A pasada fin de semana atopámonos coa nova do pasamento de Xosé Neira Vilas e, malia que se nos fai difícil afacernos a súa ausencia, sentiamos que tiñamos que escribir unha lembraza del.
E é tan difícil empezar! Porque Xosé Neira Vilas foi non só un bo escritor, senón tamén un home ben cordial e xeneroso, coma puidemos constatar hai dous anos no noso centro, grazas á Biblioteca Pública Municipal.
Queremos recordar a Pepe de Gres, pero tamén á súa compañeira Anisia Miranda a quen el sempre lembraba. E unha vez máis, temos que recorrer ás palabras de Manuel Rivas, quen escribiu un emotivo artigo sobre Neira Vilas e Xosé Chao Rego, tamén falecido esta fin de semana:
Si, Neira e Chao medraron aí, nesa escola onde se aprende a ver con ollos libres, a ceibar as palabras coa ironía e onde a verdadeira reválida do ser humano consiste en ser quen de rebelarse contra a inxustiza. (...)
Os dous foron activistas. É unha palabra que molesta aos que vén a cultura como unha variedade estupefaciente. Mais ser activista significa non ser conformista. Ter por musa a conciencia. E mesmo apostar a cabeza en tempos de silencio. Ambos os dous se foron sen apagar a luz. Deixan acesas lámpadas de esperanza. E unha marabillosa herdanza que non pediu nada a cambio, nin poder nin vangloria. Só a nosa curiosidade.

Manuel Rivas, "Dous nenos na liña do horizonte" en La Voz de Galicia
Grazas ao escritor coruñés polas súas palabras e grazas a Manuel Rey polo fotografía na que podemos ver a Neira Vilas durante a conferencia inicial do recente congreso "Ferrol-Cuba-Galiza: historias comúns" celebrado os días 13, 14 e 15 de novembro.
- Fundación Xosé Neira Vilas.
- Ficha do escritor na AELG.
- Xosé Neira Vilas na BVG (Biblioteca Virtual Galega).
- Xosé Neira Vilas en "Galegos" (TVG)
- "Un libro definitivo" artigo póstumo publicado pola RAG.
- Díptico realizado co gallo da visita de Neira Vilas ao noso centro.
- Revista das letras. Nº 822
Vou ó reencontro dos teus ollos, neno.
Teño espetada en min
a lembranza deles:
dúas pérolas que rodan por incertos vieiros,
dous tenros gromos,
dúas caixiñas azúes
que gardan pevidas de saudade.
Xosé Neira Vilas, Dende lonxe
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.