O pasado martes 31 levamos a cabo as nosas lecturas de medo en secundaria. Nesta ocasión escollemos un relato pertencente ao libro Os contos de terror do tío Montague de Chris Priestley.
Ó cabo dun tempo que sempre se me facía
eterno, e xusto cando me dispoñía a botarlle man outra vez á aldraba,
abríase a porta e aparecía no limiar o tío Montague, coma sempre,
termando dunha candea e sorríndome, acenándome para que entrase.
–Non quedes aí ó frío, Edgar –díxome ese día, coma sempre–. Pasa, rapaz, pasa.
Chris Priestley, Os contos de terror do tío Montague
Preme aquí se queres ler un anaquiño do libro e pasalo de medo co medo! E preme nestoutro enlace coa nosa web se queres ve algunha fotografía máis sobre esta actividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.