Atopamos na páxina de Europa Press un interesante test para pór a proba os nosos coñecementos xeográficos. Por outra banda, nós recomendámosche algúns libros de interese como: Geografía mágica de Carlos Arrojo e Ana Cristina Herreros, ¡Que rico! Todo lo que hay que saber de alimentación de Sabine Jaeger e Hermann Schulz para ampliar os teus coñecementos de Xeografía económica, Galicia en cen prodixios de Henrique Alvarellos, Xeografía de Galicia coordinado por Mª José Piñeira e Xosé Manuel Santos, El marabilloso mundo de la geografía de Kate Petty... E para os máis pequenos, coma non, os Bolechas: Os Bolechas van en caravana, Os Bolechas van de viaxe: Primeiro amor en Ferrol, Os Bolechas van de viaxe: a Moeda de Lugo, etc..
Canal Lector ofrécenos unha variada e suxestiva selección sobre este tema. Ademais na nosa aula virtual podes atopar as suxestións para secundaria do noso Departamento de Xeografía e Historia.
Outros enlaces de interese son:
Por certo, sabes quen foi o personaxe do cadro? Deixámosche algunha pista:
- Foi un xeógrafo, astrónomo, humanista, naturalista e explorador alemán que naceu no ano 1769.
- É considerado por moitos o pai da xeografía moderna.
- Visitou Galicia en 1799.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.