Centro

viernes, 24 de marzo de 2017

Marzo de poesía: obradoiros con Dores Tembras

e ao fin,
inimiga das billas que pingan
dos liques que tinguen a louza
Dores Tembrás: O pouso do fume 


Dores Tembrás visitounos o pasado xoves para apaixonarnos pola poesía a través de dous obradoiros dirixidos ao alumnado de 3º e 4º de ESO: Elas, poesía de muller e Penélope. O primeiro é unha actividade "concibida para aproximarnos a unha escolma de importantes autoras que permitirá analizar de perto o seu traballo poético e as características da súa escrita", mentres que o segundo achéganos á figura de Penélope a través da poesía e outras artes. 
Esta xornada tan especial foi froito da colaboración da Biblioteca Pública e do Departamento de Igualdade do Concello co noso centro dentro das actividades programadas para conmemorar o Día Mundial da Poesía e o Día Internacional da Muller.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.