Centro

miércoles, 15 de junio de 2011

Lembrando a Borges (Bos Aires, 1989- Xenebra, 1986)

“Si de algo soy rico es de perplejidades y no de certezas.”

Jorge Luis Borges

O día 14 de xuño cumpríronse 25 anos da morte dun dos máis célebres escritores da literatura do século XX: Jorge Luis Borges.

Home dotado dunha inmensa cultura e curiosidade intelectual, publicou poemas, ensaios e relatos breves. Entre estes últimos figuran: Historia universal de la infamia (1935), El Aleph (1949) e El libro de arena (1975). Neles atopamos algunhas constantes: a presenza dos mitos clásicos, as referencias literarias, temas e metáforas recorrentes (os labirintos que simbolizan o universo, os tigres que representan os medos do subconsciente...), etc..

A mellor maneira de lembrar a Borges é, sen dúbida, lelo; así que che suxerimos que pases pola biblioteca onde atoparás algúns dos seus marabillosos (e nunca mellor empregado este adxectivo) contos. Por certo, e falando de bibliotecas, sabías que el afirmou: “Siempre imaginé que el Paraíso sería algún tipo de biblioteca.”

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.