Centro

lunes, 21 de abril de 2014

García Márquez, sempre na lembranza

O pasado xoves faleceu o periodista e escritor colombiano Gabriel García Márquez, aos 87 anos de idade, en México DF.
O creador do inesquecible Macondo déixanos obras, xa clásicas da literatura mundial, como: Cien años de soledad, El coronel no tiene quien le escriba, Crónica de una muerte anunciada o El amor en los tiempos del cólera.
Quizais, a mellor homenaxe sexa ler ou reler a García Márquez, lembrar as páxinas que máis nos gustaron, as primeiras que lemos... Lembrar, por exemplo, como era Macondo cando Aureliano Buendía descubriu o xeo en Cien años de soledad:
"Macondo era entonces una aldea de veinte casas de barro y cañabrava construidas a la orilla de un río de aguas diáfanas que se precipitaban por un lecho de piedras pulidas, blancas y enormes como huevos prehistóricos. El mundo era tan reciente que muchas cosas carecían de nombre, y para mencionarlas había que señalarlas con el dedo. Todos los años, por el mes de marzo, una familia de gitanos desarrapados plantaba su carpa cerca de la aldea, y con un grande alboroto de pitos y timbales daban a conocer los nuevos inventos."
"Sin embargo, frente a la opresión, el saqueo y el abandono, nuestra respuesta es la vida. Ni los diluvios ni las pestes, ni las hambrunas ni los cataclismos, ni siquiera las guerras eternas a través de los siglos y los siglos han conseguido reducir la ventaja tenaz de la vida sobre la muerte."
Lembrar tamén La Galicia mágica de García Márquez, libro no que o xornalista e escritor Carlos Reigosa indaga sobre as posible orixes galegas de Tranquilina, a avoa de Gabo.
Orixe fotografía: http://es.wikipedia.org/wiki/Archivo:Gabriel_Garcia_Marquez.jpg

viernes, 11 de abril de 2014

I Parada Familiar de Xogos Tradicionais

O vindeiro 12 de abril celebrarase a I Parada Familiar de Xogos Tradicionais organizada polo CPI, o Concello e a ANPA.
Se queres saber máis sobre esta actividade podes atopar información neste blog e tamén na páxina de Brinquedia, organización da que o noso centro forma parte dende hai máis de dous meses.
Non queremos rematar sen aconsellarche dous libros de xogos tradicionais galegos: Chirlosmirlos. Enciclopedia dos Xogos Populares e Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza de Antón Cortizas. E xa sabes, se os queres consultar ou levar en préstamo, agardámoste onde o mundo se chama biblioteca... Por certo, se queres coñecer máis libros sobre o tema, non deixes de premer neste enlace.


jueves, 10 de abril de 2014

Espectaculares imaxes dunha erupción solar

Hai uns días vimos de coñecer unhas espectaculares imaxes captadas pola NASA dunha erupción solar.

Asombroso, non si? Se queres saber máis sobre a astronomía recomendámosche este enlace e tamén que te pases por ese lugar onde o mundo se chama biblioteca. Agardámoste.

Publicación dun libro inédito de Emilia Pardo Bazán

A USC (Universidade de Santiago de Compostela) e a RAG (Real Academia Galega) veñen de publicar  un libro inédito de Emilia Pardo Bazán en formato dixital: Apuntes de un viaje. De España a Ginebra. Nel, un noviña dona Emilia de 21 anos plasma as súas impresións  sobre unha longa viaxe de cinco meses.
Por certo, se queres saber máis sobre esta famosa escritora coruñesa recomendámosche o documental dedicado a ela da serie Mujeres en la historia.

Orixe da foto: Cervantes Virtual

miércoles, 9 de abril de 2014

O ano Greco

O 7 de abril de 1614 falecía en Toledo o pintor Doménikos Theotokópoulos, máis coñecido como el Greco. Con ocasión do IV centenario da súa morte realízanse interesantes actividades que nos permiten lembrar a este pintor, cuxa vida un seu seu bo amigo, Fray Hortensio Felix Paravicino, resumiu así:

Creta le dio la vida y los pinceles, 
Toledo mejor patria, donde empieza 
a lograr con la muerte eternidades.

lunes, 7 de abril de 2014

Actividades moi interesantes das bibliotecas

Vimos de ler que máis dun milleiro de alumnos e alumnas de Tui participou na V edición do Tui le, organizado conxuntamente pola Biblioteca Pública e as bibliotecas escolares dos centros educativos desta localidade. No blogue da biblioteca do IES San Paio e no do CEIP Plurilingüe de Guillarei podemos atopar información sobre esta actividade que, nesta ocasión, se desenvolveu no claustro gótico da catedral tudense.
Por outra banda, o pasado día 5 de abril celebrouse a XXIII entrega dos Premios da Irmandade do Libro e entre os galardoados figura o CPI Manuel Suárez Marquier do concello pontevedrés do Rosal.
Mentres, no IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz seguen preparando o Día das Letras Galegas e deixándonos interesantes materiais coma a canción "Esa lus".



E non podemos esquecer as interesantes propostas lectoras primaveiras que nos chegan dende outras bibliotecas escolares e que poderás atopar premendo aquí.
Parabéns a todos por tan interesantes actividades!

miércoles, 2 de abril de 2014

Día Internacional do Libro Infantil

O 2 de abril, día do nacemento do escritor  danés Hans Christian Andersen celébrase o Día Internacional do Libro Infantil. A IBBY (Internacional Board on Books for Young People) encarga a un autor a escritura dunha mensaxe e a un ilustrador o deseño dun póster. Este ano as elixidas son as irlandesas Siobhán Parkinson e Niamh Sharkey.