O catedrático da USC e divulgador científico Jorge Mira vén de recibir un dos premios da Fundación Lois Peña Novo. Estes premios, segundo se indica na web da asociación homónima creáronse para "recoñecer o labor, tanto individual coma colectivo,
daquelas persoas, entidades ou empresas que traballan ou teñen relación
coas administracións públicas e que fan, co seu traballo cotiá,
publicacións, estudios, traballos de investigación, etc… que a lingua
galega se consolide, cada vez máis, no eido das administracións
públicas, na vida institucional de Galicia e na sociedade en xeral."
Por certo, na nosa biblioteca podes atopar un ameno libro de Jorge Mira titulado A ciencia no punto de mira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.