Centro

lunes, 22 de mayo de 2017

Maio de Letras Galegas: Terra de Xurxo Mariño

Ao longo da nosa vida, moi poucas veces nos paramos a pensar, a reflexionar en serio. O estilo de vida occidental fomenta a dispersión mental e as distraccións constantes, co estrés, as redes sociais… Pero cando estás cinco días no deserto de Kalahari, e ves as Nubes de Magalláns e pensas que iso nunca se ve en Europa, a cabeza despéxase e fas reflexións que non farías doutro xeito.
Xurxo Mariño, Entrevista en GCiencia

O neurocientífico Xurxo Mariño cóntanos en Terra, libro  que forma parte da nova colección Básicos Ciencia da editorial Xerais, a súa viaxe de once meses arredor do mundo. Deixámosvos un vídeo, que moitos de vós coñecedes, que nos achega a este marabilloso periplo polo mundo que agora xa podedes atopar escrito.



                
Para saber máis:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.