: El gran
número. Fin y principio y otros poemas publicado por Ediciones
Hiperión e Versos escollidos que vén de publicar Edicions
Positivas. Nós, para rematar escollemos a primeira estrofa do famoso
poema “Nada dúas veces” na tradución que Lucía Caeiro realizou
para o segundo libro amentado:
Nada sucede dúas veces
nin vai suceder. Por
iso
sen experiencia nacemos
e sen práctica
morremos.
Aquí
atoparás máis información sobre as actividades que as
bibliotecas escolares están a desenvolver.
jueves, 15 de marzo de 2012
Día Internacional da Muller
Ao longo desta semana e da vindeira
continuaremos coa exposición na biblioteca dos libros elixidos para
conmemorar esta data.
Por certo, a foto escollida para
ilustrar esta entrada reproduce o traballo dunha das nosas alumnas de
3º de ESO sobre mulleres escritoras. Atoparás nel a Christine
de Pisan, Jane
Austen, Rosalía
de Castro, Emilia
Pardo Bazán e Wislawa
Szymborska.
Aquí
atoparas actividades e materiais realizadas por outras bibliotecas
escolares para conmemorar este día.
jueves, 16 de febrero de 2012
O tendal da poesía
Xa está listo o noso "tendal da poesía". Algúns alumnos optaron por copiar os seus poemas de amor preferidos mentres outros preferiron crear o seu. Grazas a todos os que participastes.
Por certo, aquí podedes atopar as actividades e propostas doutros centros.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/429
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



